Skip to Content

Actividades do 8 de marzo (ABRENTE)

Pincha no documento adxunto para poder ver as bases do concurso de   gif abrente animado

Admisión de alumnado curso 2021-2022

23 Feb 2021
Europe/Madrid

gif solicitudes animado

 

O prazo para a presentación de solicitudes de admisión en Educación Infantil e Educación Primaria para o curso 2021-2022 será do 1 ao 22 de marzo de 2021. Nos enlaces que veñen a continuación podedes atopar a información relativa ao proceso, así como os impresos de solicitude. Na secretaría do centro tamén se vos facilitarán os impresos e se vos dará a infomación que requirades. Así mesmo pódense obter os impresos e presentar a solicitude telemáticamente a través da aplicación Admisión alumnado na páxina da Consellería de Educación: www.edu.xunta.gal (para iso é necesario dispoñer dun certificado dixital ou da Chave 365).

A solicitude para 4º curso de Educación Infantil presentarase acompañada de documento que acredirte a idade do alumno/a solicitante (D.N.I. ou Libro de Familia). No resto dos cursos de Educación Infantil e Educación Primaria será necesario ademais un certificado de matrícula do centro no que cursan estudos no presente curso.

No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/
es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.
En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución
xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

Se fose necesaria a presentación doutra documentación (caso de haber máis solicitantes que prazas ofertadas) seríalles requerida ás familias no momento oportuno.

Tamén, para o caso dos alumnos/as que resulten admitidos, o centro porase en contacto coas familias para informarlles doutra documentación que deben presentar no momento de formalizar a matrícula.

Para calquera dúbida, poñédevos en contacto coa secretaría do colexio.

 

Se queredes ver un vídeo para coñecernos mellor, pinchade na imaxe.

 

Documentos interesantes:

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión.

Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

Impreso de solicitude de admisión.

Prazas vacantes dispoñibles.

Prazos do proceso de admisión no curso 2021-2022.

 

 

 

DÍA DA PAZ

Onte no colexio conmemoramos o Día Escolar da non Violencia e da Paz.

paz                                                                    paz2

Coñecimos unha lenda que di así:

lenda

 

Nós tamén quixemos facer a nosa árbore:

arbore

 

adornos

NOTA INFORMATIVA DO CONCELLO

Informamos de que o Concello das Pontes ven de aprobar as bases para os Campamentos urbanos de Nadal 2020-2021. O prazo de inscrición comeza o venres 4 rematando o martes 15 de decembro, puidendo facerse efectiva a través do Rexistro Municipal de 8:30 a 13:30 (pedindo cita previa nos teléfonos 667 12 93 89-667 12 93 80) ou a través da sede electrónica http://sede.aspontes.com/es/index.html, desde o venres 4 ás 00.00 ata o martes 15 ás 23.59 horas. A ubicación da actividade será un centro educativo da Vila sendo informadas as familias con antelación suficiente, previo comezo da mesma. Pódense consultar as bases no taboleiro municipal, na páxina web do Concello ou no Departamento de Servizos Sociais, onde tamén se poden achegar as familias a recoller o impreso de inscrición. Para máis información pódese chamar ao 981.44.10.08 ou 667.12.93.34.

Procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria.

 Observacións

  • Aos alumnos que contan con axudas de material escolar da Xunta as máscaras seranlles asignadas de xeito directo, polo que non precisan tramitar a solicitude.

  • Unicamente terán que formalizar a solicitude os alumnos que reúnen os requisitos de renda aínda que non seu día non solicitaran as axudas de material escolar.

  • Nos arquivos adxuntos tedes os anexos para cubrir.

ACTIVIDADES 2020-21 DE ABRENTE

Novidades ANPA Medoñas

Xa está actualizado  o apartado de actividades, onde tamén atoparedes o impreso a cubrir se queredes ser socios/as.

Grazas.

Inicio do curso 2020-2021

Este ano o inicio do curso producirase en dúas datas distintas segundo o curso do que se trate:

- O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

- O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de Educación Infantil e 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Nos vindeiros días, e sempre antes do día 10, convocaremos ás familias por medio de abalarMóbil a unha reunión por videoconferencia (agás 4º de Educación Infantil) para unha información máis detallada de todas as novidades do presente curso.

 

Publicación da listaxe provisional de persoas beneficiarias de libros de texto

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, está publicada  a listaxe de persoas beneficiarias e de persoas excluidas dos libros de texto do fondolibros, no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre. 

As persoas interesadas poderán reclamar o luns 13 e o martes 14 de xullo.

Distribuir contido


by Dr. Radut