Curso 2020-21

OBRADOIRO DE COEDUCACIÓN E IGUALDADE

O 12 de abril, os alumnos e alumnas de 4º de primaria, participaron nun obradoiro sobre COEDUCACIÓN E IGUALDADE promovido polo Concello de Ourense co fin de favorecer a coeducación e a promoción da igualdade de oportunidades. O obradoiro foi impartido por Paula Sánchez, psicóloga especialista en igualdade. 

"Existe unha profunda necesidade de iniciar a coeducación nos primeiros anos da vida da infancia e a mocidade,  avaliando como se adquiren os roles e estereotipos de xénero, os factores que inflúen na sua aprendizaxe, así como o papel que para a infancia xogan os modelos de adquisición de valores.
Os obradoiros estarán adaptados a cada idade, traballando conceptos de corresponsabilidade, eliminación de estereotipos, formas de desigualdade, formas de violencias sexistas…
 
Sensibilización e formación na que se abordarán os estereotipos de xénero, sexismo, modelos de convivencia que fomentan a desigualdade e que recibimos tanto no ámbito familiar como dos modelos sociais." (sinopse extraída da páxina de Educación do Concello de Ourense). 
 
Ao longo da hora e media que durou o obradoiro os alumnos e alumnas reflexionaron (por exemplo, que vería un extraterrestre ao chegar ao noso planeta?),  interviñeron coas súas dúbidas, aportacións e comentarios sobre os estereotipos e como se transmiten os valores tradicionais (que pasa cando nace un neno ou unha nena, sen que a familia saiba previamente o seu sexo e llo presenten vestido de rosa ou azul?), chegaron a conclusións interesantes sobre a melloría na inclusión de todo o alumnado durante este curso escolar, coas limitacións sobre o fútbol debido ao Covid e finalmente manifestáronse moi positivos ao respecto. 
 
 

AXUDAS DO CONCELLO DE OURENSE CURSO 2021-22

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense do día 12 de abril de 2021 saiu publicado o extracto da convocatoria para a concesión de Axudas para a adquisición de libros de texto, material escolar e para comedores escolares para o curso 2021/2022.             

Convocatoria realizada polo Concello de Ourense e destinada a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo do Concello de Ourense, que teñan nenos e nenas ao seu cargo escolarizados en centros públicos ou concertados de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria do Concello de Ourense, nos que non se segregue aos alumnos/-as por sexo.            

O prazo de presentación das solicitudes abrangue dende o 13 de abril ata o 03 de maio, ambos incluídos.                               

Os requisitos destas axudas ríxense polas bases reguladoras fixadas no Boletín Oficial publicado o 25 de maio de 2019.     

Nos seguintes enlaces podedes acceder a toda a información:

 

 -- Boletín Oficial da Provincia do 25 de maio de 2019                                     (bases reguladoras das convocatorias anuais) 
-- Boletín Oficial da Provincia do 12 de abril de 2021
 - Resumo das bases reguladoras

Na páxina web do Concello, na área de Asuntos Sociais, tedes máis información:

- ÁREA ASUNTOS SOCIAIS (CONCELLO DE OURENSE)

As solicitudes poden presentarse electronicamente:

- SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DE OURENSE 

Ou de forma presencial nos seguintes lugares:

- Oficina de Información Cidadá (Praza Maior, 1)

- Oficinas Municipais de Bispo Carrascosa, 8

- En todas as UNIS (Unidade Interdisciplinar de Intervención Social) de Benestar Social

Recordade que as axudas do Concello de Ourense para libros de texto e material escolar son para o alumnado de educación infantil.

SESIÓN DE CONTACONTOS: EL ÚLTIMO ÁRBOL

O noso amigo Cardio, ademais de facernos pasar uns estupendos momentos durante a súa esperada visita, trouxonos outro agasallo: un contacontos para todos os nenos e as nenas de infantil. Dende logo, foi unha mañá chea de sorpresas para os máis pequenos do cole!!

A historia: EL ÚLTIMO ÁRBOL, de María Quintana Silva, foi a que escoitaron e na que participaron activamente cun baile final. 

O medio ambiente é o protagonista desta historia: "o seu coidado e defensa é tamén fundamental para poder levar unha vida saudable", nos dixo Cardio.

