Comunidades de Aprendizaxe

CURSO-TALLER DE FOTOGRAFÍA CREATIVA CO TELÉFONO MÓBIL

O  día 5 DE MAIO de 2021 a partir da 16:25 horas no patio cuberto do CPI Plurilingüe de Castroverde terá lugar un taller de fotografía creativa  para familias co teléfono móbil. Os días 3 e 4 de maio celebrarase o mesmo taller para o profesorado. Será impartido pola fotógrafa de Castroverde María Nogueira.

As nais ou pais que desexen asistir deben inscribirse chamando ao teléfono 982870175 deixando os seus datos e un teléfono de contacto.

No taller ensinaranse  "trucos fáciles" que axudarán a mellorar as fotos realizadas co teléfono propio dun xeito práctico. As persoas interesadas deben  avisar o antes posible dado o límite de aistentes.

 

PRÁCTICA 1 DO CLUB DE CIENCIAS: POLICÍAS DE COTONETE

Nesta práctica, alumnado de 4º de ESO e de 4º de Primaria, buscan bacterias e outros microoorganismos na nosa contorna e no noso corpo. Aquí podes ver o guión da práctica.

 

PRÁCTICA 2 DO CLUB DE CIENCIAS: ASASINATO NA BIBLIOTECA

Nesta práctica, 3º de ESO e Quinto de Primaria, obteñen información dunha gota de sangue. Podes ver aquí o Guión da práctica.

 

MEMORIA DE ACTIVIDADES DOS APADRIÑAMENTOS LECTORES DO CURSO 2020/2021

O alumnado de 5º e de 6º Ed. Primaria  son os padriños e madriñas do alumnado de 4º e 5º de Ed. Infantil e de 1º e 2º de Ed. Primaria.

No actual curso, debido á situación sanitaria, cambiou a forma de facer estes apadriñamentos, facendo uso das novas tecnoloxías e facéndoas de xeito virtual.

Premendo neste enlace pódese acceder aos vídeos que gravamos.

 

Distribuir contenido