Entenza

Cogumelos de outono

Chegou o outono, e con el volven a aparecer os cogumelos, polo que nos elaboramos os nosos cogumelos para a exposición de cogumelos de Entenza.

 

Vacíamos e decoramos unhas cabazas de Samaín

Este ano estamos a traballar a Arte, e con este motivo vacíamos e desfrazamos as nosas cabazas do Samaín de pintor e de fotógrafo, quedáronnos xenial!!

Visitamos a casa de Caselín

Este ano Caselín convidounos a visitar a súa casa, a biblioteca do CRA, onde puidemos observar a cantidade de libros e xogos que ten. Ademais, tamén nos preparou unha serie de retos de Arte que debíamos resolver coa axuda dos nosos amigos/as da Picoña, para que xuntos lle axudáramos a buscar o seu libro favorito "Que obra maestra". Ao final... Reto conseguido!!

                                           

 

ESCOLA DE ARTISTAS

ESTE ANO A ESCOLA DE ARTISTAS DE ENTENZA ABRE AS SÚAS PORTAS POR PRIMEIRA VEZ, CONTANDO PARA ISO CUN GRAN ELENCO DE MESTRES E MESTRAS COS QUE IMOS APRENDER MOITAS COUSAS SOBRE A ARTE.

bEnViDoS E BeNvIdAs!!

Felices vacacións

Os nenos e nenas de Entenza deséxanvos unhas felices vacacións de verán. Tamén aproveitamos para desexarlle moita sorte a Lía e Carmen nos seus novos coles, botarémosvos de menos.

 

Estamos de aniversario

Nesta ocasión tivemos dobre celebración, xa que estiveron de aniversario dous dos nosos compañeir@s, o que fixo que a festa e as felicitacións fosen por partida dobre. Pasámolo xenial!!

Moitos parabéns Adrián e Helena!!!

Estamos de aniversario

Neste mes volvemos a ter compis de aniversario, nesta ocasión tocoulle a Dylan.

Moitas felicidades!!!

Saída a Granxa Kiriko

Onte fomos a Granxa Kiriko, onde desfrutamos cos animaliños, do invernadoiro e ata de desfrutar dunha gran comida en compaña dos nosos amig@s do cole. Que ben o pasamos!!!

Nunca un refrán expresou mellor as fotos desta gran experiencia: - para onde vas? vou para a festa!!!Risa

                                                                                               - de onde ves? veño da festa!!Anoxado

 

     

 

                                                                                                         

Visita á biblioteca municipal de Salceda

Esta semana tocounos ir de visita á biblioteca municipal, onde descubrimos unha chea de libros que podíamos coller en empréstito, e como agasallo, a biblioteca regalounos un libro. Ademais, puidemos desfrutar dunha sesión de contacontos a cargo dalgunhas familias da ANPA, sempre é un placer poder desfrutar destas sorpresas. 

Finalmente, como broche final a un día tan especial, tivemos a ocasión de visitar o fogar de Caselín (a biblioteca da sede), onde Caselín nos permitiu desfrutar dos xogos que ten na súa biblio ou ler algúns dos contos que alí hai. 

Foi un día xenial, cheo de emocións e grandes sorpresas!!!

Obradoiro de receitas saudables

A semana pasada, participamos nun obradoiro de receitas saudables para tomar conciencia do importante que é ter unha alimentación sana e equilibrada, para medrar fortes e sans. 

Para poder elaborar a nosa receita, tivemos que ir ao mercado a mercar os ingredientes necesarios para elaborar o noso "pincho de froita fresca", a base de: mandarinas, uvas e arándanos.Canso Estaba boísimo, e pasámolo xenial facendo de cociñeiros por un día!!

 

Distribuir contido

Back to top