A BIBLIOTECA DE LIBRÍN

CREACIÓN DE POEMAS EN FAMILIA

Despois de varias manualidades en familia queremos propoñervos desta volta unha actividade de creación literaria.

Que vos parece xuntarvos en familia e crear un poema?

AGARDAMOS AS VOSAS CREACIÓNS!

 

CONMEMORAMOS O DÍA DE ROSALÍA

 

 

Deixámosvos aquí as actividades que se realizaron polo DÍA DE ROSALÍA en 6º de Educación Infantil

 

Polo día de Rosalía temos CALDO DE GLORIA

 

Hoxe celebrouse o DÍA DE ROSALÍA e no comedor tamén quixeron homenaxear o seu día cun menu especial: O CALDO DE GLORIA. Que rico estaba!

 E para que os nenos coñezan os ingredientes tiñan na mesa o manteliño coa receita!

QUEDA AQUÍ TAMÉN UNHA MONTAXE COAS FOTOS DO DÍA

AS CARAUTAS DO ENTROIDO

Deixámosvos aquí as fotos coas carautas que creastes nos fogares para decorar a entrada do colexio.

MENUDAS OBRAS DE ARTE!!

Moitísimas grazas a todos e todas por participar.

   
   
   

CELBRAMOS O ENTROIDO

 

Nas seguintes imaxes podedes ver como se celebrou ou Entroido no centro.

Durante a semana fomos seguindo os MANDADIÑOS DO MECO e os nenos e nenas de 1ºA amósanvos como nos tocou disfrazarnos.

E o venres chegou o día máis esperado. A celebración do ENTROIDO seguindo a temática do MUNDO DA MÁXIA. 

    

   Unha vez feitas as fotos dos distintos grupos comezamos co tradicional DESFILE polo patio.

 

Como en todo DESFILE que se precie, non podía faltar a MÚSICA e para iso contamos coa CHARANGA LIKOR-K grazas á COLABORACIÓN DA ANPA.

 

PREPARANDO O ENTROIDO

 

XA ESTÁ O ENTROIDO Á VOLTA DA ESQUINA E TEMOS QUE PREPARNOS.

DEIXÁMOSVOS AQUÍ A INFORMACIÓN RELATIVA AO DESFILE DO ENTROIDO E Á INICIATIVA DE CREACIÓN DE CARAUTAS PARA DECORAR O COLEXIO.

AGARDAMOS QUE AS ACTIVIDADES SEXAN DO VOSO AGRADO!

    

TAMPOUCO PODEN FALTAR OS MANDADIÑOS DO MECO


REAPERTURA DO QUIOSCO CON NOVA IMAXE

 

Dentro das propostas de mellora da biblioteca recollérase o pintado do quisco que está no patio, para poder abrilo nos recreos e ofrecer ao alumnado que non ten o seu tempo de lecer na biblioteca a oportunidade de coller libros e revistas para ler no patio.

Iniciativa pola que moitos xa estaban agardando.

Bueno, pois misión cumplida. O quiosco está pintando e xa se poden coller revistas e libros nos recreos de luns a xoves.

OBRADOIRO DE MAXIA

 

Este curso estamos levando a cabo un proxecto de maxia na escola

 Estas son as fotos do obradoiro "Magic School" no que o alumnado  aprende xogos de maxia ao mesmo tempo que practica  inglés.

  

Esta actividade forma parte do Programa Plurilingüe do colexio e conta coa colaboración do Mago Chirleta, o profesorado de educación artística e a auxiliar de conversa.     

CIRCUITO: RODANDO CARA A PAZ

 

Para seguir conmemorando o DÍA DA PAZ, fixemos un circuito que chamamos RODANDO CARA A PAZ.

No patio preparáronse dous circuitos, un para infantil e outro para primaria. A actividade consistía en percorrer o circuito en parellas onde un dos membros se montaba nunha plataforma con rodas e o outro tiña que empurralo ou tirar del para ir chegando ás distintas probas do tramo.

Entre os dous tiñan que superar as distintas probas e superar así tamén un atranco para a paz que atopaban nos carteis das distintas probas.  Finalmente chegarían á meta onde se atopaban uns murais con palabras representativas de accións que fomentan a PAZ entre as persoas.

 

Cremos que foi unha actividade moi divertida e sobre todo unha forma de mostrar que para sortear as dificultades que podemos atopar para chegar á paz nada mellor que a axuda dos/as amigos/as!!!!

 

 

VISITA DE PACO NOGUEIRAS POLO DÍA DA PAZ

 

 

Hoxe conmemórase o DÍA MUNDIAL DA PAZ e veunos visitar nin máis nin menos ca PACO NOGUEIRAS.

 

Nas aulas estivemos escoitando dúas das súas cancións para a PAZ: APERTAS QUE VOAN E MÓVETE.

Cancións que puidemos cantar hoxe tamén con el.

 

Un concerto ao aire libre que nos encantou. Movémonos, participamos, bailamos e pasámolo xenial.

 

Moitas grazas PACO por vir a cantar e bailar connosco!!!!

 

  

Iris tivo a sorte de ser a elexida de bailar no escenario con Paco Nogueiras e que ben o fixo. Seguiuno xenial e axudounos a non perdernos no baile!! Fantástico Iris.

Powered by Drupal - Design by artinet