Curso 2020-21

PROGRAMA EDIXGAL

Este curso 2020-21 comezamos a nosa andaina no PROXECTO E-DIXGAL, un programa posto en marcha pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no curso 2014/2015 e que supón unha nova forma de desenvolver o proceso de ensino-aprendizaxe, ao suprimirse o libro impreso e ao permitir ao alumnado acceder a un entorno virtual de aprendizaxe (EVA) onde ten acceso a contidos tanto on-line (mediante conexión a internet), como off-line (sen conexión a internet).

O profesorado seleccionará de entre os materiais que a Consellería pon a súa disposición na plataforma virtual de aprendizaxe aqueles que consideren máis axeitados para o seu alumnado, así mesmo poderá subir outros materiais complementarios e/ou de elaboración propia. O alumnado mediante os seus portátiles, que poderán levar para as súas casas, accederán a través da citada plataforma a ditos contidos e materiais, co seu nome de usuario e contrasinal.  Ao poder levar o portátil para as súas casas e conectarse tanto on-line como off-line, estase garantindo que todo o alumnado esté en igualdade de condicións. Os equipos actualizarán automaticamente os traballos realizados polo alumnado na casa ao chegar ás aulas e contar con conexión a internet. 

Este curso o programa implantarase (ao ser o primeiro ano no centro) soamente en 5º de primaria.

OBXECTIVO XERAL: instaurar o proxecto E-Dixgal no CEIP PLURILINGÜE PROFESOR ALBINO NÚÑEZ e fomentar o uso dos materias dixitais mediante o mesmo.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:

ALUMNADO

Fomentar entre o alumnado o uso seguro e responsable das novas tecnoloxías

Desenvolver as competencias básicas mediante o uso das TICs

Utilización das TICs como recurso e instrumento para desenvolver os contidos das áreas do currículo, integrando os materiais dixitais nas actividades da aula

Integrar linguaxes multimedias ás dinámicas escolares

Coñecer o funcionamento do EVA e os libros e materiais dixitais

Coidar e facer un uso correcto do material

Aumentar a motivación do alumnado mediante a utilización de programas e contornas dixitais

Facer uso de diversas ferramentas online: búsquedas en internet, foros de discusión, podcast, redes sociais, correo electrónico…

Compensar desigualdades entre os diferentes niveis de dominio das TICs do alumnado, non soamente no centro, senón proporcionando o acceso a equipamentos de forma gratuíta

COMUNIDADE EDUCATIVA

Colaborar coa comunidade educativa no coñecemento das TICs  e o seu uso educativo

Formar ao profesorado nas TICs e no funcionamento de E-Dixgal

Fomentar a participación do profesorado en programas de formación para o uso pedagóxico destes medios no ensino diario

Usar o libro dixital na programación de aula e na preparación e desenvolvemento das clases

Cambiar a metodoloxía do proceso de ensino-aprendizaxe por unha máis activa e motivadora para o alumnado

Mellorar a atención á diversidade fomentando a igualdade no acceso a contidos

Coñecer os riscos e posibilidades educativas das TICs  no seu uso pedagóxico

Contribuir a eliminar a fenda tecnolóxica entre o profesorado do centro

Potenciar a comunicación entre a comunidade educativa a través dos materiais dixitais.

CENTRO

Actualizar os equipos informáticos para que sexan funcionais e útiles para a implantación de E-Dixgal

Optimizar o uso da web dinámica do centro para apoiar o proceso de ensino-aprendizaxe

Contribuír ao proxecto anual de sosteñibilidade do centro mediante o emprego das TIC, reducindo o uso excesivo de material funxible

     Empregar o correo electrónico como ferramenta máis habitual de comunicación entre o profesorado do       centro e coas familias.

     Fomentar a firma dixital para reducir a impresión de convocatorias de claustro e consello escolar.