Para coñecer máis detalles desta actividade, premede na imaxe que vos enlazará co blog da biblioteca escolar. 

VISITA DE CARDIO

O pasado 6 de abril recibimos no cole a esperada visita de CARDIO (como xa sabedes, a mascota do programa SI!, programa  que levamos a cabo no centro).

Cardio foi recibido, en 3 sesións diferentes, polos nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos. No patio de entrada, colocado  cada grupo en liña, enfrontados e cunha distancia entre grupos de 4 ou 5 metros, Cardio  saltaba, corría, saudaba aos nenos e ás nenas e bailaba ao son da música, incitando a todos a moverse como el. O monitor que o acompañaba explicoulles a importancia de coidar o corazón comendo moita froita e verdura, asi como facendo deporte. Despois, Cardio repartiulles un agasallo: unha bolsiña con 4 gominolas que, aínda que podan parecer pouco saudables, están feitas con zume de froita natural 100% .Finalmente retratouse con  cada grupo e despediuse ata o vindeiro ano pedindo a todos os nenos e nenas o compromiso de protexer e coidar cadanseu corazón.

Catro nenas de 5 anos entregáronlle uns debuxos que lle fixeron como agradecemento en canto souberon que viría facernos a visita. 
Tamén estiveron presentes as cámaras de TELEMIÑO facendo unha pequena gravación que se emitirá na TV. 

O alumnado de 3 anos mostrouse moi sorprendido ante o tamaño de Cardio e, como cabía esperar, expectante e comedido. Os demais grupos, nerviosos, pero moi participativos porque xa son coñecedores deste experiencia. Todos gozaron un montón. Foi un "alborotado" día de regreso ao cole despois das vacacións.

UN CONTO ESPECIAL

Transcribimos un dos últimos comunicados da FUNDACIÓN SHE que, a través dun conto, nos fala da importancia dos pequenos cambios que poden xerar un gran impacto:

"Sara, Hugo e Elvira viven a súa vida sen ser conscientes da influencia que as súas accións, pensamentos e emocións poden chegar a provocar noutras persoas.

E é que, ás veces, unha decisión que se vai cociñando durante un tempo, un pensamento que nos ronda a cabeza ou unha conversa que tiñamos pendente, ocorren e xa non podemos parar a cadea de marabillosos sucesos que os seguen.

Así é o cambio de hábitos e así é o coidado da nosa saúde, aparentemente individual, pero enormemente social.

Isto é o que quixemos recoller neste novo conto, inspirado nos valores e metas da Fundación SHE no que puxemos o cariño e o coñecemento do equipo, coa intención de reflectir a importancia do contorno e a sociedade, no voso caso do ambiente escolar.

Animámosvos a seguir traballando pola promoción da saúde no alumnado, no profesorado, nas familias e no centro, como comunidade, nun momento no que a prevención dunha enfermidade cobra tanto protagonismo."

Alimentarnos de forma saudable, realizar actividades física acotío e aprender a identificar e xestionar as nosas emocións son as claves para nos manter fortes e estables nun momento no que nos precisamos sans e positivos. E coa axuda do grupo estes cambios son máis doados de conseguir.

 

Enlace ao conto:

- SARA, HUGO E ELVIRA  

 

PROGRAMA SI! CURSO 2020-21

Un ano máis seguimos traballando co PROGRAMA SI! que, como xa todos sabedes, promove a fundación SHE do doctor FUSTER. 

Nas seguintes liñas a Fundación Si! recordanos os fundamentos do programa: 

O Programa SI! nace cuns piares robustos, que o levan a ser hoxe un programa de promoción da saúde integral, sólido, efectivo e ben valorado:

 

A súa sólida base científica levounos a realizar estudos cos que validar a súa eficacia en cada unha das etapas nas que intervén, nos que se están obtendo resultados positivos.

centro da intervención é a promoción do coidado do corazón no  alumnado, favorecendo non só a súa interiorización desde a teoría (coñecemento), senón tamén promovendo o desenvolvemento dunha visión positiva e activa da saúde persoal (actitude), e desenvolvendo uns comportamentos saudables no seu día a día (hábitos).

