Comunidades de Aprendizaxe

ESTRUTURA BÁSICA DAS CÉLULAS

CLUB DE CIENCIA

Os nenos e nenas de 6º de Primaria observaron a estrutura básica das células. Cada alumno/a sacou unha mostra das súas células da mucosa bucal (célula animal), fixeron unha preparación para observalas co microscopio dixital e levaron fotografías delas.

Para observar as células vexetais utilizaron una mostra que sacaron dunha folla de Iris. Nesta mostra tamén puideron observar, ademais da estrutura básica e a forma, cloroplastos (que conteñen clorofila), estomas e a parede celular.  

            Estomas en folla de Iris (400X)

            Epidermis de cebola (100X)

            Epidermis de cebola (400X)

            Cloroplastos en folla de Iris (400X)




 

                Células da mucosa bucal (400X)

APADRIÑAMENTOS CIENTÍFICOS: PRESENZA DE AMIDÓN EN DISTINTOS ALIMENTOS

 

Alumnos/as de 5º primaria coa colaboración dos alumnos/as de Bioloxía e xeoloxía de 4ºESOApadriñamento correspondente ao primeiro trimestre.

O amidón é un glícido (hidrato de carbono) de reserva da maioría dos vexetais e a fonte de calorías máis importante consumida polos seres humanos. Nos animais, de forma natural, non aparece.

Para investigar a presenza de amidón usamos Lugol, que é un detector específico do amidón e que contén iodo.

O amidón forma cadeas que se asocian como hélices entre as que queda atrapado o iodo do Lugol, aparecendo unha coloración violeta.

Estas hélices destrúense cando se quenta a solución de amidón, e a coloración desaparece. Esta inclusión é reversible e está condicionada pola temperatura, manténdose estable a baixas temperaturas.

 

Solución de amidón Solución de amidón+Lugol Quentar a solución

 

Os alumnos/as investigaron a presenza ou ausencia de amidón en distintos alimentos e anotaron os resultados. Como mostras usaron pan, patacas, maicena, fariña de trigo, cebada, mortadela, chopped, xamón de york, carne de polo, xamón cocido de calidade extra, salchichas, queixo, salchichón...

 

A coloración violeta apareceu en algúns embutidos de orixe animal por que se engade amidón na súa elaboración con distinta finalidade: dar sabor doce ao xamón de york, manter o produto zumento, mellorar a consistencia, textura e aparencia do produto, reducir custos … Esto pode suponer un problema por que comemos máis glícidos nos alimentos proteicos, pagamos os glícidos a prezo de proteínas, e no caso de persoas con problemas de saúde relacionados con algunhas fariñas, amidón ou amidón modificado.

 

APADRIÑAMENTO CIENTÍFICO: EXTRACCIÓN DE ADN

O día 28 de setembro, os alumnos e alumnas de 6º Educación Primaria, coa colaboración do alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 3º ESO, fixeron a actividade correspondente ao primeiro trimestre

EXTRACCIÓN DE ADN

 

O ADN constitúe o material xenético dos seres vivos Asúa estructura é una parella de longas febras enroladas formando una doble hélice. Nel están escritas as instrucións que deben seguir as células para construir un organismo e mantelo vivo. No núcleo das células eucariotas aparece unido a proteínas formando a cromatina. A súa función é almacenar a información xenética (en forma de xenes) e transmitila da célula nai ás células fillas, e de pais a fillos.

 

 

Cada persoa ten a súa propia información xenética, herdada do pai e da nai. E, polo tanto, o ADN de cada persoa é único e constitúe as súas señas moleculares de identidade. O 99,9 % do ADN das persoas é idéntico, soamente nos diferenciamos nun 0,1 %. Pero non todo está escrito nos xenes, o ambiente xoga un papel importante.

O ADN encóntrase no interior do núcleo celular, moi repregado e unido a proteínas. Para extraelo será necesario homoxeneizar o tecido e romper as células para separar o núcleo, romper tamén a envoltura nuclear para liberar o seu contido e despois separar o ADN das proteínas que o protexen; por último, precipitalo para extraelo da solución. Unha vez feito isto, o ADN aparece como un agregado de fibras abrancazadas que se pegan a un pauiño.

Podemos extraer ADN de chícharos, cebola, plátano, kiwi, amorodo, fígado, células da boca… Os alumnos/as utilizaron chícharos.



APADRIÑAMENTOS CIENTÍFICOS: PIGMENTOS FOTOSINTÉTICOS

 

O día 28 de setembro os alumnos e alumnas de 4º de primaria, coa colaboración do alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO, fixeron a actividade correspondente ao primeiro trimestre

EXTRACCIÓN E SEPARACIÓN DE PIGMENTOS FOTOSINTÉTICOS

A cor verde dos vexetais é debido á presenza de dous pigmentos estreitamente emparentados chamados clorofila a e clorofila b, que están dentro dos cloroplastos das células vexetais xunto a outros pigmentos chamados carotenoides (carotenos e xantofilas). Estes pigmentos fotosintéticos son utilizados polas plantas para absorber (captar) enerxía da luz solar. A clorofila é o pigmento utilizado universalmente na fotosíntese.

PIGMENTO

COR

Clorofila a

Verde azulado

Clorofila b

Verde amarelento

Carotenos

Laranxa

Xantofilas

Marelo


Coa chegada do outono a cor verde diminúe nas follas facendo posible que se poidan ver as outras cores, que sempre estaban presentes, pero quedaban escondidas detrás da abundante cor da clorofila.

Os pigmentos marelos, laranxas, vermellos, morados, púrpuras, marróns… volvense dominantes ata que a folla cae… e as árbores empezan a prepararse para o inverno.

Para extraer os pigmentos das follas usamos alcohol de 96o.

 

 

A mestura de pigmentos separamola usando unha técnica que se chama cromatografía. Esta técnica permítenos separar sustancias segundo a velocidade con que se movan polo papel ao seren arrastradas polo líquido en movemento. 

 

CLASIFICANDO INVERTEBRADOS

O día 28 de setembro, os alumnos e alumnas de 3º Educación Primaria, coa colaboración do alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 3º  ESO, fixeron a actividade correspondente ao primeiro trimestre 

CLASIFICANDO INVERTEBRADOS

Os invertebrados son animais que pertencen ao Reino Animalia e constitúen o grupo   máis numeroso da Terra. Están adaptados a todas as formas de vida, desde os fondos mariños ata as montañas máis altas. Soamente  os insectos representan algo máis das  tres cuartas partes de todos os animais. Calcúlase que por cada persoa hai 200 millóns de insectos.

Os menos/as recolleron animais invertebrados nas súas casas e, no laboratorio, observaronos e clasificaronos  segundo as súas características máis importantes.

Para poder observalos con detalle, usaron as lupas de man e as lupas binoculares (estereomicroscopios).

Distribuir contenido