Admisión e matrícula

INFORMACIÓN SOBRE A SOLICITUDE DE ADMISIÓN

 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 1 AO 20 DE MARZO DE 2024

 

PODE REALIZARSE DE DÚAS FORMAS:

IMPRESOS DE SOLICITUDE

Pódense solicitar na secretaría do centro ou descargalos nos seguintes enlaces

ANEXO II (galego) ANEXO II (castelán)

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR COA SOLICITUDE

Orixinal ou copia cotexada do DNI do/a alumno/a (se o ten) e dos seus proxenitores/representantes legais.

Orixinal ou copia cotexada do Libro de Familia.

Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio onde conste a custodia do menor, se é o caso.

Cuestionario sobre a Lingua Materna -  só alumando de 3 anos. Descargar AQUÍ

Certificado de empadroamento

Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos      académicos esixidos para o curso para o que solicita praza (só alumnado de primaria).

 INFORMACIÓNS XERAIS

  • Só se pode presentar unha solicitude de admisión
  • O alumnado que está no centro continúa automaticamente.
  • Se o alumnado que está no centro presenta unha solicitude a outro centro, debe comunicalo no centro de orixe.

NORMATIVA

Powered by Drupal - Design by artinet