Actividades

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS DE DESPOIS DE XANTAR 2015-16

Xa podedes descargar o impreso para a solicitude das actividades complementarias de despois de xantar.

A maioría das actividades son ofertadas e organizadas pola ANPA do centro.

Hai unha ampla variedade: pintura, teatro, percusión e gaita, karate, patinaxe, informática, baile moderno, natación, xadrez, inglés...

(Preme na imaxe para ver ou imprimir o folleto coa selección das actividades a escoller)

MERCADILLO SOLIDARIO

A ANPA do noso centro quere dar as grazas a todas as persoas que o pasado 19 de abril se acercaron ao colexio para participar na xornada de convivencia e /ou no mercadillo solidario. Este mesmo agradezemento tamén o expresan os rapaces/zas de 6º curso que contaron cun posto, onde vendían augas e refrescos, para recadar fondos destinados á excursión de final de curso que van realizar no fin de semana do 1 ao 3 de maio.

 

 

 

GRAZAS A TODOS

POLA VOSA

PARTICIPACIÓN !!

 

 

 ESPERAMOS SEGUIR CONTANTO COA VOSA COLABORACIÓN EN FUTURAS EDICIÓNS NO VINDEIRO CURSO!!!

MERCADO SOLIDARIO

O día 01 de maio a ANPA do centro realizou un mercado solidario para recadar fondos destinados ao banco de alimentos "OPERACIÓN QUILO... NO COLE", banco destinado a axudar, na medida do posible, a cubrir as necesidades básicas das  familias dos alumnos con menos recursos económicos. 

O mercado realizouse no patio do colexio e contou con 28 postos de venta do máis variado: roupa, calzado, tartas e postres, manualidades, bisutería, decoración... Tamén houbo un xantar polo módico prezo de 5 euros. 

A ANPA - CEIP Profesor Albino Núñez quere agradecer a colaboración de todos e anímanos a seguir sendo solidarios...          A OPERACIÓN QUILO... NO COLE... CONTINÚA .

 

MERCADO SOLIDARIO

Por segunda vez neste curso, a ANPA do centro vai celebrar o seu "MERCADO SOLIDARIO" o próxima día 1 de maio nas pistas exteriores do noso centro. Consulta o documento adxunto para ter toda a información sobre o mesmo.

 

Powered by Drupal - Design by artinet