Comedor

SOLICITUDE COMEDOR E TRANSPORTE

Dende hoxe mesmo e ata o vindeiro día 10 de xullo poderedes facer a solicitude de comedor escolar e transporte para o vindeiro curso 2020/2021.

 

Poderedes escanealas e envialas por correo electrónico a ceip.abelendo@edu.xunta.es

Neste suposto as fotocopias deberán ser compulsadas.

 

No caso de non poder achegalas por medios electrónicos, poderedes facelo presencialmente no centro. Para isto, mellor chamar para concertar unha cita e non coincidir con outras familias. 886.11.02.56

 

Para calquera dúbida estaremos no centro en horario de mañán.

 

Aquí poderedes descargar as solicitudes.

 

 

AXUDAS COMEDOR

 Bo día, familias!!

Hoxe publícase no DOG a orde que establece as bases para regular a axuda de comedores. Por favor, os usuarios de comedor ( especialmente os gratuitos e semigratuitos que son os que poderán beneficiarse) botade un ollo para informarvos do que necesitades para presentalas. Se tendes dúbidas, chamade ao cole.

Aquí tendes o enlace:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200330/AnuncioG0534-270320-0001_es.html

SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2017-2018

Informamos que xa está aberto o prazo de solicitudes para o servizo de comedor para o curso 2017-2018. 

Para máis información ver no arquivo adxunto.

MENU COMEDOR CURSO 2016-2017

Neste apartado iremos informándovos dos distintos menús do noso comedor ao longo do curso 2016-2017. Premede nas ligazóns adxuntas.

COMEDORES ESCOLARES

Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes non universitarios dependentes de consellería con competencias en materia de educación.

 Calculadora simulación prezos comedores

Permite simular o cálculo dos prezos de comedores en función da renda neta per cápita da unidade familiar.

  

Distribuir contido

Back to top