Nos seguintes enlaces tedes máis información sobre o programa:

- FOLLETO INFORMATIVO FAMILIAS

- PROGRAMA EDIXGAL 

- ENTORNO VIRTUAL DE APRENDIZAXE (EVA)

O programa conta cun  servizo de axuda para o profesorado, alumnado e familias, Calquera dúbida, necesidade de información, problema técnico... será resolto a través deste servizo. No seguinte enlace tedes toda a información:

- SOPORTE PREMIUM 

 

NOTIFICACIÓN: PROTOCOLO COVID

                                            NOTIFICACIÓN ÁS FAMILIAS

           COMUNICACIÓN SOBRE POSTA EN CORENTENA                                  DE ALUMNADO DO CENTRO 

Os resultados positivos por COVID dun/unha alumno/a do centro e do seu/súa proxenitor/a (colaborador/a do servizo de comedor escolar), fixeron á autoridade sanitaria tomar a decisión de poñer en corentena a todos/as os/as compañeiros/as e o/a titor/a da aula á que pertence, así como aos/ás que comparten o servizo de acollida temperá do que facía uso (incluída a persoa responsable deste servizo). No comedor foi confinado todo o persoal colaborador considerado “contacto estreito”  (persoas que comparten mesa á hora de xantar co/coa colaborador/a con resultado PCR positivo) e os/as que comparten mesa co/a alumno/a. Foron postas en corentena un total de 39 persoas (17 na aula, 13 no servizo de acollida temperá e 9 no servizo de comedor escolar). A corentena estará activa dende o día 23 de outubro ata o día 1 de novembro ámbolos dous incluídos.

Todo o demais alumnado e persoal do centro seguirá asistindo ao mesmo con normalidade. Aprovéitase a ocasión para reiterar que se respecten escrupulosamente as normas ditadas no Plan de adaptación á situación Covid-19 no curso 20/21 e así evitar posibles contaxios.

Calquera aclaración poden solicitala poñéndose en contacto telefónico co centro, evitando acudir sen cita previa ao mesmo.

Dado o estado de crise sanitaria na que nos atopamos entra dentro do posible este tipo de situacións, coas que temos que convivir.  

 

AVISO: COLABORACIÓNS NO COMEDOR ESCOLAR

Na nota adxunta podedes consultar a información sobre o cambio temporal nas colaboracións no servizo de comedor escolar, segundo a cal, e debido a actual situación sanitaria, poden solicitar dita colaboración outros membros da unidade familiar do alumno/a comensal, sempre e cando estes familiares convivan no mesmo domicilio co alumno/a (irmáns maiores de 18 anos, avós, avoas...):

 

HEROES CONTRA O CORONAVIRUS

Sempre, e agora moito máis, a saúde é unha materia que ocupa un importante papel no noso currículo. O grupo de educación para a saúde PUPAS, SUSTOS E OUTROS DESGUSTOS, ven desenvolvendo, dende fai algún tempo, un programa de educación sanitaria escolar que agora se centra en formación específica de prevención e manexo da covid nos colexios. 

O pasado venres, 9 de outubro, estiveron no noso centro para presentar o programa HEROES FRONTE O CORONAVIRUS, que ten como obxectivo, achegar, a todo o alumnado, información sobre a covid de forma dinámica, amena e participativa, para motivalos e facelos responsables do seu propio autocoidado. 

Neste día realizaron dunhas charlas, unha para o alumnado de 5 anos, e outra para o alumnado de  4º de primaria. Faláronlles do coronavirus Sars-Cov2, da enfermidade que provocaba, dos síntomas, das 3 M (máscara, mans limpas e manter a distancia)... todo isto con apoio de vídeos e en constante diálogo cos nenos e nenas, polo que a eles lles gustou moito, sobre todo cando ao final lles mandaron "lavar as mans" con pintura azul, para comprobar cantas zonas deixaban sen frotar e que debían cubrir ben toda a man e o pulso cando se lavaban. 

NOS SEUS ZA-PATOS

No programa de Voz Natura, ademais do proxecto "ECO PEREGRINOS NO BO CAMIÑO", este curso retomaremos o proxecto "NOS SEUS ZA-PATOS", que o pasado curso quedou suspendido antes do previsto pola continúa desaparición dos parrulos e pitas que coidabamos.

Volvemos comezar con moitas gañas de que todo vaia ben e coa ilusión dos máis pequenos, que xa comezaron a visitalos para levarlles comida e pasar un rato con eles. 

Temos 4 bonitos parrulos que xa se adaptaron ao seu recinto e que os nenos bautizaron como: Renato, Patosa, Curiosa e Fermosa.

Tamén temos un galo kirico que é moi divertido e que os pequenos/as din que é o gardián dos patos. 

Fai uns días Alejandro, o portavoz do comité científico de Voz Natura estivo a realizarnos unha visita e puxo unha reseña da mesma na páxina web de Voz Natura. Entrade no noso blog "Eco peregrinos no bo camiño" para coñecer máis detalles do proxecto e as primeiras fotos das visitas dos nenos e das nenas aos parrulos. 

