Comunidades de Aprendizaxe

O RÍO CHAMOSO

Os datos recollidos amosaron unha boa calidade da auga que se completou co estudo dos macroinvertebrados presentes no río, así como as distintas árbores da Ribeira.

MATERIAIS DO PROXECTO

VÍDEOS DO PROXECTO:

ONDE ESTÁ  O RÍO CHAMOSO

OS MACROINVERTEBRADOS

A FLORA DO RíO CHAMOSO

AS ÁRBORES

A MAQUETA DO RÍO CHAMOSO

Os datos recollidos  polo alumnado o día 2 de maio de 2019 no Río Chamoso foron os seguintes:

Descrición do punto de mostraxe.

a) Anchura: Fixéronse tres medidas, logo calculamos a media.

  1 2 3
Anchura (m) 3,8 4,5 4,

  Am = 4,08 m

b) Profundidade:

  1 2 3
Profundidade(cm) 57 40 2

Pm= 41,67 cm = 0,42 m

c) Sección = anchura x profundidade = 4,08m x 0,42 m = 1,71 m2

d) Velocidade da auga. Cun cordel de 10 m, calculamos o tempo que tarda en percorrer ese espazo un pao.

  tm = 17,58 s.

  v = 10 m/17,58s = 0,57 m/s.

Cos datos anteriores calculamos o caudal do río:

Caudal = velocidade x sección = 0,57m/s x 1,71 m2 = 0,97 m3/s

3. Características físico-químicas da auga.

Enchemos catro tubos de ensaio coa auga do río e medimos:

  • Temperatura. Co uso dun termómetro de alcohol: Tª = 10ºC.
  • pH = 7
  • Nitratos: 0 – 10 mg/L
  • Osíxeno disolto: 4- 8 mg/L
  • Transparencia. Coa axuda do disco de Sechi anotamos o número do sector no cal podemos ler a fórmula química da auga. Nós puidemos observar todos os sectores.

TERTULIA DIALÓXICA MUSICAL

 

 INFANTIL E PRIMARIA

mércores 15 de maio, de 10:25 a 11:25, terá lugar unha tertulia dialóxica musical na que actuarán Susana García (piano) e Cándido Díaz (flauta), na que se fará unha pequena homenaxe a Francia e a súa música. As obras  que se van a interpretar coinciden no tempo coa corrente ART NOUVEAU. No cartel da actividade aparece o metro de París, xa que varias das súas entradas son deste estilo artístico e convertéronse nun símbolo da cidade. Interpretaranse:

1.- O pequeno negro (1909), de Claude Debussy.      

2.- Catro pezas fáciles, de Eugène Bozza.

·       Rêves d’enfants (Soños de nenos).

·       Le Campanile (O Campanario).

·       Menuet des pages (Minueto dos paxes).

·       Eili-Eili (Melodía hebraica).

3.-Concertino (1902), de Cécile Chaminade.

SECUNDARIA

Esta tertulia dialóxica musical terá lugar para Secundaria o martes 21 de maio, no salón de actos do centro de 10:35 a 11:25.

 

CONSTRUÍNDO AS MATEMÁTICAS: XOGOS CREATIVOS NA BIBLIOTECA ESCOLAR

XORNADA  DE XOGOS CREATIVOS E DE RAZOAMENTO MATEMÁTICO NA BIBLIOTECA ESCOLAR

O 28 de abril de 2019 tivo lugar unha intensa xornada de xogos matemáticos na biblioteca escolar do  CPI Plurilingüe de Castroverde. Os diferentes cursos foron acudindo á biblioteca para manipular, deseñar, construír, crear,... achegándose a diferentes conceptos matemáticos desde un enfoque lúdico e divertido.

Durante a xornada ademáis da experiencia de aprendizaxe para o alumnado houbo formación dirixida ao profesorado de todas as etapas.

Agradecemos ao matemático D. Xosé Luis Veiga Goi a valiosísima oportunidade de contar de forma desinteresada cunha formación de extraordinaria calidade.

 

TERTULIA ARÍTSTICA: O MEU AMIGO NIETZSCHE

Coincidindo co día do libro a nosa Tertulia Dialóxica Artística tiña como tema principal a importancia da lectura e a responsabilidade dun mesmo á hora de escoller a liberdade e o poder que outorga o coñecemento nesta vida... Neste caso foi o cortometraje “O meu amigo Nietzsche” o escollido para comentar entre todo o alumnado da ESO e os profesores que asistiron esta tarde á proxección no salón de actos.

Distribuir contenido