Curso 2021-22

PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2022-2023

 

Comezamos o proceso de admisión e matrícula para o vindeiro curso 2022-23 coa reserva de praza nos centros de adscrición.

Do 11 de xaneiro ao 08 de febreiro o alumnado  de 6º de primaria que desexe continuar os seus estudos no IES EDUARDO BLANCO AMOR (centro ao que está adscrito o noso centro)debe presentar o impreso de solicitude de reserva de praza

a) na secretaría do centro                                             b) por vía telemática

 

A solicitude de admisión pode cubrirse por vía telemática na páxina web www.edu.xunta.gal/admisionalumnado  no apartado Solicitudes - Reserva - Crear.

Feito iso poden optar por:

  • Imprimir dito formulario e entregalo na secretaría do noso centro.
  • Presentalo na Sede Electrónica a través da aplicación, se dispoñen de certificado dixital ou Chave365.


Tamén poden descargar o Impreso de solicitude ou solicitalo no centro, para cubrilo a man e entregalo posteriormente en secretaría.

 

MENÚS XANEIRO 2022

 

PREME NAS IMAXES PARA VER OS MENÚS

EMPATIZANDO COA DIVERSIDADE

 

Co gallo da celebración do DÍA DA DISCAPACIDADE realizáronse no cole unha serie de talleres da man de LIDIA e PATRICIA.

Os máis pequenos tiveron un taller de LINGUAXE DE SIGNOS para coñecer como se comunican as persoas xordas.

Os maiores puxéronse na pel dunha persoa cega. Cuns lentes comprobaron como se sentían vendo pouco ou nada, coñeceron o método BRAILLE para ler e escribir e viron os recursos que pode empregar unha persoa invidente para desprazarse.

 

A PANXOLIÑA DE 1º DE PRIMARIA CON LINGUAXE DE SIGNOS

Os nenos e as nenas de 1º tamén queren mostrarnos a súa panxoliña que fixeron con con moitísima ILUSIÓN empregando a LINGUAXE DE SIGNOS

AS NOSAS PANXOLIÑAS

Deixámosvos aquí as panxoliñas que cantamos este ano no colexio. Premede nas imaxes para ver os vídeos

Nesta primeira canta a profe Carla con  todo o colexio  unha versión en galego da canción All I want for Christmas de Mariah Carey titulada

O ÚNICO QUE QUERO É AMOR

 

 E nesta temos aos nenos e nenas de 2º de primaria cantando a súa panxoliña Xa me tardan acompañados polo alumnado de infantil.

Menudos artistas!!!!

 

DESEXÁMOSVOS UN BO NADAL E UNHA BOA ENTRADA NO NOVO ANO!!

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

 

QUEREMOS COMPARTIR CON TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA AS POSTAIS GAÑADORAS DESTE CONCURSO DE NADAL 2021.

MOITAS GRAZAS A TOD@S @S PARTICIPANTES! 

FELICES FESTAS!

 

 

EDUCACIÓN INFANTIL:

Gala 4º Educación Infantil

 

Elián 5º Educación Infantil Grupo B

 

Mencía 6º Educación Infantil  Grupo B 

 

EDUCACIÓN PRIMARIA:

Anxo 1º  Educación Primaria Grupo B

 

Xoel 2º Educación Primaria Grupo A

 

Sofía 3º Educación Primaria Grupo B

 

Celeste 4º Educación Primaria 

 

Daniela 5º Educación Primaria Grupo B 

 

Melani 6º Educación Primaria 

NESTAS DATAS MÁIS CA NUNCA... ANTES DE MERCAR... SENTÉMONOS A PENSAR

Compartimos unha guía para a elección de xoguetes sen estereotipos sexistas na que tamén se pode atopar unha recomendación da tipoloxía de xoguetes máis axeitada segundo a idade. 

 

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Á GUÍA.

Powered by Drupal - Design by artinet