Entenza

Magosto

É tempo de castañas asadas, de chourizos asados, de fogueiras... e nos celebramos a festa do Magosto xunto aos nenos de Soutelo e de Fontán, pasámolo xenial!!! Comemos castañas, xogamos e ata desfrutamos da actuación de Anxo Moure.

 

 

                                                                                                                                                                                                                         

 

 

 

                                                                                                  

É tempo de castañas

É tempo de castañas e de magosto, e para iso precisamos das castañeiras, unhas fermosas mulleres que podes atopar en calquera vila e recuncho galego vendendo castañas asadas para comer ben quentiñas. En Entenza quixemos homenaxear a figura das castañeiras facéndolle un fermoso baile, esperamos que vos gusteGuiño


Samaín

O 31 de outubro apareceron en Entenza... bruxas, cabazas, piratas fantasmagóricos, o grinch e unha catrina... que medo pasamos!!! Foi un día cheo de risas, bailes e diversión, ata unha merenda algo terroríficaaaaaa...

                   

 

 

                                                                

O paseo da fama

Os grandes creadores dos grandes debuxos animados da historia témolos en Entenza, e con tal motivo, decidimos inmortalizar as súas pegadas no gran paseo da fama de Entenza.

 

              

Desfrutando da aula multisensorial

Durante a nosa visita á sede, tivemos a ocasión de pasar un ratiño na aula multisensorial e desfrutar das experiencias que este aula nos brinda a nivel acústico, táctil e visual. Encantounos!!!

 

                                       

Día das bibliotecas escolares

O 24 de outubro é o día das bibliotecas escolares, e a nosa aula foi convidada por Ara, a nova gardiana dos libros do noso cole, para coñecela e coñecer a súa historia. Ademais, como sabía que íamos ir a visitala foi algo pillabana e púxonos unha serie de retos para ver se eramos quen de resolvelos e así poder acceder a súa biblioteca, pero... superámolos con creces e como premio puidemos entrar a visitar a súa biblioteca, e como agasallo deunos os carnés de préstamo e o libro onde se recolle a súa historia. O rematar o día, fixémonos moi amigos/as de Ara, e xa estamos desexando voltar a visitala.

                                         

Carreira solidaria contra a leucemia

O 22 de outubro é día internacional contra a leucemia infantil, e nos quixemos solidarizarnos con esta causa realizando unha carreira solidaria, onde co noso esforzo logramos recadar fondos para a investigación desta enfermidade. Ademais, grazas ao noso esforzo recibimos un diploma.

                    

 

Técnicas cinematográficas

Este ano estamos a investigar sobre os debuxos animados e a súa creación. Neste caso familiarizámonos coa técnica do traumatropo, e como se pode dar movememento a un debuxo grazas a esta técnica, quedamos asombrados!!! Sorprendido

 

 

Benvido outono

Mergullámonos no cine de animación

 

Este ano imos familiarizarnos cos debuxos animados: a súa orixe, a súa creación... que ben o imos pasar!!

 

 

Distribuir contido

Back to top