Curso 2021-22

A SEMANA DA SAÚDE EN EDUCACIÓN INFANTIL

 

Na semana do 4 ao 8 de abril celebramos no colexio a “Semana da Saúde”, consistente na realización de talleres relacionados con hábitos de alimentación saudable. Estas actividades están promovidas polo Concello pola nosa participación no Programa SI, de Saúde Integral.

Comezamos o luns co alumnado de educación infantil, que participou nos seguintes:

 -3 anos: taller de froitas

 -4 anos: taller de iogur

 -5 anos: taller de minipizzas

Primeiramente atenderon una pequena explicación das monitoras, despois puxéronse “mans á obra”, e finalmente degustaron as súas elaboracións. MMmmmm!!!!

O martes recibimos a tan ansiada visita de CARDIO, que saudou e bailou con todos e todas. Ademais agasallounos cunhas “gominolas saudables” , feitas con zume de froita natural. Todos disfrutaron enormemente con esta visita coa que soñan durante todo o curso.

 E remataron cun contacontos que versaba sobre as emocións (outro dos temas que se traballan no programa). Neste conto titulado “5 ENFADOS” un neno chamado Carlos estaba moi enfadado, irritado, alporizado…por 5 motivos:

 1.-porque papá non lle mercaba un xeado

2.-porque mamá non tiña tempo para xogar con el

3.-porque a súa irmá rompéralle o seu xoguete favorito

4.-porque tiña que deitarse cedo

5.-PORQUE SI!!!!

Logo de consultar con varias bruxas, todas lle deron a mesma receita: coller aire fortemente polo nariz , expulsalo pola boca e contar ata 10. E así foi como Carlos aprendeu a controlar os seus enfados.

 A continuación podedes ver as fotos destes días.

O alumnado de 5º e 6º participa nunha charla sobre a seguridade en Internet

Hoxe veunos visitar un Policía Nacional para falarnos do importante que é que teñamos coidado cando andamos na Internet.

Falounos de que hai que ter moito coidado cos datos privados que compartimos consciente e inconscientemente na rede. Que debemos crear contrasinais seguras para todas as nosas contas. 

Tamén nos falou do Ciberacoso e da importancia de informar aos adultos de confianza do que está a pasar tanto se nolo fan  a nós mesmos, como se sabemos que llo están a facer a outros.

A charla de hoxe solicítamola a través do Plan Director. E se serviu para que repensen o que fan nas redes e vaian sendo un pouco conscientes do coidado que deben ter, cremos que logramos o noso propósito.

Intenet non é malo, pero ás veces facemos un mal uso del e iso pode derivar en preocupacións e agobios.

Tede coidadiño na rede!

 

 

O alumnado de 2º de primaria recibe a visita de axentes forestais

O pasado venres 25 de marzo, e dentro das actividades levadas a cabo no noso centro, o alumnado de 2º de primaria asistiu a unha interesante charla impartida por axentes forestais do distrito de Ourense no que diron a coñecer a labor que realizan máis alá da de extinción de incendios: vixianza, limpeza e desbroce de montes e camiños, reforestación, conservación, etc.

O alumnado participou activamente e concienciouse, máis se cabe, da importancia do coidado da natrueza en xeral e dos montes en particular...

Para rematar amosáronnos o funcionamento dunha motobomba de prantamos unha cerdeira!!!!

Agora seica queren ser todos e todas axentes forestais cando sexan maiores!!!

Grazas a Ricardo e Daniel e á Delegación Territorial da Consellería de Medio Rural por esta interesante actividade!

 

   

O RATIÑO PRESUMIDO

 

Con motivo do Dia Internacional das Mulleres 8M, o grupo Trinketrinke teatro representou no salón de actos do colexio unha versión do conto tradicional "A ratiña presumida", no que se fomentan os estereotipos de xénero e as ideas sexistas, dun xeito diferente.

