Fontán

SEMANA DO LIBRO

Queridas familias, nenas e nenos!! Esta é a semana do libro, polo que a proposta de actividades de hoxe versa sobre iso. Quero comentarvos ademáis que vos fixedes na publicación que aparece na páxina principal e no apartdo Animación á lectura, na sección de biblioteca titulada "DÍA DO LIBRO". Rosas e libros para todas e todos vós!!!

 

ADIVIÑA MES DE MAIO

SE VOS APETECE SEGUIR A XOGAR CON CASELÍN DESDE A VOSA CASA, IDE AO APARTADO DE BIBLIOTECA, E MIRADE EN "ANIMACIÓN Á LECTURA" QUE ADIVIÑA TEN PREPARADA  PARA ESTE MES.

ESCOLA NO MAR

 COMEZAMOS UNHA NOVA SEMANA!!! 

PROPOSTA ACTIVIDADES SOBRE O MAR

Queridas familias, nenas e nenos!! Esta proposta que vos achego leva unha serie de actividades para facer sobre o mar. Recórdovos que no apartado das especialidades podedes atopar propostas de traballo moi intresantes e motivadoras para facer nestes días. Espero que todo siga ben. Saúdos e bicos. 

 

OUTONO NO MAR

 

FELIZ ANIVERSARIO!!!

Estes son os aniversarios que celebramos na escola. Á volta festexaremos todos os que quedan cunha gran festa!!!

UN XOGO DE PESCA

Na aula de Fontán para traballar o mar elaboramos un xogo de pescar peixiños entre todas as nenas e nenos. 

ESTAMOS DE VOLTA!!!

Ola! Bos días!! 

Queridas familias, nenas e nenos, estamos de volta! De seguro que todas e todos estamos desexando vernos e estar xuntos, ánimo que xa queda menos.

Para seguir facendo máis levadeira a distancia e o camiño cara a volta á escola, achégovos máis propostas de traballo para casa.

Moitos bicos e apertas para todas e todos. Seguide así, estades a facelo xenial!!!

OITAVA PROPOSTA: VACACIÓNS DIFERENTES!!

Queridas familias, nenas e nenos!! 

Aínda que dun modo especial, chegaron as vacacións. Faise difícil pensar que chegan, dado que levamos moitos días na casa, pero estamos a piques de comenzalas.

Durante a vindeira semana non publicarei nada para facer na casa, pero hoxe déixovos algunhas propostas para facer nestes días.

Espero que desfrutedes en familia, que vos acompañedes e que pensedes que pronto nos volveremos a ver. 

Un saúdo e moitos bicos!!!

SÉPTIMA PROPOSTA DE ACTIVIDADES:"NON É UNHA CAIXA"

Queridas familias, nenas e nenos!! Achego unha nova proposta con actividades para facer nas vosas casas. Un saúdo a todas e todos. 

Distribuir contido

Back to top