Actividades Complementarias e Extraescolares

CONCERTO DIDÁCTICO PARA OS ALUMNOS DE 5º E 6º DE PRIMARIA

Os alumnos e alumnas de Quinto e Sexto de Primaria asistimos ao Auditorio ABANCA para disfrutar do concerto didáctico “Estamos no verán!!!” de Xoán Curiel e a banda Son +2.

Saímos do cole e fomos andando ata o peirao para coller o barco. Cando chegamos a Vigo de camiño ao auditorio paramos a merendar na alameda da Praza de Compostela e ao rematar xogamos un pouco. Logo, fomos ao auditorio e disfrutamos do concerto de Xoán Curiel e a súa banda onde aprendemos os diferentes estilos musicais a través da súa música: Blues, Jazz, Reggae, Funky, Rock, Pop… Ao rematar o concerto, voltamos ao peirao de Vigo para coller o barco e subir nun autobús ata o cole, pero antes, como se retrasou o bus, puidemos ir ao parque un rato a xogar. Foi toda unha aventura!!

       

    

     

THE TIN SOLDIER

Hoxe os nosos alumnos de 1º a 4º de primaria, foron ver a obra de teatro "THE TIN SOLDIER" no  Auditorio de Cangas. Gustóulles moito, cantaron, riron e por riba aprenderon inglés. Fixádevos qué ben o pasaron!!

              

  

FESTEXAMOS A PASCUA

O pasado venres 18 de Marzo, festexamos no colexio a chegada da Primaveira e da Pascua. Os alumnos, desde os máis pequenos aos maiores, participaron en distintos talleres facendo coroas e pintando ovos; plantaron bulbos xunto cos seus desexos en macetas; comeron roscón con chocolate e fixeron unha caza de ovos de pascua participando en varios xogos populares.  Qué ben o pasaron!!. 

 

DIA DA ARBORE 2016

O pasado día 9 de marzo os nenos e nenas do segundo ciclo foron convidados polo concello e pola comunidade de montes a vivir unha aventura en Chan do Porco (Domaio). Plantaron sobreiras e carballos, recitaron poemas de Manuel María, escoitaron lendas... Aquí tedes una mostra da súa visita.   

        

         

         

        

TEATRO "AURORA"

O pasado 26 de Febreiro, os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil foron ao teatro Afundación en Vigo para ver a obra  "AURORA". Gustoulles moito e pasáronno xenial!!. Aquí tedes una mostra fotográfica da súa visita.

Distribuir contido

Back to top