Actividades Complementarias e Extraescolares

EXCURSION FIN DE CURSO Ó GROVE

Este ano o destino da nosa excursión de fin de curso foi O Grove. Aquí tedes a nosa reportaxe fotográfica. Qué ben o pasamos!.

OS MAIOS NO CEIP ABELENDO

Un ano máis o noso colexio festexou a Festa dos Maios. Alumnos, mestres e familias colaboramos na confección dun colorido Maio decorado con espadanas, xestas, ovos, fiuncho, pampullos, calas, ovos e laranxas. Os nenos traballaron moitísimo e fixeron unha verdadeira obra de arte pero sen lugar a dúbida foi a resulta dun traballo feito en equipo. Ao finalizar, os alumnos de 4º recitaron un poema e cantamos todos xuntos. Aquí tedes o resultado final, pero se premedes na imaxe veredes un vídeo con todo o proceso.

SLEEPY HOLLOW

Hoxe os alumnos de 6º de Primaria foron ao teatro do IES As Barxas a ver SLEEPY HOLLOW en inglés. Baseado nun clásico de Washington Irving e transformado nunha divertida comedia, lles fixo rir moitísimo. Aprenderon máis cousas da lingua inglesa e da súa cultura e literatura, coñeceron compañeiros do Insitituto do ano que ven e fixeron moito exercicio no camiño de volta!!

                

                

             

        

OBRADOIRO INICIACIÓN Á DOBRAXE

O próximo mércores 27 de Abril, os nosos alumnos desde 2º a 6º de Primaria asistirán a un obradoiro onde aprenderán as técnicas da dobraxe. Os alumnos de 4º xa empezaron a facer unha pequeña práctica e nós só pensamos nunha palabra...XENIALES!! 

Distribuir contido

Back to top