Curso 2017-18

SEMANA DO LIBRO

Con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR (celébrase todos os anos o 23 de abril), un ano máis no centro realizamos diversas actividades ao longo da semana do 23 ao 27 de abril para conmemorar esta data. Destacamos especialmente tres:

EXPOSICIÓN DE LIBROS ANTIGOS 
V APADRIÑAMENTO LECTOR 
LENDO XUNTOS: TESOUROS DE PAPEL 

No seguinte enlace ao blog da biblioteca escolar tedes toda a información:

- ACTIVIDADES DA SEMANA DO LIBRO 

CHARLAS SOBRE HIXIENE BUCO-DENTAL

Conscientes da importancia de adquirir bos hábitos de saúde dende os primeiros anos da vida, dende o centro participamos nun programa de Educación Buco-Dental patrocinado polo Concello de Ourense.

A actividade consistiu en dúas charlas que tiveron lugar o pasado 17 de abril no noso centro: unha  destinada aos alumnos e alumnas de 1º de primaria e outra aos rapaces e rapazas de 4º de primaria.

 

OBXECTIVOS PROGRAMA EDUCACIÓN BUCO-DENTAL

  Conseguir que os alumnos coñezan a importancia de conservar e manter unha adecuada hixiene oral, ademais de fomentar hábitos que, aplicados desde a infancia podan evitar enfermidades bucodentales posteriores.     
Realizar un correcto cepillado dos dentes.
Identificar as principales partes da boca e a súa utilidade.
Descubrir os principais amigos / inimigos da saúde bucodental.                                                                        Recoñecer e evitar os alimentos carioxénicos  
Recoñocer que o fluor aumenta a resistencia do esmalte bucodental.                                                                    Recoñecer ao dentista como o profesional que coida da saúde bucodental.

Os pequenos e pequenas de 1º recibiron unha charla máis básica sobre o coidado da boca e logo practicaron todos como se fai un correcto cepillado dos dentes nunha mandíbula de plástico. Xa veredes na seguinte presentación de fotos como se esforzaron para facelo como lles explicaba o dentista que impartiu a charla. Os maiores de 4º de primaria recibiron máis información sobre os problemas da boca (carie, bacterias... ), mantiveron un coloquio onde fixeron gran cantidade de preguntas e expuxeron as súas dúbidas sobre o coidado diario da boca e dos dentes e finalmente tamén practicaron o cepillado correcto dos dentes.

 

O XINETE DAS ÁRBORES

Por segunda vez este curso recibimos a visita de Anxo Moure, escritor, contacontos e ecopacifista, que nos veu contar as historias de CARAMULO, O  XINETE DAS ÁRBORES, do CARBALLO CON BOTAS que naceu dentro dunha bota vella despois dun incendio forestal, de COURELIÑA, a pastora do COUREL, das árbores que nos coidan e nos fan máis fortes e sans, de como debemos sentilas, abrazalas, coidalas, coñecer os seus nomes (teixos, bidueiros, buxos, aciñeiras, sobreiras, castiñeiros...) e de como debemos berrar moi alto a todos: NON PRENDAS LUME!!, para salvar as nosas árbores e os nosos bosques.

Os nenos e nenas de 6º de infantil e de 1º de primaria, que asistiron a esta sesión celebrada no noso centro o pasado 09 de abril, desfrutaron e participaron activamente con Anxo Moure que con contos, cantigas, xogos e "moita risa" bailou finalmente con eles dicíndolles: "Remataremos plantándonos todas e todos con forma de árbores a favor dos nosos bosques, transformándonos en nenas e nenos xinetes das árbores, esperanza dos bosques". 

 

TEATRO DE MONICREQUES: ANTÓN COMODÓN

O 3 de abril, todos os alumnos e alumnas de Educación Infantil foron ao Auditorio Municipal para presenciar o espectáculo de monicreques "ANTÓN, COMODÓN", representado polo grupo de teatro L´Estaguirot. Na obra cóntase a historia de Antón Comodón: "cando era neno na súa casa facíanllo todo, non facía falta que aprendera nada se el non quería. Cando medrou tiña un axudante, Nicolás, que era o encargado de facelo todo. Pero un día Nicolás pensou que xa tiña bastante diñeiro e marchouse...    

