Fontán

NA NOSA CASA!!!

LETRAS GALEGAS E FAMILIA

Queridas familias, nenas e nenos!! Hoxe é o Día Internacional Das Familias, promovido pola ONU para crear conciencia sobre o papel das familias na educación das fillas e fillos, desde a infancia ata a idade adulta. Unha familia non a define quen a compón senón os sentimentos que existen entre os seus membros. Tras a situación acontecida nestes meses pasados, afamilia, o seu valor e os seus sentimentos deron un novo sentido as nosas vidas, espero que non se nos esqueza nunca estes días vividos e as experiencias que mantivemos nas casas, as veces escondidas, valoremos o que a vida nos regala. Con motivo deste día podedes ver o vídeo "Miña familia é fenomenal e baixo o mar a podedes atopar" elaborado polo Equipo de Dinamización TICs.

Aproveito para informarvos de que o día 17 de maio, ademais de ser o "DÍA DAS LETRAS GALEGAS", é tamén o DÍA INTERNACIONAL DA RECICLAXE, polo que Caselín, mascota da biblioteca de centro, vos achega na sección "Recomendámosche" da páxina web unha actividade moi interesante. Non deixedes de mirala, e participade!!

Ademais na páxina principal podedes visualizar un vídeo editado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega sobre a actividade "Un mar de palabras". Moitas gracias a todas e todos, saúdos!!!

 

NA NOSA CASA!!!

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Queridas familias, nenas e nenos!! Achégovos unha nova proposta de actividades sobre o conto "As pitas baixo a choiva". Ademais recordovos que nos apartados das especialidades podedes atopar moitas cousiñas interesantes para facer na casa. Un saúdo para todas e todos.

NA NOSA CASA!!!

 

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Queridas familias, nenas e nenos!! Comezamos a semana. Este domingo 17 de Maio é o día das Letras Galegas, dedicado ao autor Ricardo Carvalho Calero. Achégovos unha proposta que vos anima a coñecer un pouco máis deste autor e as súas obras. 

Tamén aproveito para informarvos de varias actividades que están abertas: unha está no apartado de biblioteca en "Recomendámosche", titulada "O baúl dos contos". Outra está na páxina principal, esta actividade achéganola o Equipo de Dinamización da Lingua Galega "Un mar de palabras". Animádevos a participar!!! 

NA NOSA CASA!!!

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES "NO MEU CUARTO"

Queridas familias, nenas e nenos!! Achégovos unha nova proposta de actividades para facer na casa. Recordarvos tamén que no apartado das especialidades tedes moitas propostas interesantes, non deixedes de miralas!!! Saúdos. 

NA NOSA CASA!!!

PROPOSTA DE ACTIVIDADES "PINZAS"

Queridas familias, nenas e nenos!! Achégovos unha nova proposta con actividades para facer na casa. Recórdovos que no apartado da web do profesorado especialista tamén podedes acceder a actividades moi interesantes para facer coas vosas fillas e fillos. Un saúdo!!

Distribuir contido

Back to top