Curso 2021-22

UN PASEO POLA CIDADE

O alumnado de 5º de educación infantil participou ,o mércores día 15, na actividade "Pasea pola túa cidade", organizada polo Concello.

Consistiu nunha visita guiada, da man de Martiño -a mascota da cidade- ás Burgas, Praza Maior e Catedral. Os nenos e nenas coñeceron un pouco da historia da nosa cidade, que se asentou no entorno das Burgas.

Posteriormente na Praza Maior viron o Concello e as bandeiras e finalizaron coa visita exterior das tres torres e as tres portas de acceso da Catedral.

Despedímonos de Martiño e dos monitores na escalinata da Praza de San Martiño.


Deixamos unha mostra nas seguintes fotografías.

 

XORNADA DE LECER EN MARCELLE DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

O alumnado de Educación Infantil gozou dun marabilloso día no Parque de Marcelle, en plena natureza, o pasado martes 7 de xuño.

Unha viaxe en bus que xa foi unha experiencia para algúns. Un pouco longa , si, pero á que todos e todas se enfrontaban con moitísima ilusión.

Alí fomos recibidos polos monitores e, xa distribuidos en grupos,comezaron a visita.

As profes reunímonos con eles á hora estipulada para o xantar. Foi o momento para repoñer forzas cos apetitosos bocatas que nos prepararon no colexio. E, ao rematar, un tempo de xogo e continuación da visita...

Antes de despedirnos fixemos as típicas fotos de grupo e repuxemos forzas novamente (auga e froita para os máis famentos) para emprender a viaxe de regreso.

Os nenos e nenas viñan entusiasmados, alborotados, encantados da experiencia, pero agotados, tanto que o cansanzo puido con moitos deles e quedaron durmidos ao pouco de emprender o camiño de volta. Un día inesquecible.

Que non teñamos que pasar outros dous anos sen saídas didácticas!!!

Esperamos que disfrutedes vendo as fotos que a continuación presentamos.

 

 

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO COLE

 

Para conmemorar o Dia das Letras Galegas fixemos os CARTEIS SOBRE O AUTOR que xa vistes nunha entrada anterior, pero iso non foi todo.

Ao longo dalgúns días escoitabamos música en galego no patio e á volta da ponte tivemos a actividade APADRIÑAMENTO LECTOR, no que se xuntaban os distintos cursos por grupos, un curso alto cun curso baixo, para que os nenos e nenas se leran uns aos outros diferentes textos en galego.

Actividade que a todos e todas lles gustou moito.

Outra das actividades propostas foi que quen quixera trouxera unha camiseta con VERBAS EN GALEGO. 

Menuda aceptación tivo a proposta, miraras para onde miraras podías ler en galego.

Deixámovos aquí un pequeno vídeo dese día.

 

Proxecto: Vermes de seda

Un bo día unha nena dunha clase de 5 anos trouxo unha caixiña con…

VERMES DE SEDA!

 En canto os vimos decidimos que queríamos saber cousas sobre eles, así que

comezamos a nosa investigación!!!

 Cando o rematamos o profe Fernando fixo este video tan chulo!

 “MOITAS GRAZAS, PROFE-MAGO”!!!

 PREME NA IMAXE

 

Excursión de 5º ao Parque Natural Marcelle en Outeiro de Rei

O alumnado de 5º foi de excursión ao parque zoolóxico Marcelle  Natureza onde aprenderon moitas cousas sobre os animais que viven alí.

PREME NAS IMAXES PARA VELAS MÁIS GRANDES

Excursión de 3º e 4º a Lalín de visita na CASA DO PATRÓN

 O alumnado de 3º e 4º foi de excursión a Lalín á Casa do Patrón

 PREME EN CADA IMAXE PARA VELA MÁIS GRANDE

PARQUE INFANTIL DE TRÁFICO

 

O alumnado de 6º curso de Educación Infantil participou o martes día 31 de maio nesta actividade que ten como finalidade proporcionar educación viaria, xa que o tráfico é unha realidade de gran importancia polas tráxicas repercusións tralos accidentes - como peóns, condutores ou viaxeiros-, que se producen diariamente.

Da man de Fina Lage e dos monitores Andrés e…., o alumnado recibiu unha clase teórica na que aprenderon o significado dos sinais de tráfico e a importancia de respectalos.

Primeiramente realizaron un recoñecemento a pé do circuito acompañados dos monitores, que lles facilitaron a aprendizaxe das normas necesarias para percorrelo despois cos distintos vehículos.

De seguido, circularon coas súas bicicletas, patinetes, motos…tratando de aplicar, esta vez como condutores, todo o aprendido nas explicacións previas.

E remataron a actividade coa presenza dos corpos de seguridade que interveñen nos sinistros de tráfico: policía local, bombeiros, ambulancia e protección civil.

Todos disfrutaron enormemente coas explicacións dos axentes que, con moita paciencia, fixeron aos nenos e nenas partícipes da situación deixándolles subir aos vehículos, accionar as sirenas, portar a súa indumentaria, accionar algunha das ferramentas…

Unha experiencia lúdica do máis divertida, á que posteriormente sumáronse os seus compañeiros e compañeiras de 4º e 5º de infantil.

Unha mañá chea de emocións!!!!!

 

 

HORARIO COMEDOR E SAÍDAS NO MES DE XUÑO

 

 HORARIOS COMEDOR E TRANSPORTE PARA O MES DE XUÑO

Powered by Drupal - Design by artinet