Antón non sabía vivir sen axuda: nin vestirse, nin atarse os zapatos, nin tan siquera comer só a sopa!!. Así pois deciciu empezar unha longa viaxe en busca de Nicolás, atravesando campos, cidades, lugares descoñecidos... Durante esta viaxe Antón foi aprendendo moitas cousas e cando por fin atopou a Nicolás, deuse de conta de que fora aprendendo tanto que era capaz de valerse por si mesmo..."

Esforzo, autonomía persoal e amizade son algúns dos valores que esta obra ensina aos máis pequenos que ademais desfrutaron coa estupenda posta en escea que captou en todo o momento a súa atención.

 

Aquí tedes máis información sobre a historia e a saborosa receita de xeados que Antón aprendeu a elaborar:

MARCOS PANTOJA AMIGO DO NOSO CENTRO

O pasado 16 de marzo fixemos no centro un pequeno acto, ao que estivo convidada toda a comunidade educativa, no que fixemos o apadriñamento de Marcos Rodríguez  Pantoja. Seguramente a maioría de vós coñeceredes a súa extraordinaria historia, o abandono por parte da súa familia, a súa vida durante 12 anos completamente só no monte, como foi coidado por lobos... Debido a súa precaria situación actual, por iniciativa da ANPA iniciouse a venda dun marcapáxinas para axudar a mellorar as súas condicións de vida.

Neste pequeno acto no que nos explicou a súa vida, foi agasallado cos traballos realizados polos nenos e nenas de cada grupo-clase, cos que xa estivera en días anteriores para contarlles a súa historia e transmitirlles o seu amor polos animais e polo coidado da natureza. 

Ao citado acto tamén estiveron convidados os medios de comunicación (xornais e televisión local) que quixeron facerse eco desta actividade. 

       NOVA NO XORNAL    LA REGIÓN 

 NOVA NO XORNAL    LA VOZ DE GALICIA  

NOVA NA TELEVISIÓN LOCAL   TELEMIÑO

No blog do proxecto de Voz Natura do noso centro tedes máis información e imaxes sobre Marcos e a súa historia e sobre o acto celebrado no colexio (premede no seguinte enlace ao blog) :

- MARCOS RODRÍGUEZ NO CEIP P. ALBINO NÚÑEZ

dkcgttsdfq

gykxggisn | CEIP PLURILINGÜE PROFESOR ALBINO NÚÑEZ
[url=http://www.gm1037r7v2yh547y7ikl8q2e3l1m6xf6s.org/]udkcgttsdfq[/url]
adkcgttsdfq
dkcgttsdfq http://www.gm1037r7v2yh547y7ikl8q2e3l1m6xf6s.org/

ENCONTROS 4X: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, entre outras actividades, propuxemos dentro dos Encontros 4X (4 XERACIÓNS) a nais e avoas da nosa comunidade educativa que viñeran ao noso centro a contar aos alumnos e ás alumnas a súa experiencia no mundo laboral, o traballo que desempeñaron, as súas dificultades, a desigualdade no trato recibido fronte ao traballo dos homes... Queremos dar as grazas a todas as nais que se acercaron ao centro ao longo do mes de marzo a compartir as súas experiencias cos cativos: Ana, Bárbara, Carolina, Esther, Flor, Isabel, Noelia, Paula, Sandra Lucía e Uxía e tamén a todas aquelas que, quixeron estar con nós pero que por falta de dispoñibilidade horaria a causa dos seus traballos ou cargas familiares non puideron facelo. 

No seguinte enlace ao blog do proxecto de Voz Natura do noso centro, podedes ver como resultou a experiencia e as conclusións extraídas da mesma:

- A VOZ DAS MULLERES

E na seguinte presentación podedes ver, como resumo do traballo realizado nas aulas, unha pequena mostra da exposición realizada sobre mulleres pioneiras que destacaron ao longo da historia:

 

OBRADOIRO DE POESÍA

O vindeiro 21 de marzo celebraremos un ano máis o DÍA MUNDIAL DA POESIA, data sinalada pola UNESCO para recordarnos que a "POESÍA É UNHA VENTÁ Á DIVERSIDADE EXCEPCIONAL DA HUMANIDADE". Ademais das actividades que, coma todos os anos organiza o Equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar, os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria participaron o pasado 14 de marzo nun obradoiro de poesía organizado polo Concello de Ourense chamado "OS NOSOS VERSOS-DÍA DA POESÍA".

