Fontán

VISITAS DAS FAMILIAS

MOITO MAXÍN, NO SAMAÍN!

Polo Samaín recibimos a visita da nai de Sara E., que veu disfrazada de bruxa e nos preparou un taller de cociña terrorífica. Primeiro preparamos arañas e dedos de zombie, e despois axudámoslle a facer un conxuro de chocolate que estaba de medo! Grazas por vir á nosa aula!

Para rematar o día tamén tivemos baile e xogos monstruosos! E levamos para a casa unha manualidade ben chula!

PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS

DECORACIÓN DE MAZAROCAS DE MILLO

Velaquí as nosas mazarocas! Grazas a todas as familias por participar.

 

ANIVERSARIOS

PARABÉNS NEREA!

En outubro cumpliu anos Nerea, que puxo a proba a súa creatividade e quedoulle unha coroa chulísima! A tarta esta vez tamén estaba deliciosa, non hai máis que ver a Samuel ;)

 

 

ANIVERSARIOS

PARABÉNS MARA E SARA!

No mes de setembro celebramos os aniversarios de Mara e Sara Estévez. Elas mesmas escolleron a cor da súa coroa e decorárona ó seu gusto. Convidáronnos a unhas tartas riquísimas, e como agasaio levaron un libro con debuxos dos "compis".

COMEZAMOS A NOSA ACTIVIDADE NA REDE

BENVIDOS Á AULA DE FONTÁN!

Comezamos a nosa actividade virtual dando a benvida ós nenos e nenas que este ano comezaron o cole: José Iván, Leyre, Samuel, Sara e Irene. Agardamos que sexa un curso cheo de novas experiencias e aprendizaxes.

 

 

ENSAIOS NA AULA DE FONTÁN

Os nenos e nenas de Fontán xa estamos listos para facer a coreografía de "Móvete +", estivemos ensaiando moito.....para que saia xenial.

Aqui nos tedes no ensaio final.

 

Distribuir contido

Back to top