Nesta actividade, á que asistiron os alumnos e alumnas de educación infantil, dáselle a volta ao conto clásico para amosar a un ratiño -o rato Fuco- que disfruta cantando e limpando a súa casa, e para visibilizar a unhas mulleres empoderadas -neste caso animais- que non teñen ningún problema en tomar a iniciativa e propoñer elas o matrimonio ao ratiño.

O contacontos foi moi aplaudido polo alumnado e profesorado asistente, e serviunos para traballar a idea de que "todos somos iguais e podemos facer as mesmas cousas"

 

   

XORNADA DE PRIMEIROS AUXILIOS PARA 6º DE PRIMARIA

Hoxe, 18 de marzo, os alumnos e alumnas de sexto tiveron, a que posiblemente fose, a "clase" máis transcendental de todo o curso. Grazas ao Concello de Ourense, tivemos a oportunidade de contar coa experiencia de Nieves que nos ensinou como afrontar un lume na casa, que facer ante unha queimadura, como actuar cando alguén entra en parada cardíaca...

Ogallá nunca teñamos que aplicar o aprendido, pero todos rematamos coa idea clara de como salvar unha vida.

Grazas Nieves!!

 

 

Preme sobre as imaxes para velas máis grandes

TEATRO EN INGLÉS NO COLEXIO

O alumnado de 4º, 5º e 6º presenciou no colexio a obra de teatro en inglés Three Eggs, Two Birds and a King representada por On Stage Company.

Esta actividade atópase dentro das actividades escolares promocionadas por Afundación.

Unha experiencia que cremos motivadora e divertida, ademais de ser totalmente en inglés e interpretada por actores nativos.

 

SINOPSE DA OBRA: O rei abdica! Demasiado traballo, non hai volta atrás, retírase..O reino é peculiar e o trono non se hereda nin se gana no campo de batalla. Todo aquel que queira ser o próximo rei ou raíña pode pasarse por palacio e participar na competición.

Poderán Samantha Frankenstein e o seu fiel lacaio Igor facerse co trono? Será Victoria Rochefeler e a sú lexión de followers a nova raíña? Os rapaces e rapazas descubrírono nunha aventura sobre a honestidade, a importancia do xogo limpo.

 

  

  

Premendo en cada imaxe podes vela en grande

 

 

Os nosos traballos para celebrar o Día de Rosalía

No Día de Rosalía tampouco faltaron traballos de Plástica. Aquí vos deixamos o que se foi facendo nas distintas aulas.

De fondo temos unha versión cantada do poema NO BICO UN CANTAR que Curros Enriquez adicou  á Rosalía unha vez finada.

Canta a profe CARLA!!

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022-2023

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 1 AO 21 DE MARZO

PODE REALIZARSE DE DÚAS FORMAS:

IMPRESOS DE SOLICITUDE

Pódense solicitar na secretaría do centro ou descargalos nos seguintes enlaces

ANEXO II (galego) ANEXO II (castelán)

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR COA SOLICITUDE

  • Orixinal ou copia cotexada do DNI do/a alumno/a (se o ten) e dos seus pais.
  • Orixinal ou copia cotexada do Libro de Familia.
  • Documento acreditativo de estsr en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos para o curso para o que solicita praza (só alumnado de primaria).
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudiacial ou divorcio onde conste a custodia do menor, se é o caso.
  • Cuestionario sobre a Lingua Materna -  só alumando de 3 anos. Pódese descargar  AQUÍ

INFORMACIÓNS XERAIS

  • Só se pode presentar unha solicitude de admisión
  • O alumnado que está no centro continúa automaticamente.
  • Se o alumnado que está no centro presenta unha solicitude a outro centro, debe comunicalo no centro de orixe.

NORMATIVA

ENTROIDO 2022

 

O pasado venres celebramos o ENTROIDO logo dunha semana seguindo os mandatos do MECO. Canta cor había no cole. Deixámosvos aquí as fotos da semana.

Powered by Drupal - Design by artinet