No seguinte comunicado informamos do cambio de horario do próximo mércores, 4 de novembro, por mor da chegada da 14ª etapa da Volta Ciclista a España a Ourense:
No seguinte comunicado informamos do cambio de horario do próximo mércores, 4 de novembro, por mor da chegada da 14ª etapa da Volta Ciclista a España a Ourense:
NOTIFICACIÓN ÁS FAMILIAS COMUNICACIÓN SOBRE POSTA EN CORENTENA DE ALUMNADO DO CENTRO |
Os resultados positivos por COVID dun/unha alumno/a do centro e do seu/súa proxenitor/a (colaborador/a do servizo de comedor escolar), fixeron á autoridade sanitaria tomar a decisión de poñer en corentena a todos/as os/as compañeiros/as e o/a titor/a da aula á que pertence, así como aos/ás que comparten o servizo de acollida temperá do que facía uso (incluída a persoa responsable deste servizo). No comedor foi confinado todo o persoal colaborador considerado “contacto estreito” (persoas que comparten mesa á hora de xantar co/coa colaborador/a con resultado PCR positivo) e os/as que comparten mesa co/a alumno/a. Foron postas en corentena un total de 39 persoas (17 na aula, 13 no servizo de acollida temperá e 9 no servizo de comedor escolar). A corentena estará activa dende o día 23 de outubro ata o día 1 de novembro ámbolos dous incluídos.
Todo o demais alumnado e persoal do centro seguirá asistindo ao mesmo con normalidade. Aprovéitase a ocasión para reiterar que se respecten escrupulosamente as normas ditadas no Plan de adaptación á situación Covid-19 no curso 20/21 e así evitar posibles contaxios.
Calquera aclaración poden solicitala poñéndose en contacto telefónico co centro, evitando acudir sen cita previa ao mesmo.
Dado o estado de crise sanitaria na que nos atopamos entra dentro do posible este tipo de situacións, coas que temos que convivir.
Na nota adxunta podedes consultar a información sobre o cambio temporal nas colaboracións no servizo de comedor escolar, segundo a cal, e debido a actual situación sanitaria, poden solicitar dita colaboración outros membros da unidade familiar do alumno/a comensal, sempre e cando estes familiares convivan no mesmo domicilio co alumno/a (irmáns maiores de 18 anos, avós, avoas...):
NOTIFICACIÓN ÁS FAMILIAS HORARIO DE RECOLLIDA DE ALUMNADO NO CENTRO E SAÍDA DO TRANSPORTE ESCOLAR AO REMATAR A XORNADA ESCOLAR |
Como consecuencia da adaptación do horario do servizo de comedor escolar para cumprir o "PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 NO CURSO 2020-21" é preciso establecer uns novos horarios de recollida do alumnado que non fai uso do servizo de transporte escolar, a partir do día 1 de outubro de 2020 e ata o 31 de maio de 2021, e que serán os que deseguido se especifican:
Alumnado de Ed. Infantil e 1º/2º de EP non usuario do comedor | 14:15 h |
Alumnado de Ed. Infantil e 1º/2º de EP usuario do comedor | 15:00 h |
Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP non usuario do comedor | 14:30 h |
Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP usuario do comedor | 16:00 h |
HORARIO DE SAÍDA DENDE O CENTRO DO SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR |
16:00 h |
Comunicamos ás familias dos alumnos e alumnas que se incorporan ao noso centro escolar por primeira vez que deben instalar nos seus teléfonos móbiles a aplicación ABALAR MÓBIL, xa que, ademais das informacións e avisos publicados na nosa páxina web, será a través desta aplicación como vos serán enviados outros avisos e comunicados, tanto por parte do profesorado como por parte da dirección do centro.
No seguinte enlace tedes unha guía para saber como instalar a aplicación nos vosos móbiles (que logo podedes descargar tamén nunha tableta). En dita guía tamén se explica como consultar despois os datos.
GUÍA INSTALACIÓN APLICACIÓN ABALAR MÓBIL
INFORMACIÓN SOBRE A APLICACIÓN ABALAR MÓBIL
Se algunha familia ten dificultades ou non pode descargar dita aplicación, podedes poñervos en contacto co centro das seguintes maneiras:
- Enviando unha mensaxe ao seguinte enderezo electrónico: ceip.albino.nunez@edu.xunta.gal
- Chamando por teléfono ao número 988 788 896
NOTA- a aplicación pode ser instalada polos dous proxenitores, tanto o pai coma a nai, cada un no seu teléfono móbil.
Segundo nos comunican dende a Consellería, a aplicación non estará operativa ata que comece o curso.
MODELO DE ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA COVID-19:
Enlace para poder descargar ou imprimir os dous documentos anteriores:
Segundo o indicado nas reunións coas familias dos alumnos e alumnas de Educación Infantil publicamos os seguintes documentos:
LISTAS DE MATERIAL:
- Material para 4º infantil (3 anos)
- Material para 5º de infantil (4 anos)
- Material para 6º de infantil (5 anos)
HORARIOS E QUENDAS DO PERÍODO DE ADAPTACIÓN PARA O ALUMNADO DE 3 ANOS:
- Período de adaptación 3 anos A
- Período de adaptación 3 anos B
TRÍPTICO CON RECOMENDACIÓNS SOBRE A INCORPORACIÓN AO COLEXIO DO ALUMNADO DE 3 ANOS:
- DÍA 10 DE SETEMBRO: incorporaranse os alumnos e alumnas de 4º e 5º de Educación Infantil (3 e 4 anos) e o alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.
- DÍA 11 DE SETEMBRO: incorporaranse os alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil (5 anos) e o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
Enlace á citada Resolución:
Estimadas familias, o vindeiro 10 de setembro é a data prevista para o comezo do curso escolar 2020-21. O centro está organizando a volta ao colexio e traballando no "Plan de adaptación á situación Covid 19 no curso 2020-21", segundo as instrucións establecidas pola Consellería de Educación para para que esa volta se faga coas mellores medidas sanitarias e de seguridade posibles.
O citado plan do centro será dado a coñecer cando a Consellería publique o protocolo definitivo, que como xa todos saberedes, non o fará público ata o vindeiro 7 de setembro.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |