Actividades Complementarias e Extraescolares

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O xoves día 27 de marzo celebramos o día mundial da poesía. Xuntámonos todos na Biblioteca do cole para recitar poesías. Os nenos e nenas do 1º ciclo recitamos unha poesía de Antonio Teijeiro e outra de José María Álvarez Blázquez.

 

 

O colexio de Abelendo na Idade Media.

 

Este ano chegou o Entroido ao noso cole. Comezamos a semana previa moi atentos as ordes de Dino a  nosa mascota.De súpeto estabamos na idade Media. Atopamos campesiños,artesáns, príncipes, princesas, damas e cabaleiros, e ata algún fantasma. Enchemos o cole de escudos, espadas, estandartes, máscaras... Fixemos o tradicional pasarúas ata o adro da igrexa de San Martiño, animando a xente coa nosa ledicia e bo humor. De volta ao cole puidemos degustar as lambetadas típicas desta festa que trouxemos entre todos.

 

 

 O sábado 20 de febreiro xuntámonos todos no enterro da xoubiña.Os pais e nais do noso cole construiron un fantástico castelo que puidemos lucir durante o desfile, e no que os nenos e nenas o pasaron estupendamente. Foi unha forma divertida de despedir o entroido convivindo todos xuntos.

 

  

POSTAIS EN FAMILIA

Como cada ano por estas datas poñemos en marcha a terceira edición do concurso "Postais en familia".

Este ano a participación foi excelente, ano tras ano o nivel dos traballos e a implicación das familias vaise superando. Cada vez é máis difícil para o xurado a elección das postais  gañadoras, polo que pensamos cara ao ano que vén cambiar as bases do concurso e así poder dar máis premios.

Nesta edición o premio á composión plástica foi para Celia Cores Antepazo de 4º de E.Primaria e o premio ao lema para Aitor Fernández Alonso.

CLASES DE XARDINERÍA NO COLEXIO DE ABELENDO

O alumnado do C.E.I.P. de Abelendo recibe, por ciclos, clases de xardineria no seu patio de recreo.

(Redacción 2º Ciclo de E.P.).- O pasado venres, 25 de xaneiro,  os alumnos e alumnas do Colexio de Abelendo-Moaña saíron por Ciclos ao patio de recreo para recibir clases de xardinería a cargo dun pai dunha alumna do centro.

As clases centráronse na poda de árbores e arbustos, pero tamén se puideron observar diferentes tipos de reprodución das plantas coma o esquexe e o acodo.

A actividade feita dentro da programación de VOZ NATURA - 2.008, foi todo un éxito. Os nenos e nenas fixeron moitas preguntas e disfrutaron dunha clase diferente.

 

 

P4300009.jpg
Distribuir contido

Back to top