Comunidades de Aprendizaxe

TERTULIA DIALÓXICA SOBRE FRAGMENTOS DE "EICHMANN DEN JERUSALÉN"

O día 30 de xaneiro será o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Co gallo da súa celebración, realizaremos unha tertulia dialóxica por webex con todos os cursos da ESO, sobre unha selección de fragmentos do libro "Eichmann den Jerusalén" da filósofa Hanna Arendt.
A tertulia realizarase o venres 29 de xaneiro a partir das 13:25, coordinada pola profesora de Xeografía e Historia.
A preparación da tertulia pode facerse, ben lendo o texto que aparece en PDF como arquivo adxunto ou ben visionando o vídeo coa lectura do texto que se ve no enlace.
https://youtu.be/E1Rw7jpOi54

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A ANPA do CPI Plurilingüe de Castroverde decorou as árbores das entradas do centro con motivos e lemas contra a violencia de xénero. Unha orixinal iniciativa que pretencde concienciar a toda a comunidade educativa. Esta iniciativa súmase ás actividades organizadas no CPI nas diferentes etapas, como a lectura dun conto coeducativo  que realizou a profesora Nanda Suárez para todo o alumnado de infantil e primaria (por videoconferencia dadas circunstancias excepcionais do actual curso escolar).

Parabéns a todas as que fixeron posible estas actividades!

O Universo

No mes de outubro de 2019 iniciamos o proxecto sobre o Universo cunha sesión de aprendizaxe e experimentación compartida por profesorado, alumnado, familias, voluntarias,...

No seguinte vídeo un momento divertido mentres se intenta visualizar o proposto pola teoría xeral da relatividade de Einstein e intentar comprender como é posible que a masa dos dieferentes obxectos do Universo deforme o espazo-tempo.

No seguinte vídeo unha das probas nas que puidemos comprobar como se forman as liñas de acreción que se observan na Lúa, en Mercurio e noutros planetas cando impacta un meteorito.

Outras experiencias que se relalizaron foron  as do electromagnetismo solar (comprobando con música a inducción electromagnética), exeperiencias sobre escalas e sobre espectros e a información que se pode obter a partir deles.

Distribuir contenido