Actividades Complementarias e Extraescolares

EXCURSION FIN DE CURSO A CAMPO LAMEIRO

O pasado xoves 22 de Xuño fomos de excursión de fin de curso a Campo Lameiro -Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre. Aprendimos moitas cousas, participamos en distintos obradoiros, estivemos todos xuntos/as e o pasamos xenial. Aquí tedes á reportaxe fotográfica

CHARLA DA GARDA CIVIL SOBRE "ACOSO ESCOLAR"

O pasado venres 26 de Maio a Garda Civil deu unha charla sobre o acoso escolar aos nosos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria. Foi moi interesante e educativa. Premede na LIGAZÓN para ver a nova na prensa local.

XXIV CROSS DE ABELENDO LETRAS GALEGAS NA PRENSA LOCAL

O Faro de Vigo -edición do Morrazo- faise eco do XXIV Cross Escolar Ceip de Abelendo deste ano.

Premede na ligazón para vela nova.

XXIV EDICION DO "CROSS LETRAS GALEGAS CEIP DE ABELENDO"

O próximo 19 de Maio festexaremos a XXIV edición do "CROSS ABELENDO LETRAS  GALEGAS". Para ir quentando motores adxuntamos os mapas dos percorridos por categorías.

Desde o centro animamosvos a todos/as os/as alumnos/as, pais e nais , mestres e mestras a participar nesta divertida e sana actividade.

PERCORRIDO DE ED.INFANTIL. 3-4-5 ANOS

(distancia aproximada 120 metros)

PERCORRIDO PREBENXAMIN. 1º E 2º ED.PRIMARIA

(Distancia aproximada 400 metros)

PERCORRIDO BENXAMIN. 3º E 4º ED.PRIMARIA

(Distancia aproximada 800 metros)

PERCORRIDO ALEVIN. 5º E 6º ED.PRIMARIA

(Distancia aproximada 1000 metros)

PERCORRIDO MESTRAS/NAIS

(Distancia aproximada 800 metros)

 

PERCORRIDO MESTRES/PAIS

(Distancia aproximada 100 metros)

 

AS NOVAS DO TERCEIRO CICLO (QUINTO E SEXTO CURSOS DE PRIMARIA)

Os alumnos de 5º e 6º de primaria aprenden a expresar os significados das distintas emocións dentro do proxecto do centro "Emociónate con xeito". Premede na imaxe e os veredes xunto coas as súas últimas novidades.

Distribuir contido

Back to top