Para conseguilo sabemos que é imprescindible a colaboración e unidade dos diferentes contextos e persoas que os acompañan, polo que para conseguir un cambio xeneralizado e permanente nos seus hábitos de vida intervimos en catro niveis diferentes e interconectados:

  • aula, con materiais didácticos elaborados para seren utilizados de forma transversal desde diferentes áreas.*
  • profesorado, ao que se lle ofrece unha formación voluntaria e acreditada sobre a promoción da saúde cardiovascular.
  • ambiente escolar, para acadar un cambio permanente na identidade do centro.
  • As familias, para a súa sensibilización e maior coñecemento sobre a saúde e a xeneralización dos novos hábitos de vida máis aló do centro educativo.  

Que contidos se traballan?

A ciencia médica demostrounos que a saúde do corazón depende en boa medida de termos uns hábitos de vida saudables que teñen moito que ver cos tres compoñentes que se traballan no Programa SI!:

  • Alimentación saudable: que, como e canto comemos.
  • Vida activa: canto e como nos movemos.
  • Factores de protección ante o consumo de substancias: que sentimos e como o xestionamos. 

 

VISITA VIRTUAL Á EXPOSICIÓN: GALICIA, DE NÓS A NÓS

O pasado 9 de marzo, os alumnos e as alumnas de 5º de primaria realizaron unha visita virtual á exposición: "GALICIA, De Nós a nós". Como moitos de vós saberedes o pasado ano celebrouse o centenario da publicación do primeiro número da REVISTA NÓS. "A revista pretendía reinvindicar a cultura propia de Galicia a través do estudo científico e da creación literaria, superando os tópicos e o descoñecemento. Os traballos publicados en Nós serviron para establecer as bases da identidade cultural do noso país e para normalizar o uso do galego. A lingua é un dos elementos vertebradores de Nós, xa que a revista está integramente escrita en galego, desde os estudos científicos ata os anuncios publicitarios" (sinopse extraída da páxina web "revistanos.galiciana.gal").

Premede na imaxe superior para acceder ao blog da nosa biblioteca onde tedes toda a información da actividade. 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: A MULLER NO DEPORTE

Este curso quixemos adicar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, que se celebra cada 8 de marzo, a destacar a figura da MULLER NO DEPORTE .

Para iso, despois de realizar nas diferentes aulas carteis sobre deportistas famosas e de expoñelos nun gran panel conxunto, e  para concienciar aos nenos e ás nenas das dificultades con que se atopan tamén as mulleres no deporte, recibimos no colexio (o propio día 8) a visita de deportistas da nosa localidade, algunhas incluso antigas alumnas do noso centro. 

Para coñecer máis datos desta actividade e visualizar as imaxes da mesma, premede nos seguintes enlaces:

- Blog VIDA ACTIVA E SAUDABLE NO ALBINO NÚÑEZ 

- Blog  A BIBLIOTECA DE LIBRÍN 

NOTIFICACIÓN POR POSITIVO

 

 

NOTIFICACIÓN ÁS FAMILIAS

COMUNICACIÓN SOBRE POSTA EN CORENTENA DE ALUMNADO DO CENTRO

O resultado positivo por COVID dun/unha alumno/-a do centro fixeron á autoridade sanitaria tomar a decisión de poñer en corentena a todos/-as os/as compañeiros/-as e o/a titor/-a da aula á que pertence.

Foron postas en corentena un total de 17 persoas (16 alumnos/-as e o/a titor/-a do grupo). A corentena estará activa dende o día 3 de marzo de 2021 ata o día 13 se ao/á confinado/-a se lle realiza unha PCR e dá resultado negativo, ou ata o día 18 se non son citados para a realización da PCR.

Todo o demais alumnado e persoal do centro seguirá asistindo ao mesmo con normalidade, Aprovéitase a ocasión para reiterar que se respecten escrupulosamente as normas ditadas no Plan de Adaptación á situación Covid-19 no curso 2020/21 e así evitar posibles contaxios.

Calquera aclaración poden solicitala poñéndose en contacto telefónico co centro, evitando acudir sen cita previa ao mesmo. Dado o estado de crise sanitaria na que nos atopamos entra dentro do posible este tipo de situacións, coas que temos que convivir.

 

Powered by Drupal - Design by artinet