Curso 2019-20

UNHA MALA NOVA

Hoxe, 21 de xaneiro, saiu publicado no xornal LA REGIÓN unha nova que se produciu no colexio durante as vacacións de NADAL:  a desaparición dos 5 patos que tiñamos na pequena carballeira e que formaban parte do proxecto de integración "NOS SEUS ZA-PATOS" que se puxo en marcha neste curso (e do que xa vos informamos anteriormente).

Reproducimos a nova publicada no xornal:

 

 

 Esperamos que o Concello de Ourense repare o antes posible o cercado de arame do patio para que podamos volver a contar con patos e seguir así co noso proxecto, aínda que de momento contamos cun galo e dúas pitas que os nenos e nenas se encargan de coidar. 

No blog do proxecto de Voz Natura tedes máis información sobre as actividades que se van realizando. Ao premer na imaxe veredes, por exemplo, as últimas novas é a sorpresa dos pequenos cando viron o primeiro ovo que puxeron as galiñas!!!. 

 

CONTACONTOS CON SABELA GAGO

Unha vez máis recibimos no colexio a sempre esperada visita de SABELA GAGO (actriz, dinamizadora cultural, pedagoga, directora teatral, contadora de historias...), que esta vez veu contarnos unha historia sobre igualdade: "NOA NO ESPELLO".  

Concretamente, o día 17 de xaneiro, venres, realizou dúas sesións de contacontos: unha para o alumnado de Educación Infantil  e outra para o alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. 

Interactuando cos pequenos e pequenas e co seu saber facer para captar a súa atención e espertar a súa imaxinación, contoulles a historia de Noa, Uxía e Antón e como chegaron a respectarse e facerse amigos a pesares das súas diferenzas. Tamén a mamá, a avoa e a mestra de Noa terán algo que ver nesta historia... 

 

Para saber máis sobre esta actividade, premede na seguinte imaxe que vos levará ao blog da biblioteca do centro onde tedes máis información:

CELEBRACIÓN NADAL 2019

Xa está aquí o noso resumo das actividades que realizamos neste NADAL 2019:

1- Adornamos a entrada, aulas e corredores.

2- Decoramos as portas con motivos propios destas datas. 

3- Escribimos as nosas felicitacións de NADAL que expuxemos na entrada do colexio. 

4. Na biblioteca realizamos o tradicional obradoiro de NADAL. Este ano reciclamos CDs usados para facer con eles adornos para a árbore de Nadal. 

5- Recibimos a visita dos REIS MAGOS aos que lles entregaron as súas cartas os máis pequenos do cole. 

6- Realizamos  diferentes manualidades. 

7- Rematamos coa celebración do tamén tradicional FESTIVAL DE NADAL, que como ven sendo habitual, realizamos en dous días, o primeiro para todo o alumnado e profesorado e o segundo día para as familias. 

(Se premedes en cada número da imaxe superior poderedes ver unha presentación de imaxes de cada actividade realizada). 

NADAL 2019

Publicamos un anticipo das actividades realizadas ao longo deste NADAL 2019 coa publicación dos vídeos das diferentes actuacións do FESTIVAL DE NADAL. 

Pasade as páxinas premendo no botón lateral   e logo premede no botón     para ver as distintas actuacíóns.

 

NADAL 2019

 

Convidámosvos a todos a asistir á función de Nadal que realizaremos o vindeiro venres 20 de decembro ás 10:30 h. Esperámosvos!!! Este é o programa das diferentes actuacións: 

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

O pasado 28 de novembro o escritor carballinés PABLO NOGUEIRA estivo na nosa biblioteca para contar aos pequenos e pequenas de infantil de 4 e 5 anos e aos de 1º de primaria a historia de NUBE BRANCA QUERE SER ARTISTA, un dos seus libros para os máis cativos.

Os nenos acudiron ataviados coas súas diademas de plumas e moi ilusionados por coñecer a Pablo, do que tanto lles falaran as súas profes. Ademais cunha sorpresa engadida: unha tipi na biblio para meterse a ler e escoitar contos!!. 

A xornada foi todo un éxito, os pequenos disfrutaron coa historia de Pablo e participaron activamente seguindo as súas indicacións. 

