Entenza

Arquitectura navideña

Aprobeitando que estamos a traballar a arte neste curso e que estamos en nadal, hoxe convertémonos en reposteiros e arquitectos, todo á vez, para poder así elaborar as nosas particulares casas navideñas. Canso Que boa pinta teñen!! e que boas están!!

 

Visita dos elfos de Papá Noël

 

Os elfos de Papá Noël visitaron a nosa aula para recoller as nosas cartas e así levarllas a Papá Noël ao Polo Norte e que saiba que agasallos lle pedimos. Ademais, contáronnos que os elfos non poden coller a zorra de Papá Noël porque el non lles deixa, así que para ir de un lado a outro a recoller a correspondencia dos nen@s fanno saltando. Pasámolo xenial con eles!!Risa

 

                

Imos de excursión ao cine

Por fin realizamos a nosa primeira saída en autobús, neste caso fomos ao cine a ver a película "Mundo extraño" de Disney. Pasámolo xenial, pois foi un día de moitas emocións ao ir de viaxe cos nosos compis, ademais de desfrutar dun día de convivencia co resto do alumnado do CRA.

 

Estrenan tráiler y poster de película de Disney ‘Un mundo extraño’

 

    

 

 

QUE É ARTE?

Para os nenos e nenas da aula de Entenza, a arte é…

O MAGOSTO

Na aula de Entenza festexamos o magosto elaborando os nosos porta castañas e saboreando as castañas que nos asaron as familias.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

FELIZ SAMAIN

Entenza hoxe converteuse na casa do terror, xa que apareceron cabazas, esqueletos, bruxas, zombis, vampiros, morcegos... que medo pasamos!!

Estamos de aniversario

¡Estamos de aniversario! Noé cumpre 5 anos, e a súa familia viu a celebrar o seu aniversario con nós dun xeito moi especial, xa que nos trouxo unha receita de arte culinario, aprobeitando que estamos a traballar a arte. A receita estaba relacionada co Samaín, e neste caso cociñamos unha araña e a súa telaraña, que ben o pasamos e que rica estaba a receita!

Grazas a Noé e a súa familia por compartir con nós unha receita tan divertida e saborosa.

Se queres desfrutar do vídeo do cumpreanos de Noé, preme na imaxe.Canso

 

Os esqueletos de Entenza

Hoxe en Entenza os nosos alumnos e alumnas, preparáronse para celebrar o Samaín, e por iso se disfrazaron de esqueletos, que medo dan !!

Cociñamos vasoiras de bruxo e de bruxa

 

 

Hoxe cociñamos vasoiras de bruxo e bruxa con pauciños de pan e queixo, que ricos estaban!!

Manualidade de Samaín

Chegou o Samaín, e para conmemorar estas festas elaboramos unhas cabazas con caras moi divertidas.

 

Distribuir contido

Back to top