Celebracións anuais

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Con motivo da celebración do Día da Biblioteca Escolar, o venres 24 de outubro, o equipo de dinamización da biblioteca do noso centro preparou unha sesión de contacontos especial coa axuda dun mestre, xa xubilado, que impartiu docencia durante moitos anos no colexio:  o profe Xosé Carlos Caramés.

Se queredes saber máis sobre esta celebración, consultade o blog da biblioteca escolar (se clicades na imaxe iredes directamente a el).

 

NADAL 2017: VISITA DE PAPÁ NOEL

Recibimos a esperada visita de Papá Noel que, un ano máis, fixo a ledicia dos máis pequenos!!!

 

NADAL 2017: FESTIVAL DE NADAL (FOTOS)

E non podía faltar nestes días de celebración o noso tradicional festival de NADAL onde todos os nenos e nenas do colexio demostraron as súas habilidades como artistas: cantantes, bailaríns, músicos, actores e actrices... fixeron as ledicias de grandes e pequenos. Dar as grazas a todas as familias que acudiron a ver e dar o seu apoio aos seus fillos, netos, sobriños... os cales viviron con gran ilusión esta día festivo. 

 

NADAL 2017: FIXEMOS FELICITACIÓNS DE NADAL

Como ven sendo habitual todos os anos, os alumnos e alumnas realizaron as tradicionais postais de felicitación do NADAL. Unha delas foa a escollida para felicitar estas datas a toda a nosa comunidade educativa. Nunha gran exposición nos corredores da primeira planta quedaron todas expostas para que podamos contemplar os bos artistas que temos no colexio!! 

 

Esta foi a postal elexida para felicitar a toda a comunidade educativa. Foi realizada por Sarah  Daniela Fernández Araujo, de 6º de Educación Infantil (5 anos):

NADAL 2017: DECORAMOS PORTAS

Para dar un ambiente máis festivo ao todo o colexio, decoramos as portas das distintas aulas e dependencias con motivos propios destas datas. Os deseños foron do máis variado: dende bonecos de neve, pasando por renos, Papá Noel, árbores de Nadal, portal de Belén...  Unha vez máis non faltou a imaxinación e as gañas de facelo ben!!

 

NADAL 2017: ADORNAMOS BÓLAS PARA A ÁRBORE DE NADAL

Dentro do noso proxecto anual denominado este curso: "AUGA, PEDRA, SABEDORÍA E  TERRA", desenvolvemos a actividade que tivo tan boa acollida entre todas as familias: trátabase de decorar unha bóla para colgar na árbore da entrada do cole a partir dunha foto do neno ou nena coa súa familia nunha celebración de Nadal. Logo completábase a decoración da bóla con todo tipo de materiais. Como podedes ver na seguinte presentación as respostas foron do máis diversas e orixinais. Unha vez máis damos as grazas a todas as familias pola colaboración prestada. 

 

NADAL 2015

Un ano máis xa está aquí o NADAL e así o vivimos no cole:

Ambientamos o colexio coa decoración propia destas datas

 

 

 Fixemos na entrada do colexio unha exposición de ÁRBORES DE NADAL:

 

 

Realizamos as nosas postais de felicitación do NADAL:

Recibimos a visita dos Reis Magos, os pequenos/as de Ed. Infantil entregáronlles as súas cartas cos seus desexos para a noite de Reis:

 

DÍA DO LIBRO

O mércores 24 de abril celebramos no colexio o Día do Libro. Entre as actividades programadas polo equipo de dinamización da biblioteca escolar destacamos a chamada "APADRIÑAMENTO LECTOR". Se queres saber máis sobre ela, consulta no apartado da Biblioteca o seu recén inaugurado blog.

DÍA DO CONSUMIDOR

Con motivo da celebración do Día do Consumidor e co fin de educar aos nenos/as nun consumo responsable, a OMIC (Oficina Municipal de Información ao Consumidor) trouxo ao centro dúas obras teatrais:

- A primeira, do grupo de teatro TRÉCOLA,  titulábase "Cling" e ía dirixida aos alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria. A representación tivo lugar o 3 de abril no salón de actos do colexio.

- A segunda foi  "Xan Perillán compra queixo e compra pan" do grupo de teatro KUKAS. A representación tivo lugar o día 10 de abril ás 12:00 h no salón de actos do centro e ía dirixida aos máis pequenos, aos alumnos de educación infantil, 1º e 2º de educación primaria.

                                                                  

 CLING                                                                                                                                       XAN PERILLÁN COMPRA QUEIXO E COMPRA PAN

 

Powered by Drupal - Design by artinet