Skip to Content

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA.

 

Saíu publicada no DOG no día de hoxe a Orde do 28 de outubro de 2021, pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras para o alumnado de educación primaria. 

Podedes pinchar na orde o se preferides ver os documentos adxuntos (orde e anexos para cubrir).

Observacións:

  • Ao alumnado que tivo  axudas de material escolar da Xunta no presente curso, as máscaras seranlles asignadas de xeito directo, polo que non precisan tramitar a solicitude.
  • Unicamente terán que formalizar a solicitude os alumnos que reúnen os seguintes requisitos:

1.    

Que pertenza a  familias cunha renda  per cápita igual ou inferior a 6000 € (exercicio fiscal 2019).

2.    

Que estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.

 

A forma de presentación da solicitude é unicamente de forma presencial no colexio (do 15 ao 26 de novembro).

* O formulario de solicitude está dispoñible nos documentos adxuntos, na sede electrónica da Xunta de Galicia, no portal educativo e no CEIP Plurilingüe A Fraga.

SAMAÍN NA FRAGA

       

 

                                   

 

CELEBRANDO O NOSO SAMAÍN. QUEREMOS AGRADECER Á ANPA MEDOÑAS O SEU AGASALLO.

Semana terrorífica na Fraga

       

 

Durante esta semana no CEIPP A Fraga teremos momentos terroríficos e tamén  contos especiais sobre o Samaín. Queremos agradecer a Laura e a Iria o agasallo que nos trouxeron e ben seguro imos gozar.

Día das bibliotecas

 

Hoxe 24 de outubro é o Día das Bibliotecas. O noso amigo Roel xa se adiantou e o venres tiña moitas sorpresas para nós. 

Se queres  aprender máis sobre o Día das Bibliotecas, fai un clic sobre a primeira imaxe.

 

 

Agradecemento

Moitas grazas á nosa amiga invisible polo agasallo e o recoñecemento ao persoal do centro. Hai que recoñer que o traballo e o esforzo é de toda a comunidade educativa. Bo verán.

Listado de libros e material para o curso 2021-22

Podedes consular no seguinte documento adxunto o listado de libros e materiais para o vindeiro curso escolar.

AXUDAS ESCOLARES MUNICIPAIS DO CURSO 2021/2022

A presentación de solicitudes levarase a cabo no Rexistro Municipal (necesaria cita previa nos teléfonos 667129389 / 667129380) ou a través da sede electrónica.

O prazo para solicitar estas axudas remata o día 7 de xullo.

Pincha no arquivo adxunto para ver toda a información.

 

Solicitude de axudas de préstamo e adquisición de libros de texto e material escolar

 

       

Imaxe de OpenClipart-Vectors en Pixabay 

No DOG  do 20/05/2021 publicouse  a orde do 6 de maio de 2021 pola que pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinado ao alumnado matriculado en Educación Primaria para o curso 2021-2022.

 O fondo solidario de libros de texto (sistema de préstamo) afecta ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, xa que 5º e 6º utilizan os ordenadores de E-Dixgal.

 As axudas para adquirir libros de texto van dirixidas ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

 As axudas para adquirir material escolar pode solicitalas todo o alumnado de Educación Primaria.

Para ter dereito a recibir as axudas de libros é necesario ter unha renda per cápita igual ou inferior a 10.000 €. Para as axudas de material, a renda per cápita debe ser igual ou inferior a 6.000 €. Para determinar a renda per cápita sumaranase as casiñas 435 e 460 da declaración do IRPF  do ano 2019 e dividirase entre o número de membros da unidade familiar.

 Ao igual que o ano pasado, basta con cubrir un só impreso para todas as solicitudes e todos os irmáns admitidos no centro (agás os que a tramiten por via electrónica que deberán presentar unha solicitude por cada alumno/a).

 O prazo de entrega de solicitudes vai do 21 de maio ao 22 de xuño inclusive.

 As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexos I e II) dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Tamén se poderán presentar de modo presencial no centro. Deberán vir acompañadas de fotocopias do libro de familia e de sentencia de divorcio (se é o caso).

 Podedes descargar o impreso de solicitude tamén no arquivo adxunto.

Máis información pinchando neste enlace.

 

INFORMACIÓN DO CONCELLO

Pincha nos documentos adxuntos para ver a información sobre os campamentos de conciliación para Semana Santa.

Distribuir contido


by Dr. Radut