Como xestionar as terribles rabechas? Picade na imaxe e leredes un interesante artigo
Escola de pais/nais
GUÍA PARA AS FAMILIAS
Compartimos esta interesante guía "Te suena familiar. Guía para la famila" publicada por UNICEF e dirixida a todas as persoas que teñen ao seu cargo o coidado e a crianza dos nenos, abordando diferentes temas que poden axudar no proceso do coidado e da crianza.
Parte da idea de que para coidar, educar e criar a un neno debemos empatizar con el e aprender a responder sensiblemente ás súas necesidades.
COMO ENSINAR A ESTUDAR AOS FILLOS EN DEZ PASOS
A miúdo os malos resultados académicos non teñen tanto que ver coa capacidade intelectual do estudiante, como coa súa escasa concentración ou o seu nulo manexo das técnicas de estudo. Moitos pais observan con desesperación como o seu fillo pode pasarse horas diante ol libro, para despois ter malas notas no exame. Este problema ten solución. Non se trata de estudar máis, senón de estudar mellor. Tica na imaxe e saberás como ensinar a estudar aos teus fillos en dez sinxelos pasos.
GRANDES HÁBITOS QUE DEBEN DESENVOLVER DENDE PEQUENOS
Os hábitos e as rutinas son necesarios para acadar un axeitado desenolvemento. Presentamos unha seleción de hábitos necesarios para que os nenos e nenas mrdren sans en todos os niveis,
PIRÁMIDE ACTIVIDADE FÍSICA NA INFANCIA
Unha dieta equilibrada é imprescindible pero non é suficiente.
A fundación Dieta Mediterránea recoméndanos a seguinte lista de actividades para os nenos e
nenas
Moverse cada día : camiñar, correr...
3-5 veces á semana deportes vigorosos : fútbol, patinaxe, ciclismo, natación...
2-3 veces á semana actividades para potenciar a flexibilidade e a forza: baile, flexións, artes
marciais...
Menos de dúas horas ao día: ver a televisión, xogar cos xogos electrónicos, xogar co ordenador...