Skip to Content

DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN

Hoxe, 24 de xaneiro, celebramos o día mundial da educación coa elaboración dun fermoso marcapáxinas e tendo moi presente a frase de Malala que di " un mestre, un neno e unha pluma poden cambiar o mundo" Sorriso

DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN

ENQUISA FAMILIAS

19 Ene 2023 11:33
Europe/Madrid

 Ata o vindeiro 10 de febreiro estará aberto o prazo para realizar a enquisas de familias na aula virtual seguindo as instruccións dadas nas reunións grupais dente as titorías. Para nós é moi importante a vosa opinión, animádevos a participar!

                                                                                                   Grazas Sorriso

INFORMACIÓN RESERVA DE PRAZAS 1º ESO

19 Ene 2023 11:11
Europe/Madrid

Dendo o día 16 de xaneiro ata o vindeiro 6 de febreiro está aberto o prazo para a reserva de matrícula para cursar 1º da ESO no IES Castro da Uz, centro ao que estamos adscritos, para o vindeiro curso 2023-2024. Pola contra, os que queirades soliticar praza noutro centro disitinto deberedes realizar a solicitude de admisión no centro que elixades.

Para facer dita reserva podedes cubrir o impreso de reserva de matrícula  de forma manual que se da dende a titoría e entregándose neste centro ou tamén se pode facer a través da páxina web edu.xunta.gal-admisión alumnado-solicitudes-reserva-crear ( para a presentación electrónica será necesario dispoñer da Chave 365 ou certificado electrónico).

Calquera dúbida preguntade na secretaría do centro.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

SAMAÍN 22-23

1 Nov 2022 21:03
Europe/Madrid

O pasado 28 de outubro celebramos o Samaín con unha morea de actividades como a queima dos medos coas meigas que nos visitaron este ano, merenda de castañas, decoración por parte das familias de cabazas, vasoiras e sombreiros e como remate final dunha xornada perfecta participamos nunha xincana con once xogos. Si pinchas na imaxe podes ver unha mostra do moito que gozamos.

POLO CORREO DO VENTO

21 Out 2022 12:24
Europe/Madrid

Hoxe recibimos a visita do contacontos "Polo correo do vento" sobre ciberseguridade. Fixeron un debuxo fantástico e ademais agasallaron á biblioteca do centro cos seus contos fermosos.

 

 

ACTIVIDADE ESCOLA GALEGA DE CONSUMO

21 Out 2022 10:15
Europe/Madrid

O mércores 19 de outubro tivemos a colaboración das compañeiras da Escola Galega de Consumo. Fixeron actividades moi interesantes co alumnado onde aprenderon a mercar con responsabilidade  en datas especiais como o Samaín. Poderedes ver as fotos das actividades na aula virtual no apartado de Dinamización da Lingua Galega.

 

 

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

18 Out 2022 09:29
Europe/Madrid

As familias beneficiarias do vale para adquirir material escolar por importe de 50 euros recibirán un vale adicional de 25 euros. Poderán recoller o vale en horario de 9:00-10:50 e de 13:15 a 14:00 no propio centro.

Para máis información premer  no seguinte enlace aquí

 

 

 

 

CONTACTO CO CENTRO NO MES DE AGOSTO

Para contactar co persoal do centro durante o mes de agosto, podedes chamar  de luns a venres de 9 a 14h a calquera dos seguintes números:

-881938158

-881938156

 

LISTADO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-23

Podedes consular no seguinte documento adxunto o listado de libros e materiais para o vindeiro curso escolar.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut