Entenza

Convivencia na aula de Fontán

Outra vez realizamos unha convivencia cos nosos amigos das aula de Soutelo e Fontán. Nesta ocasión, foron os amigos de Fontán os que nos convidaron a súa aula, onde realizamos unha brochetas riquísimas de froitas variadas, e degustamos diferentes zumes elaborados por nós, que rico estaba todo e despois disto... non queda dúbida dos grandes chefs que hai nas aulas de Soutelo, Fontán e Entenza.

    

 

   

 

 

                                                                

Intercambio de postais

Día mundial da radio

Día de Rosalía de Castro

Co gaio da celebración do día de Rosalía de Castro, aprobeitamos para realizar un comecocos coa súa imaxe, á vez que tamén coñecemos as instalacións da radio de Ara "Araonda", onde nos gravamos recitando unha poesía desta grande poetisa galega. Este día foi super emocionante ao podelo desfrutar en compaña dos nosos amigos de Soutelo e Fontán. Se clicades na imaxe poidedes escoitar que grandes locutores estamos feitosA que dixen

 

 

 

 

Estamos de aniversario

Hoxe tocounos cociñar unha receita moi especial, a que Gisella e a súa familia nos trouxeron para celebrar o seu cumpreanos: unhas figuriñas de pan bimbo e chocolate! Que ben o pasamos, e que ricas estaban esas figuriñas!

Se queredes ver que ben o pasamos, clícade na imaxeSorriso

 

 

Máscaras, traxes... chegou o entroido

Chegou o entroido e con el... as máscaras, disfraces e moita música, baile e festa en compaña dos nosos amigos das aulas de Soutelo e Fontán.

 

                              

            

 

 

                                                                               

 

 

Día da Paz

Grazas a cantiga de Magín Blanco "todos somos capitáns", puidemos capturar os soños que temos para conmemorar o Día da Paz.


Estamos de aniversario

Hoxe tocounos cociñar unha receita moi especial, a que Sabela e a súa familia nos trouxeron para celebrar o seu cumpreanos: un fantástico pavo real de froitas! Que ben o pasamos, e que pavos máis chulos e deliciosos nos quedaron! 

Se queredes ver que ben o pasamos, clícade na imaxeSorriso

 

Benvido inverno

BENVIDO INVERNO

HOXE CHEGA O INVERNO E AS NENAS E NENOS DE ENTENZA NON NOS PODIAMOS IR DE VACACIÓNS SEN DEIXAR PREPARADAS AS NOSAS FIESTRAS.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN TANTO COMO A NÓS. E AGORA A DESFRUTAR DO NADAL.

Distribuir contido

Back to top