Curso 2021-22

NOVA PARVA ENXEBRE: BOCATA DE XAMÓN

Hoxe tocou outra gran parva enxebre:

BOCATA DE XAMÓN

Que bo estaba!!!

 

Hoxe tocou outra parva enxebre: Empanada

Hoxe tocou empanada para seguir coas parvas enxebres conmemorando o Día das Letras Galegas.

Estaba boísima, mirade que ben a comeron.

 

 

Conmemoración do Día Mundial contra o Acoso Escolar

 

O 2 de maio conmemórase o Día Mundial contra o Acoso Escolar.

E no colexio queremos aportar o noso gran de area para concienciar ao alumnado da importancia que ten que eviten estas condutas.

Para iso non só temos en conta o Día da conmemoración, senón que en 5º e 6º de primaria establecemos neste trimestre a lectura de dous libros que lles axudarán a reflexionar sobre o tema, ver como se senten as dúas partes e converterse en persoas con CERO TOLERANCIA CO ACOSO ESCOLAR.

 En 5º de primaria visionaron a película WONDER coa finalidade educativa de ver como se sente un neno/nena que sofre o Acoso Escolar por parte dalgúns dos seus compañeiros/as e a posteriori están lendo o libro titulado WONDER - La historia de Julian de R. J. Palacios. Neste caso acércanse aos pensamentos do rapaz acosador.

 En 6º de primaria están lendo o libro INVISIBLE de Eloy Moreno. Este libro acércaos ao Acoso Escolar dende varios puntos de vista, para provocar neles a reflexión sobre a repercusión que ten o acoso en todas as  persoas implicadas, pero sobre todo na persoa que o sofre constantemente.

 

Agardamos que con estas lecturas, as reflexións e os debates, consigan ver o terrible que é para un rapaz ou rapaza sufrir ese acoso constante e en consecuencia evitar as condutas de acoso ao mesmo que tempo que se conciencian da importancia de denuncialo se son coñecedores dun acoso a calquera compañeiro/a.  

 

 

DÍA DAS RAPAZAS NAS TIC

 

 

Hoxe, 28 de abril, celébrase o Día das Rapazas nas TIC (Girls in ICT Day), por este motivo, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria gozou dun coloquio virtual organizado polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e a Consellería de Emprego e Igualdade.

O Día das Rapazas nas TIC é unha celebración a nivel internacional promovida pola ITU (Unión Internacional de Telecomunicacións), orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das tecnoloxías para o seu futuro desenvolvemento académicoinvestigador e profesional.

Xa que na actualidade hai unha infrarrepresentación da muller no sector tecnolóxico, é fundamental dar voz a referentes da nosa terra neste sector, mulleres que están traballando ou investigando neste eido, para acercar a súa realidade ás e aos estudantes, tanto rapazas como rapaces, dun xeito próximo e ameno.

Neste encontro, puideron escoitar e interactuar a través dunha rolda de preguntas e comentarios con catro tecnólogas galegas:

Laura Martínez Calvo, Edita de Lorenzo, Dhaunae de Vir e Lucía Ardao.

 

Preme na ligazón para acceder a máis información sobre estas mulleres e sobre o evento.

https://e-learning.cesga.es/ictgogirls/

 
   

 

    

 

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS

O alumnado de 3º e 4º de primaria tivo a oportunidade de participar no OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILOS - PUPAS, SUSTOS E OUTROS DESGUSTOS.

Neste obradoiro, que foi impartido por profesionais de enfermaría,  tiveron a ocasión de aprender unhas nocións básicas de primeiros auxilios. 

A actividade desenvolveuse en 3 sesións de dúas horas cada unha e constaban dunha parte teórica con contido audivisual e unha parte práctica. Os rapaces e rapazas trouxeron un peluche que converteron en paciente para practicar as técnicas que lles ensinaban.

Unha actividade que nos parece moi importante para que saiban actuar ante pequenos problemas como feridas ou queimaduras, pero tamén ante situacións máis compexas.

SEGUIMOS CO EXPURGO

Seguimos cos cambios na biblioteca. Agora xa estamos co expurgo dos libros de narrativa e ao mesmo tempos estamos adaptando a catalogación á CDU actual.

   

Expurgamos, organizamos, gardamos ata ver cal vai ser o seu uso

LIBROS EXPURGADOS PREPARADOS PARA SER APADRIÑADOS 

Libros recatalogados preparados para a pegatina protectora

 

CONMEMORAMOS O DÍA DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

O día 2 de abril conmemorábase o Día de Concienciación sobre o autismo e no colexio tamén quixemos concienciar ao noso alumnado. Saimos todos ao patio para formar o símbolo do infinito, ler un manifesto e máis actividades que podedes ver no seguinte vídeo.

 

CAMBIOS NA BIBLIOTECA

 

Neste curso decidimos reorganizar os fondos da biblioteca para facer a busca de libros máis sinxela e intuitiva e, unha vez postos a revisar os fondos, de paso tamén estamos facendo un expurgo quitando aqueles libros que xa son moi antigos ou están en mal estado.

Comezamos pola sección de consulta, na que organizamos os libros por temáticas atendendo á CDU.

Mirade que chulo nos quedou o recuncho de consulta.

 

 

TEMOS PREMIADA E DIPLOMADOS NO COLEXIO!

 

O alumnado de 3ºA e 3ºB participou no concurso de debuxo relacionado co tema "Un feliz viaje por la vida"  promovido pola Asociación  POR ELES T.E.A. de Ourense, para dar visibilidade e sensibilizar poboación en xeral sobre o Trastorno do Espectro Autista.

O concurso consistía en realizar un debuxo ou un breve relato, onde o alumando podía plasmar o significado que ten para él ou ela, a felicidade.

Como premio podían conseguir unha tablet.

A gañadora da tablet foi: MARISA BOÁN polo seu debuxo,  e os e as demais participantes da clase recibiron un diploma.

 

 

 

 

  

 PODES VER AS IMAXES MÁIS GRANDES SE PREMES NELAS

Powered by Drupal - Design by artinet