Gael de 2ºB viaxou a ITALIA, un fermoso país e cunha fermosa historia que plasmou nunha especie de DIARIO DA VIAXE:
E como recordo unhas fotos:
Gael de 2ºB viaxou a ITALIA, un fermoso país e cunha fermosa historia que plasmou nunha especie de DIARIO DA VIAXE:
E como recordo unhas fotos:
María de 2ºA xa voltou de NORUEGA, un país nórdico e moi preto do Polo Norte, un destino fenomenal!
Moito aprendemos sobre este país: gastronomia, lugares que visitar, idioma...
E como recordo unhas fermosas fotos nos lugares mais interesantes e diferentes:
Carlitos investigou un país moi próximo a el, PERÚ, o pais de onde ven!
Moitas cousas nos contou deste fermoso país sudamericano: gastronomía, flora, fauna...
Unha actividade para pór fin a o primeiro trimestre é o obradoiro de postais empregando acuarelas.
Aínda estamos niso , xa iremos subindo as nosas creacións
Tamén adicámonos a construir un pequena vila con casas cheas de luz para decorar as nosas casas ou ese recuncho tan especial para nós:
Esta sesión de Proxecto Competencial adicámola á RECICLAXE, unha acción moi necesaria para evitar a tirada de plásticos ao lixo. Nesta ocasión reciclamos os vasos de plástico SEMILLEIROS para darlle un novo uso como posavasos, tornasois, adornos navideños...
Cun pouco de forno a 200ºC e a pena un minuto
Zola, un neno que, en vez de xogar con xoguetes adaptados a súa idade, tiña que xogar con armas:
Esta é a historia que nos tocou traballar en 2ºB para o Día da Infancia e participar cunha cometa no mural colectivo de todo o cole. Foi elexida unha pero dezasete cometas voan para que isto non ocorra.
Este ano queremos conmemorar esta data cunha actividade titulada A MIÑA VOZ, O MEU MUNDO onde o alumnado deste nivel lle poremos voz e faremos un debate logo dun mural ou presentación dos logros e desafíos das persoas con discapacidade, promovendo a inclusión.
"Todos e todas temos discapacidade" polo que partindo desa premisa temos que loitar pola inclusión adaptando o contexto e creando situacións de aprendizaxe onde todos e todas podamos medrar, metafóricamente falando.
Tratáronse moitos temas poñéndolle a NOSA VOZ para crear o NOSO MUNDO:
Cada neno/a falou das súas experiencias familiares, coñecidos/as, veciños/as, compañeiros/as do cole, do parque...e chegamos a unha conclusión: todos e todas aprendemos de todos e todas, sen ter en conta as nosas capacidades ou discapacidades e reforzamos valores como a empatía, a cooperación, a amizade, o compromiso, a inclusión dentro dun grupo (tan importante na vida xa que somos animais racionais sociais)
Vimos vídeos, en especial, un que trata dunha rapaza chamada ESTELA ou de asociacións que loitan pola inclusión e demostran que tamén son capaces de acadar os obxectivos que se propoñen nun proxecto que lles interesa, sempre e cando cambiemos o punto de mira tendo en conta as persoas e eliminando as barreiras e o contexto que faga imposible esa inclusión das persoas con calquer tipo de discapacidade. Estes recursos que tanto nos valeron para traballar esta temática proveñen dun curso en liña sobre DUA.
Tamén procuramos información de xente famosa que tiña algún tipo de discapacidade e aínda así se converteu nun personaxe moi importante e a imitar nas nosas vidas como os que aparecen no arquivo PDF que adxuntamos pinchando aquí
Pero hai moitos mais e preto de nós que lograron conseguir os seus soños!
E para iso, xunto coa profe Marita, que nos guía no programa NUTRIESCOLAS deseñamos unha actividade DUA para levar a cabo na aula e funcioanria para todo tipo de alumnado independentemente da discapacidade ou nivel de cada un e unha...probade a ver se vos gusta!!
Seguimos traballando no 25N no 2ºnivel B de educación primaria, esta vez lendo dous libros que tratan o tema de violencia de xénero e para o que deseñamos varias actividades, dende debates, cuestionarios, creación de textos, ilustracións e gravacións...para pór de manifesto que eliminala das nosas vidas e que depende de que todos e todas nós aportemos un gran de area e empaticemos.
Por un lado PEPUKA E O MONSTRO QUE LLE LEVOU O SORRISO de Estela Moreno
Por outro lado OS HOMES NON PEGAN de Beatriz Monco:
Agora un destino maís preto de nós, PORTUGAL. Vera, mochileira de 2ºA, informounos de todo o que investigou sobre este país europeo:
Canto traballou esta rapaza! Un vídeo impresionante!
Agora toca unha viaxe un pouco mais longa, Lucas, mochileiro de 2ºB, informounos de todo o que investigou sobre XAPÓN:
Este país asiático é moi diferente co que levemos escoitado ata agora!
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |