Skip to Content

Axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos/as.

No arquivo adxunto tedes o impreso de solicitude das AXUDAS ÁS FAMILIAS PARA A ESCOLARIZACIÓN DOS SEUS FILLOS/AS  que convoca o Concello de As Pontes de Garcia Rodríguez. Nel aparece tamén a información relativa ás mesmas.

Listado de libros e material escolar curso 2020-2021

13 Mar 2021 00:00
Europe/Madrid

No arquivo adxunto podedes consultar o listado de libros e materiais escolares do C.E.I.P. Plurilingüe A Fraga para o curso 2020-2021.

LISTAXE DE ADMITIDOS NO CENTRO PARA O VINDEIRO CURSO 2020-21

Publicadas no taboleiro de anuncios situado no interior do centro,  as listaxes provisionais do alumnado admitido  para o vindeiro curso 2020-21.

*Foron admitidas todas as solicitudes

Anunciamos que a formalización da matrícula en educación infantil e primaria será do 1 ao 10 xullo de 2020.

MODIFICACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS

Publicamos as Programacións didácticas adaptadas a este período de clases non presenciais.

PODEDES CONSULTALAS PINCHANDO AQUÍ.

INFORMACIÓN SOBRE A SOLICITUDE DE ADMISIÓN

Desde mañá luns día 11 e ata o venres 15 de maio, ambos incluídos, estaremos no centro de 9 a 14 h. para reanudar o prazo de solicitude de admisión  para o vindeiro curso 2020/21. Aínda que o prazo oficial é ata o 18 de maio, para o noso centro ese luns está considerado día non lectivo.

Isto afecta a aquelas familias interesadas que non puideron presentala durante o período ordinario (do 1 ao 20 de marzo pasado), ao verse suspendido o prazo pola declaración do estado de alarma o 14 de marzo.

Cómpre lembrar que este período de admisión vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aquel alumnado de Educación Infantil, de Educación Primaria que desexa cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.

 

TODO VAI SAÍR BEN!!!

As persoas que traballamos no Centro de Educación Infantil e Primaria Plurilingüe A Fraga quermos adicarvos a todo o alumnado e familias un vídeo que elaboramos con todo o noso agarimo.

ACCESO AO VÍDEO PINCHANDO AQUÍ.

COMUNICACIÓN CO CENTRO NO PERÍODO DE SUSPENSIÓN DE CLASES.

Debido ás medidas adoptadas a causa do coronavirus, non se garante a presenza de persoal no centro. No caso de necesidade real de poñerse en contacto con nós, podedes chamar aos teléfonos 881938156 ou 881938158 de luns a venres, en horario de 09.00 a 14.00 horas.

TAREFAS E PROPOSTAS PARA O PERÍODO DE SUSPENSIÓN DE CLASES

Publicamos unha carpeta con recursos, tarefas e outras propostas para o alumnado durante o período de suspensión das clases a causa do Coronavirus. A carpeta está organizada por cursos e matarias, cada un deberá entrar na do seu nivel correspendente.

ACCESO Á CARPETA PINCHANDO AQUÍ

Información coronavirus

No seguinte documento tedes a información relativa á suspensión de actividades lectivas durante os vindeiros 14 días, a partir do luns.

Eleccións de membros de consellos escolares de centros públicos (II)

0 Array
Array

Estimadas nais e pais:

A Xunta Electoral constituída segundo o establecido no Decreto 92/1988 para organizar e supervisar o procedemento de elección dos membros do Consello Escolar, fixou na súa reunión do día 5 de novembro o calendario que vos adxuntamos.

Segundo ese calendario, dende o día 6 ata o día 14 de novembro, estarán expostos no Centro os censos electorais e poderán presentar candidaturas todas as nais e pais interesados en formar parte do Consello Escolar. Para iso terán que pasar polo colexio onde se lles facilitará un modelo de credencial. O prazo de admisión de candidaturas remata tamén o día 14 do presente mes.

O día 26 de novembro terán lugar as votacións dos diferentes sectores para elixir os seus representantes. O horario de votación para o sector de nais e pais do alumnado será de 12 a 14 horas e de 16 a 18 horas.

Queremos lembrarvos que:

• Nesta convocatoria corresponde unha renovación parcial dos membros do Consello Escolar, no sector de nais e pais corresponde a renovación de dous dos vosos representantes.

• Todas as nais e pais sodes electores, é dicir, podedes votar os dous.

• Todas as nais e pais sodes elixibles, sempre que presentedes a vosa candidatura.

• Para poder votar debedes estar correctamente inscritos no censo.

Unha vez máis, poñémonos á vosa disposición para intentar resolver calquera dúbida que teñades.

Un saúdo.

O director

Distribuir contido


by Dr. Radut