Neste obradoiro, realizado no centro, os nenos e nenas traballaron a figura de María Victoria Moreno, autora a que se lle adica este ano o "DÍA DAS LETRAS GALEGAS   2018". A partir da lectura dalgún dos poemas desta escritora, os nenos foron coñecendo diferentes figuras literarias, a rima, a musicalidade dos versos...para logo interpretar por grupos os versos de María Victoria. 

 

     (Premede nas imaxes para acceder á galería de fotos)

No seguinte enlace ao blog da biblioteca do centro tedes máis información sobre a celebración desta data:

- DÍA DA POESÍA - A BIBLIOTECA DE LIBRÍN 

 

MONICREQUES: GARBANCITO NA BARRIGA DO BOI

  O grupo de monicreques "LA GOTERA DE LAZOTEA" puxo en escena a súa obra "GARBANCITO EN LA BARRIGA DEL BUEY" no Auditoiro Municipal de Ourense. Alí acudiron os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria o xoves, 15 de marzo, para  desfrutar con esta adaptación para monicreques do famoso conto tradicional de "GARBANCITO". 

A senopse da historia, extraída da páxina web deste grupo teatral é

a seguinte:   "Un contador de cuentos se ve obligado a vender chucherías para de esta manera atraer publico a quien contar sus historias. Apasionado por el cuento de Garbancito –de alguna forma el cuento le aporta esperanza a su propia existencia de la que el mismo piensa que es insignificante- siente además una enorme curiosidad de lo que le pudo haber ocurrido a Garbancito dentro de la barriga del buey. Una vaquera a la que encuentra en el camino de un pueblo a otro conoce esa parte de la historia".

Na historia, que encantou e divertiu aos máis pequenos, mesturábanse diálogos, música e cancións, como a coñecida: "Pachín, pachán, pachón, a garbancito no piséis..."

 

INTERNET SEGURA FOR KIDS: IS4K

INTERNET SEGURA FOR KIDS (IS4K) é o CENTRO DE SEGURIDAD EN INTERNET PARA MENORES EN ESPAÑA posto en marcha polo INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridad) co obxectivo de promover un seguro seguro e responsable de Internet e das novas tecnoloxías entre nenos e adolescentes. As principais tarefas que desenvolve son:

  • Sensibilizar e formar a través do desenvolvemento de campañas,iniciativas e programas de ámbito nacional.
  • Ofrecer un servizo en liña de axuda.
  • Organizar o Día da Internet Segura.
  • Reducir a posibilidade de contido criminal en internet. 

O pasado martes, 27 de febreiro, participamos no centro nunha das súas actividades de formación: Xornadas Escolares para un uso seguro e responsable da rede. Esta actividade implicou tanto a alumnos e alumnas coma a profesores e profesoras.

- Os alumnos de 6º de primaria (divididos en dous grupos) aistiron a un taller totalmente práctico con actividades deseñadas para traballar con dinámicas de grupo que fomentaron a súa reflexión e a aús participación. Como exemplo, unha das actividades realizadas: "Que APPS merecen a pena?, onde traballaron con fichas sobre diferentes appps e debateron sobre a seguridade ou non de instalar cada unha delas, valorando a necesidade da súa instalación, as  súas funcionalidades, os permisos que solicita ...

- O profesorado asistiu tamén a unha actividade de formación fóra do horario lectivo traballando sobre unha unidade didáctica: "CONTROLA A TECNOLOXÍA", que versaba sobre a protección de dispositivos e servizos online, a xestión de contrasinais, opcións de seguridade e protección fronte a aplicacións potencialmente perigosas.   

(Premede nas imaxes para acceder á galería de fotos)

Deixámosvos uns enlaces á páxina de IS4KIDS onde podedes consultar información sobre as actividades que desenvolve este centro:

 is4kids

- Ferramentas de control parental 

- Guía para familias

- Guía para alumnos 

Aquí tamén tedes máis información sobre o seu servizo de axuda: 

 

Powered by Drupal - Design by artinet