Ao rematar entregaronlle a Pablo uns agasallos moi especiais e el asinoulles os seus libros.

 

Premede na seguinte imaxe, no blog da biblioteca tedes máis información e imaxes da sesión: 

COMPOSTAXE NO COLEXIO

O noso centro foi un dos seleccionados para participar nun proxecto pioneiro sobre o aproveitamento dos restos dos alimentos que se consumen no comedor escolar para producir compostaxe. 

No seguinte enlace podedes ler a nova na páxina oficial da Xunta de Galicia: 

Un total de 25 centros escolares participan nun proxecto pioneiro de compostaxe para impulsar a recollida separada da fracción orgánica

 

O pasado 25 de novembro quedaron instalados os composteiros nun recuncho da horta do centro e agora empezaremos co proceso de recollida e acumulación dos residuos nos mesmos para producir compost que empregaremos como fertilizante natural na nosa horta. 

Para saber máis sobre o proceso, premede na seguinte imaxe, no blog de Voz Natura do centro tedes toda a información:

ACTIVIDADES DA I SEMANA DA DIVERSIDADE E DA IGUALDADE

Como informamos nunha entrada anterior, celebramos no colexio a I SEMANA DA DIVERSIDADE E DA IGUALDADE co fin de impulsar valores como a autoestima, a tolerancia, o respecto, a integración, a solidariedade e ao mesmo tempo fomentar actitudes críticas contra calquera forma de discriminación e/ou maltrato. 

Rematamos esta semana de actividades coa celebración do DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER. Esta conmemoración, cada 25 de novembro, denuncia a violencia que se exerce sobre as persoas ao ser discriminadas polo seu xénero e a petición de medidas para a súa erradicación, obstáculo para alcanzar igualdade, desenvolvemento, paz, e o respecto aos dereitos humanos de mulleres e nenas. 

Para esta data eleximos un lema "QUE NON TE CALE A VIOLENCIA" que plasmamos nun mural e cada neno interpretou plasticamente. Logo nun acto conxunto, favorecendo a convivencia e a integración, cantamos e bailamos cancións defendendo a diversidade, a non discriminación e o dereito das mulleres a ser libres. 

Se premedes na seguinte imaxe podedes ter toda a información, sobre esta actividade e todas as demais que se realizaron ao longo da semana, no blog da bilioteca escolar, dende a cal e, en colaboración co departamento de orientación, se organizaron as mesmas:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

I SEMANA DA DIVERSIDADE E DA IGUALDADE

I SEMANA DA DIVERSIDADE E DA IGUALDADE

DO 18 AO 25 DE NOVEMBRO 

IGUALDADE NA DIVERSIDADE 

  CEIP P. ALBINO NÚÑEZ

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES

LUNS, 18 - Charlas e obradoiros impartidos por Tatiana (Orientadora do centro) e Idoya (mestra de PT)  ao alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º  de primaria.

MARTES, 19- Charlas e obradoiros para o alumnado de 5º e 6º de primaria.

MÉRCORES, 20 - Contos para a igualdade e o respecto á diversidade. Con libros seleccionados sobre o tema faranse sesións de lecturas e/ou contacontos por cursos. 

XOVES, 21 - Sesións de cine con proxección en cada curso de curtas ou películas. 

VENRES, 22 - Música, baile e cancións nunha celebración conxunta para reinvindicar a "igualdade na diversidade". 

 

OBRADOIRO: DA ALIMENTACIÓN Á NUTRICIÓN

Como informamos nunha anterior entrada, dentro das actividades promovidas polo PROGRAMA SI!! (SAÚDE INTEGRAL), terían lugar uns obradoiros sobre alimentación dirixidos á profesores e pais/nais. 

Celebrado xa o obradoiro realizado polo profesorado, agora queremos invitarvos á celebración do obradoiro dirixido a vós, pais e nais, e que axudará á mellor comprensión da saúde e dos motivos polos cales temos que coidar dela.

 

OBRADOIRO: DA ALIMENTACIÓN Á NUTRICIÓN 

MARTES, 19 DE NOVEMBRO ás 18:30 no centro 

ESPERAMOS CONTAR COA VOSA PARTICIPACIÓN!!! 

Powered by Drupal - Design by artinet