Convivencia

CELEBRANDO A DIVERSIDADE DAS PERSOAS

Para seguir recordando cada día a diversidade das persoas que nos rodean realizamos no centro varias actividades de concienciación neste caso sobre o autismo e o síndrome de down.


 

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

 

O martes 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz no centro. Depois do recreo saímos todos, vestidos con prendas brancas ao patio. Alí o nenos e nenas de 6º de Educación Primaria leron o noso manifesto pola paz.

Despois da lectura bailamos e cantamos varias cancións que falan da amizade e a paz.

Co gallo do noso proxecto "Unha viaxe polo mundo", os nenos e nenas do mundo tamén piden a paz, na súa lingua, no mural que colocamos na entrada do centro.

Conmemoración do Día Mundial contra o Acoso Escolar

 

O 2 de maio conmemórase o Día Mundial contra o Acoso Escolar.

E no colexio queremos aportar o noso gran de area para concienciar ao alumnado da importancia que ten que eviten estas condutas.

Para iso non só temos en conta o Día da conmemoración, senón que en 5º e 6º de primaria establecemos neste trimestre a lectura de dous libros que lles axudarán a reflexionar sobre o tema, ver como se senten as dúas partes e converterse en persoas con CERO TOLERANCIA CO ACOSO ESCOLAR.

 En 5º de primaria visionaron a película WONDER coa finalidade educativa de ver como se sente un neno/nena que sofre o Acoso Escolar por parte dalgúns dos seus compañeiros/as e a posteriori están lendo o libro titulado WONDER - La historia de Julian de R. J. Palacios. Neste caso acércanse aos pensamentos do rapaz acosador.

 En 6º de primaria están lendo o libro INVISIBLE de Eloy Moreno. Este libro acércaos ao Acoso Escolar dende varios puntos de vista, para provocar neles a reflexión sobre a repercusión que ten o acoso en todas as  persoas implicadas, pero sobre todo na persoa que o sofre constantemente.

 

Agardamos que con estas lecturas, as reflexións e os debates, consigan ver o terrible que é para un rapaz ou rapaza sufrir ese acoso constante e en consecuencia evitar as condutas de acoso ao mesmo que tempo que se conciencian da importancia de denuncialo se son coñecedores dun acoso a calquera compañeiro/a.  

 

 

O DÍA DA PAZ

 

O 30 de xaneiro celébrase este día adicado a conmemorar unha cultura de non violencia e paz. A educación para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto, a non violencia e a paz son motivos para recordalo cada ano.

É un dereito da infancia e de toda a humanidade.

Por tal motivo invitamos este ano a todo o alumnado a escribir unha mensaxe/desexo de paz nunhas cintas de cores que agora colgan da árbora da entrada do colexio, dando colorido e lembrando que xuntos podemos traballar eses valores que axudasn a forxar un mundo máis solidario, máis xusto, máis digno e libre.

Ademais desta iniciativa fixéronse outras actividades como murais, pombas, grúas, fotocall da paz, .... e incluso un gran símbolo da paz recheo de tapóns de plástico, que resaltan a importancia da reciclaxe para coidar o medioambiente.

Deixámosvos aquí uns vídeos coas fotos das actividades realizadas.

 

 

SEMANA DE ACTVIDADES DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DE XÉNERO

Ao longo da vindeira semana, do 10 ao 13 de maio, terán lugar no centro unha serie de actividades organizadas pola ANPA do noso centro e enmarcadas dentro do plan promovido pola Consellería de Emprego e Igualdade para o fomento de actuacións relacionadas coa promoción da igualdade e da prevención da violencia de xénero.

Xa vos iremos informando de como se van desenvolvendo, este é o programa das mesmas:

Día contra o ACOSO ESCOLAR

 

Hoxe é o día 2 de maio: Día Internacional contra o Acoso Escolar para conmemoralo, concienciarnos e favorecer a súa prevención, animámosvos a ver estes cortos para activar a nosa empatía e sensibilizarnos.

 

 

QUE BONITO!! ESTANDO SEMPRE CONTIGO!!

Queremos agradecer a todos os alumnos e alumnas do colexio e a todas as familias as vosas mensaxes de cariño, ánimo e apoio que fostes mandando nestes días tan complicados que estamos vivindo. Tamén agradecer a vosa comprensión nestes momentos nos que tivemos que reorganizarnos todos de forma tan repentina. Esperamos ir mellorando pouco a pouco. 

Queremos dar un agradecemento especial a todos os nenos e nenas, que sabemos que se están portando xenial e que nos estando dando un exemplo a todos os maiores. PARABÉNS CAMPIÓNS!!! 

Agora que imos ter uns días de descanso, aproveitamos para mandarvos tamén o noso cariño e transmitirvos toda a nosa forza e o noso apoio para que esta situación sexa máis levadeira. Ánimo para tod@s: nenos, nenas, familias e restantes membros da nosa comunidade educativa.

GRAZAS A TOD@S! Oxalá que con este vídeo nos sintamos todos máis xuntos, que sintamos que non estamos sós nisto e que o superaremos!!. Esperamos vervos moi axiña!!!.  


TODO IRÁ BEN! GRAZAS A TODOS!

Moitas grazas a todos os nenos e nenas e as súas familias que nos mandaron coas súas fotos unha mensaxe de ánimo, de esperanza, de unión  e de cariño nestos momentos tan complicados e tan difíciles que estamos a vivir. Coa unión e o esforzo de todos, lograrémolo!. Seguide así de valentes e de animosos, dándonos exemplo a todos. Unha aperta moi grande para todos e cada un dos membros da nosa comunidade educativa de parte do profesorado e de todos os traballadores do centro. 

TODO VAI SAÍR BEN!! QUÉDATE NA CASA!! POR TODOS!!

NOVA ACTUALIZACIÓN!!! (1-4-2020)

 

CONVIVENCIA ESCOLAR

No marco do PLAN ESTRATÉXICO DE CONVIVENCIA ESCOLAR 2015-2020, aprobado polo Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia, prevese a elaboración dun instrumento de diagnose inicial que permita identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos. Neste senso, a primeira acción prioritaria planificada é a elaboración de documentos  de recollida de datos dos distintos sectores da comunidade educativa (dirección, profesorado, alumnado, familias e persoal non docente). Esta masiva recollida de datos ten por obxecto facilitar a elaboración do plan de convivencia do centro. Tamén está encamiñado a establecer o clima escolar da nosa comunidade educativa e guiar as accións de mellora do mesmo.

Esta recollida de datos farase mediante unha ferramente informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo, a través da aplicación convivenciaxestion. 

Os alumnos/as levaron para as súas casas unha nota informativa onde se lles explicaba a todas as familias o arriba exposto e se lles facilitaba un código de acceso á recollida de datos sobre convivencia escolar. Como se lles indicaba na citada nota a súa opinión é moi importante e valiosa para mellorar a convivencia escolar polo que lle solicitamos unha vez máis que preste atención e responda con responsabilidade. Se teñen algunha dúbida non dubiden en contactar coa dirección do centro.

Enlace ao cuestionario para as familias:

https://edu.xunta.es/convfamil

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN EN SITUACIÓNS DE BULLING

Picando na imaxe atoparedes un protocolo de actuación en situacións de bullying 

Powered by Drupal - Design by artinet