Entenza

Roteiro literario

Con motivo da conmemoración da Semana do libro, realizamos un roteiro literario polo bosque encantado, onde para entrar precisas de pos máxicos que che da Alicia do país das marabillas, e a partir de ahí... todo pode acontecer neste bosque cheo de maxia e literatura, onde as personaxes dos contos, xa non só viven nos libros e na nosa imaxinación, senón que os puidemos ver... que ben o pasamos!!! 

   

                                                              

 

Estamos de aniversario

¡Estamos de aniversario! Hugo cumpre 4 anos, e a súa familia viu a celebrar o seu aniversario con nós dun xeito moi especial, xa que nos trouxo unha receita de arte culinario, aprobeitando que estamos a traballar a arte. A receita eran unhas galletas con chispitas de cores, que ben o pasamos e que rica estaba a receita!

Grazas a Hugo e a súa familia por compartir con nós unha receita tan divertida e saborosa.

Se queres desfrutar do vídeo do cumpreanos de Hugo, preme na imaxe.Canso

Estamos de aniversario

¡Estamos de aniversario! Carlota cumpre 6 anos, e a súa familia viu a celebrar o seu aniversario con nós dun xeito moi especial, xa que nos trouxo unha receita de arte culinario, aprobeitando que estamos a traballar a arte. A receita era un gatiño feito con nocilla e lacasitos,que ben o pasamos e que rica estaba a receita!

Grazas a Carlota e a súa familia por compartir con nós unha receita tan divertida e saborosa.

Se queres desfrutar do vídeo do cumpreanos de Carlota, preme na imaxe.Canso

Merendas ao sol

Comeza o bo tempo, o sol, a primavera... o que invita a que merendemos de picnic no patio mentres desfrutamos dun sol estupendo. Encántannos merendar ao sol!!


Familiarizándonos coas diferentes disciplinas da arte

Este trimestre aprendemos moito da arte e das súas disciplinas, converténdonos pouco a pouco en grandes artistas, que ben o pasamos e cantas cousas descubrimos.

                                                                                                                                                   

                                                                                                                                                 

 

Conmemoración Día de Rosalía de Castro

Hoxe conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, para o cal escribimos o estribillo do seu poema "Miña casiña, meu lar".

Entroido

O entroido chegou a Entenza, que ben o pasamos!!

De que cor é a túa pel?

Na aula de Entenza, un día mentres líamos o conto "De que cor é a túa pel?" démonos conta que non tomos temos a pel da mesma cor, e así estivemos a investigar coas nosas familias e en diferentes fontes documentais, que todas as persoas teñen a pel de diferente cor en todas as partes do mundo, incluso os membros dunha mesma familia poden a ter a pel de diferente cor; pero o máis importante que aprendemos con isto é, que ao fin, todos somos persoas e temos os mesmos dereitos, independentemente da nosa cor ou de onde vivamos.

Estamos de aniversario

¡Estamos de aniversario! Xoán cumpre 6 anos, e a súa familia viu a celebrar o seu aniversario con nós dun xeito moi especial, xa que nos trouxo unha receita de arte culinario, aprobeitando que estamos a traballar a arte. A receita era un arco da vella feito con moitas froitas saborosas,que ben o pasamos e que rica estaba a receita!

Grazas a Xoán e a súa familia por compartir con nós unha receita tan divertida e saborosa.

Se queres desfrutar do vídeo do cumpreanos de Xoán, preme na imaxe.Canso

Estamos de aniversario

¡Estamos de aniversario! Sabela cumpre 5 anos, e a súa familia viu a celebrar o seu aniversario con nós dun xeito moi especial, xa que nos trouxo unha receita de arte culinario, aprobeitando que estamos a traballar a arte. A receita era un osiño moi doce, xa que a súa cariña de nocilla invitaba a meterlle un mordisco, ñam, ñam... que ben o pasamos e que rica estaba a receita!

Grazas a Sabela e a súa familia por compartir con nós unha receita tan divertida e saborosa.

Se queres desfrutar do vídeo do cumpreanos de Sabela, preme na imaxe.Canso

 

Distribuir contido

Back to top