Actividades

BRINCADEIRAS 2017

Como cada curso, xa están aquí as nosas "Brincadeiras"  deste ano.

Esperamos que vos gusten e que xoguedes moito con elas!!!!

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Ao longo desta semana, os alumnos e alumnas do centro poderán investigar na biblioteca sobre mulleres que fixeron historia ao longo dos séculos e elaborar un mural  con todas as súas achegas.

Para saber aínda máis, deixámosvos unha actividades LIm elaborada por Belán Junquera sobre as mulleres na historia. 

E recordade que todos os días son 8 DE MARZO!!!!

 

 

Durante toda a semana, e de forma voluntaria, os nenos e nenas realizaron na biblioteca pequenas investigacións sobre mulleres importantes da historia.

Ensinámosvos o traballo realizado!

 

ROSALÍA DE CASTRO 2017

O 24 de febreiro celébrase o 180 aniversario do nacemento da nosa escritora tan querida Rosalía de Castro. No CEIP A Cristina, un ano máis decidimos seguir as actividades propostas pola  Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). O lema que porpuxeron foi:  #RosalíaTe e  pode desenvolverse a través de actividades que permitan a cada alumna ou alumno converterse na Rosalía de Castro da que se sinta máis próxima/o. Para isto, despois de facer un repaso da figura literaria da Autora, e dalgunhas lecturas que dean conta da pluralidade significativa das súa obra, cada alumna/o elaborou unha máscara de Rosalía de Castro.

Este curso traballamos en especial unha parte dun poema de Cantares Gallegos "Campanas de Bastabales". Desfrutamos moito converténdonos en Rosalía.

Deixámosvos cun vídeo que reflexa parte do noso traballo como homenaxe e un LIM (da rede) que nos achega información sobre Rosalía e a súa obra.

 

ENTROIDO 2017

No CEIP A Cristina estamos moi emocionados por celebrar un curso máis  o Entroido. Estes días estamos seguindo os mandatos do Meco e o venres 24, viremos disfrazados en relación ao noso proxecto anual "Emocionarte" e compartiremos festa,risas e manxares típicos destas datas.

Dende o EDLG queremos deixarvos uns recursos LIM (atopados na internet),para coñecer máis sobre o noso Entroido.

Pero antes compartimos con vós unhas cantigas propias destas datas:

 Escoitade a Cantiga,

nós queremos que o saibades,

¡a ver se vos enterades!,

todiños no Entroido estades.

 

Hei de inventar unha copla,

unha copla hei de inventare,

para saudar ó Entroido,

que xa nos vén visitare.

 

Día de Rosalía de Castro - 24 de febreiro

Estas semanas estivemos a traballar cunha compañeira nova: Rosalía de Castro. O próximo día 24 de febreiro é o seu día por iso, e aproveitando que se achega o entroido, desde Educación Artística e coa axuda do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, interesámonos en saber máis dela. Pintamos a súa careta e estes foron os fabulosos resultados!!



Día de Rosalía

 

Día de Rosalía de Castro.jpg

Día de Rosalía de Castro.jpg

30 DE XANEIRO DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2017

Este curso estamos levando a cabo dende o Equipo de Dinamización da Lingua  Galega, conxuntamente co Equipo de Biblioteca e o Equipo TiC  e evidentemente coa participación de todo o alumnado e profesorado do centro, actividades para celebrar o luns 30 de xaneiro o día de non violencia e da PAZ. Nos vindeiros días poderedes ver na nosa web os traballos realizados. Mentras tanto queremos deixarvos unhas actividades LIM (atopadas na rede) sobre a PAZ para reflexionar sobre o noso comportamento e o dos demais e pensar sobre o que podemos cambiar.

 

 

 

Actividade para 3ªciclo de primaria

Pinchando non seguinte enlace tamén podedes acceder ás actividades LIM subidas o curso pasado.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipacristina/node/678

NADAL 2016

O nadal xa está moi preto e queremos aproveitar esta ocasión para volver a compartir con vós esta actividade LIM elaborada no ano 2014 para recordar algúns dos diferentes personaxes que traen os regalos no mundo.

 

 

Tamén queremos compartir con vós a carta para os Reis Magos que lles entregaremos o vindeiro 21 de setembro no noso colexio .... que emoción!!!!

 

 

SERES MÍTICOS GALEGOS

O equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) elaborou esta actividade LIM para dar a coñecer os seres míticos galegos traballados este ano no noso colexio. 

Esperamos que vos guste e aprendades moito.

Feliz Samaín!!!

 

MAGOSTO E SAMAÍN 2016

Xa estamos en outono e da man desta estación aparecen as festas do Magosto e do Samaín. No noso colexio celebraremos estas dúas festas o venres día 28.

Aquí vos deixamos os dípticos que eleboramos dende o EDLG que pretenden achegarnos máis a nosa cultura.

Moitas grazas por colaborar todos e todas!!!

  

LIM BRINCADEIRA 2016

Un curso máis seguimos coas nosas "Brincadeiras".

Este curso como o autor homenaxeado das Letras Galegas é Manuel María decidimos realizar as actividades cos seus poemas. Esperemos que vos guste!!!

REVISTA AS BRAÑAS 2015-2016

Un ano máis temos o pracer de compartir con vós un novo número da nosa revista escolar AS BRAÑAS.

 

DÍA DE ROSALÍA 24 DE FEBREIRO 2016

Outro ano máis dende o noso centro queremos celebrar o día de Rosalía de Castro. Este ano decidimos participar na actividade organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).

 A AELG propuxo a elaboración e envío dunha postal cun deseño alusivo ao Día de Rosalía, e cun verso ou estrofa que actúe de estímulo creativo para que rapazas e rapaces realicen un debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro.

Por iso, durante estes últimos días, os nenos e nenas do noso colexio estiveron elaborando as postais que hoxe día  24 de febreiro regalaranse uns aos outros .

Como texto a AELG propuxo  a seguinte estrofa de “Alborada”, de Cantares gallegos:

 

      Canta, paxariño alegre,

      canta!

      Canta porque o millo medre,

      canta!

      Canta porque a luz te escoite,

      canta!

      Canta que fuxeu a noite.

 

FELIZ DIA DE ROSALÍA!!!!!!

30 de XANEIRO DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O vindeiro 30 de xaneiro celébrase o día da non violencia e a PAZ.

Dende o equipo de Dinamización da lingua galega queremos deixarvos unhas actividades para que poidades coñecer máis sobre este día e as persoas que loitan e loitaron pola paz.

 

 

Distribuir contido