Curso 2019-20

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2020/21

Do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020 está aberto o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e para solicitar axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2020/2021. Nos seguintes enlaces tedes toda a información:

- Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar  (DOG do 19-05-2020)

 - Resumo/información ás familias   

FondoLibros

- Acceso á aplicación FondoLibros

- Impreso de solicitude 

- Enlace á sede electrónica da Xunta de Galicia  

Recordade que estas axudas son para o alumnado de primaria e secundaria (non está incluído o alumnado de educación infantil).

O horario de atención na secretaría do centro será de 9:30 h. a 13:30 h.

 

CONTAMOS DENDE A CASA - LETRAS GALEGAS 2020

Na seguinte presentación xa podedes ver e escoitar as historias que dende as súas casas nos contan os nenos e as nenas nesta celebración tan atípica do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.  Esperamos que vos gusten!!

Premede no símbolo  para pasar as diferentes páxinas e logo facede clic no título de cada conto para visualizalo.

#MOLACARVALHO

Damos as grazas a todas as familias e restantes membros da nosa comunidade educativa que se sumaron unha vez máis a unha das nosas iniciativas: a de rendir o noso pequeno homenaxe a RICARDO CARVALHO CALERO, autor ao que se lle dedicou este ano 2020 o DÍA DAS LETRAS GALEGAS e que, por culpa das circunstancias actuais, celebramos dende as casas.

Destacar que o hastag máis usado foi "#aspitasbaixoachoiva", en referencia ao conto do mesmo título que escribiu Ricardo Carvalho, no que narra lembranzas da súa nenez na aldea.  

SOLICITUDE DE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

 INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA A UTILIZACIÓN  DOS SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DE COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021

 

COA FINALIDADE DE PODER ORGANIZAR OS SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 ÁBRESE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE DITOS SERVIZOS.

 TODO O ALUMNADO TEN QUE PRESENTAR NO CENTRO ESTA SOLICITUDE.

Prazo de presentación de solicitudes:

DENDE O DÍA 11 ATA O DÍA 29 DE MAIO DE 2020,

ÁMBOLOS DOUS INCLUÍDOS.

  HORARIO DE ATENCIÓN ADMINISTRATIVA: 9:30 h a 14:00 h

No seguinte enlace tedes o modelo de solicitude que tedes que presentar:

-MODELO DE SOLICITUDE SERVIZO DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020/2021

NOTIFICACIÓN ÁS FAMILIAS: AVALIACIÓNS 3ª E DE FINAL DO CURSO

Á vista das últimas instrucións publicadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional o 27 abril, emitimos o seguinte comunicado informativo sobre a avaliación do terceiro trimestre e avaliación final do curso 2019-2020:

 

Podedes consultar o documento anterior, tamén en pdf:

- Comunicado ás familias

Premendo na seguinte imaxe podedes consultar o texto completo das instrucións da Consellería do día 27 de abril:

 

 

LETRAS GALEGAS: CONTACONTOS DE SABELA GAGO

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, a actriz e gran contadora de contos Sabela Gago envíounos outra historia para todos os pequenos e pequenas do colexio: DEZ ERAN DEZ, de Xoán Babarro.  

E outra sorpresa: ideas para facer xoaniñas coma as que aparecen no conto anterior!
   
GRAZAS UNHA VEZ MÁIS SABELA POLO TEU AGASALLO!!

LETRAS GALEGAS 2020

EquipdDinamización dLinguGalega

 Día das Letras Galegas 2020- Ricardo Carballo Calero

Para celebrar o Día das Letras Galegas propoñémosvos unha actividade para realizar nas vosas casas. Buscade unha camiseta que xa non usedes nos vosos armarios e estampade nela, co, Hagstag # diante, unha palabra, frase, título do conto, debuxo… da bibliografía de Ricardo Carballo Calero, o escritor homenaxeado este ano.

Por exemplo: #Carballo, #Calero#CatrotroPezas, #Scórpio,….

Podedes buscar na Internet información sobre o escritor e poñer a palabra, frase,

debuxo... que máis vos guste, e estampala na vosa camiseta.

Animádevos a compartir as fotos connosco e co resto dos compañeir@s.

Correo electrónico: albinogalego14@gmail.com   Grazas de antemán pola vosa   

colaboración.

Tedes de prazo ata o 20 de maio para mandar as vosas fotos!! 

NOVAS INSTRUCIÓNS

Publicamos as novas instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en relación co restablecemento do procedemento de admisión de alumnado para o curso académico 2020-2021 e sobre a presenza dos equipos directivos e doutro persoal nos centros educativos.

Premede na imaxe para acceder á información:

APADRIÑAMENTO LECTOR NA CASA

Queremos dar as grazas a tod@s pola vosa participación na actividade "APADRIÑAMENTO LECTOR NA CASA" que convocamos con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DO LIBRO, o pasado 23 de abril.

Aquí vos deixamos o vídeo co resumo das imaxes. E o máis importante, non esquezades que TODOS OS DÍAS TEN QUE HABER UN MOMENTO PARA A LECTURA NA CASA!!

MENÚ PARA O CONFINAMENTO

MENÚ PARA O CONFINAMENTO

Xa que durante estas semanas non podemos estar xuntos no comedor, aquí vos deixamos un menú para alimentar non o corpo, senón a mente e o corazón.

-Primeiro prato: sopa de ánimo. Sabemos que a vosa favorita é a de estreliñas, pero durante este tempo, en vez de comelas imos saír cada noite ao balcón, á terraza ou á fiestra para ver estreliñas fermosas cinco minutos antes de deitármonos.

-Segundo prato: patacas fritas con filete de solidariedade e leituga. Solidariedade para axudarlles a nosa nai e ao noso pai nas tarefas da casa, para que eles poidan seguir atendendo as súas responsabilidades. Tamén temos que ser solidarios cando eles están tristes ou  preocupados polo seu traballo, ou cos avós cando están inquedos por medo a enfermar, ou cos irmáns cando precisan silencio para estudar.

-Sobremesa: a torta de chocolate da avoa, ou do avó. Se os nosos avós viven connosco, podemos cociñar con eles este prato. E se residen noutro lugar, e non podemos  visitalos ata que remate o confinamento, temos que buscar e ensaiar a receita para que, cando poidamos ir a súa casa ou á residencia na que viven, lles levemos este doce.

Este menú queremos servilo coas mensaxes de cariño, e de esperanza dos membros do equipo do comedor escolar.

Bo proveito queridos nenos e queridas nenas.

Powered by Drupal - Design by artinet