Entroido

O ENTROIDO NO COLEXIO

O pasado 9 de febreiro celebramos o ENTROIDO no cole, cun desfile, no que para seguir o fío do noso proxecto de centro, viaxamos polo mundo. Isto axudounos a aprender un pouco máis da cultura de cada un dos lugares sobre os que estamos traballando nas aulas.

 

 

AS CARAUTAS DO ENTROIDO

Deixámosvos aquí as fotos coas carautas que creastes nos fogares para decorar a entrada do colexio.

MENUDAS OBRAS DE ARTE!!

Moitísimas grazas a todos e todas por participar.

   
   
   

CELBRAMOS O ENTROIDO

 

Nas seguintes imaxes podedes ver como se celebrou ou Entroido no centro.

Durante a semana fomos seguindo os MANDADIÑOS DO MECO e os nenos e nenas de 1ºA amósanvos como nos tocou disfrazarnos.

E o venres chegou o día máis esperado. A celebración do ENTROIDO seguindo a temática do MUNDO DA MÁXIA. 

    

   Unha vez feitas as fotos dos distintos grupos comezamos co tradicional DESFILE polo patio.

 

Como en todo DESFILE que se precie, non podía faltar a MÚSICA e para iso contamos coa CHARANGA LIKOR-K grazas á COLABORACIÓN DA ANPA.

 

PREPARANDO O ENTROIDO

 

XA ESTÁ O ENTROIDO Á VOLTA DA ESQUINA E TEMOS QUE PREPARNOS.

DEIXÁMOSVOS AQUÍ A INFORMACIÓN RELATIVA AO DESFILE DO ENTROIDO E Á INICIATIVA DE CREACIÓN DE CARAUTAS PARA DECORAR O COLEXIO.

AGARDAMOS QUE AS ACTIVIDADES SEXAN DO VOSO AGRADO!

    

TAMPOUCO PODEN FALTAR OS MANDADIÑOS DO MECO


ENTROIDO 2022

 

O pasado venres celebramos o ENTROIDO logo dunha semana seguindo os mandatos do MECO. Canta cor había no cole. Deixámosvos aquí as fotos da semana.

AS ORDES DO MECO ANUNCIAN A CHEGADA DO ENTROIDO

Xa se achega o tempo de ENTROIDO e no cole imos comezar o luns cos MANDATOS DO MECO para ir entrando en acción.

 

O venres 25 celebraremos o Entroido no cole e podedes vir disfrazados como máis vos guste e propoñémosvos un RETO

CREADE O VOSO DISFRACE ÚNICO, ESPECIAL, ENXEÑOSO E CREATIVO CON MATERIAIS QUE TEÑADES POLA CASA.

 

Farase unha mención especial na web aos disfraces que participen no RETO.

Animádesvos?

 

QUE EMPECE A FESTA!!

 

Déixámosvos aquí os mandatos para que non perdades ningunha consigna.

CELEBRACIÓN ENTROIDO 2021

        É TEMPO DE ENTROIDO

        E QUIXEMOS TROULEAR!!

A PESARES DESTA PANDEMIA...

DISFRAZÁMONOS E BAILAMOS SEN PARAR!!

Así o fixemos o pasado venres, 12 de febreiro. Respectando as medidas de seguridade sanitaria previstas no protocolo Covid-19. Os nenos e nenas viñeron disfrazados de forma libre ao colexio, é dicir, cada un co disfrace da súa elección.

Organizouse un pequeno desfile para que todos os grupos se puidesen ver, logo cada grupo-clase bailou e trouleou, no espazo que teñen asignado para os recreos, ao ritmo de música "entroideira".

 Aínda que dun xeito diferente, foi unha xornada divertida para todos/as!!

 

Na seguinte presentación tedes unha selección de imaxes deste entroido 2021:

 

 E o noso entroido no suplemento  XORNAL ESCOLAR do xornal LA REGIÓN:

ENTROIDO 2021

Enlace á información por si queredes imprimila:

NORMAS CELEBRACIÓN ENTROIDO 2021

OBRADOIRO DE MÁSCARAS DO ENTROIDO OURENSÁN

Xa nos estamos achegando cara á celebración do ENTROIDO, pero este ano, por causa da situación sanitaria que padecemos, tamén teremos unha celebración algo distinta, esta semana non celebraremos a tradicional semana das ordes do Meco, aínda que esperamos disfrazarnos o vindeiro venres, 12 de febreiro. 

Pero os alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria xa participaron nun obradoiro sobre esta celebración tan arraigada no pobo galego, e particularmente no ourensán. Ao centro desprazáronse uns monitores do Concello de Ourense, entidade que patrocinaba a actividade, para realizar un obradoiro sobre AS MÁSCARAS DO ENTROIDO OURENSÁN que consistiu en dúas partes ben diferenciadas:

- Unha parte teórica: nun mapa da provincia de Ourense, os monitores fóronlles sinalando as vilas ourensáns onde se celebra esta festa de forma máis relevante, explicándolles cales eran os seus os costumes e os traxes típicos.

- Unha parte lúdica e plástica: os nenos e nenas decoraron en principio 4 das personaxes típicas do entroido ourensán: A PANTALLA DE XINZO DE LIMIA, O CIGARRÓN DE VERÍN, O BOTEIRO DE VIANA E O PELIQUEIRO DE LAZA. Finalmente tamén decoraron un BOTEIRO DE VILARIÑO DE CONSO

O principal obxectivo do obradoiro era: "contribuír a conservación das nosas tradicións dunha maneira lúdica e pedagóxica traballando distintas áreas de coñecemento como son a plástica e a pintura, a lingua galega e as ciencias sociais". 

Aos alumnos e alumnas encantoulles esta actividade que remataron adornando a porta da súa aula coa máscara dun BOTEIRO DE VIANA. 

Powered by Drupal - Design by artinet