- ECO PEREGRINOS NO BO CAMIÑO 

VOZ NATURA 2020-21

Continuamos este curso 2020-21 participando un ano máis no programa de Voz Natura que este ano ten por lema "COIDAR A NOSA CONTORNA É O BO CAMIÑO"  (Defensa dos espazos naturais do Camiño de Santiago). 

Coa situación tan especial que estamos vivindo e polas características do programa..."Voz Natura convértese este curso no mellor aliado de moitos colexios e institutos para fomentar as actividades no exterior. Mantendo os denominados grupos estables de convivencia, os escolares aproveitarán para realizar actividades ao aire libre dentro do recinto educativo —os hortos terán máis peso que nunca, se cabe— ou fóra das súas instalacións, aqueles que teñan preto os ecosistemas nos que tivesen previsto actuar". (Sinopse extraída da páxina web de Voz Natura).

Nesta liña, nós continuaremos coas actividades que realizamos todos os anos: co horto escolar, "Horto dos amigos de Cardio", adornando o colexio "Escola ponte guapa" e tamén continuaremos co proxecto interrompido "Nos seus za-patos".

Ademais, segundo o tema marcado para este curso, o novo proxecto co que traballaremos chamado "ECO PEREGRINOS NO BO CAMIÑO", permitiranos saír ao exterior coa finalidade de gozar do encontro coa natureza que experimenta o ecoperegrino, sendo capaz de mellorar un tramo do Camiño, e sentindo a harmonía co medio que provén do respecto e do coidado do mesmo.

De acordo co novo proxecto, xa temos actualizado o blog do programa de Voz Natura. Este é o novo logo:

Xa sabedes, se queredes coñecer as novas do programa, só tedes que acceder ao blog para estar ao día:

http://blogs.voznatura.es/ceipplurilingueprofesoralbinonunez/

 

 

NOVOS HORARIOS CURSO 2020-21

NOTIFICACIÓN ÁS FAMILIAS

HORARIO DE RECOLLIDA DE ALUMNADO NO CENTRO

E

SAÍDA DO TRANSPORTE ESCOLAR  AO REMATAR A

XORNADA ESCOLAR  

Como consecuencia da adaptación do horario do servizo de comedor escolar para cumprir o "PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 NO CURSO 2020-21" é preciso establecer uns novos horarios de recollida do alumnado que non fai uso do servizo de transporte escolar, a partir do día 1 de outubro de 2020 e ata o 31 de maio de 2021, e que serán os que deseguido se especifican:

Alumnado de Ed. Infantil e 1º/2º de EP non usuario do comedor   14:15 h 
 Alumnado de Ed. Infantil e 1º/2º de EP usuario do comedor   15:00 h
 Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP non usuario do comedor   14:30 h
 Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP usuario do comedor   16:00 h

HORARIO DE SAÍDA DENDE O CENTRO DO SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR

16:00 h

APLICACIÓN ABALAR MÓBIL

Comunicamos ás familias dos alumnos e alumnas que se incorporan ao noso centro escolar por primeira vez que deben instalar nos seus teléfonos móbiles a aplicación ABALAR MÓBIL, xa que, ademais das informacións e avisos publicados na nosa páxina web, será a través desta aplicación como vos serán enviados outros avisos e comunicados, tanto por parte do profesorado como por parte da dirección do centro.  

No seguinte enlace tedes unha guía para saber como instalar a aplicación nos vosos móbiles (que logo podedes descargar tamén nunha tableta). En dita guía tamén se explica como consultar despois os datos. 

GUÍA INSTALACIÓN APLICACIÓN ABALAR MÓBIL 

INFORMACIÓN SOBRE A APLICACIÓN ABALAR MÓBIL

Se algunha familia ten dificultades ou non pode descargar dita aplicación, podedes poñervos en contacto co centro das seguintes maneiras:

- Enviando unha mensaxe ao seguinte enderezo electrónico:                     ceip.albino.nunez@edu.xunta.gal 

- Chamando por teléfono ao número 988 788 896

NOTA-  a aplicación pode ser instalada polos dous proxenitores, tanto o pai coma a nai, cada un no seu teléfono móbil.      

Segundo nos comunican dende a Consellería, a aplicación non estará operativa ata que comece o curso.                      

NOVAS INICIO DE CURSO 2020-21

MODELO DE ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA COVID-19:

 

 

Enlace para poder descargar ou imprimir os dous documentos anteriores:

- INFORMACIÓN HORARIOS 

- ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA COVID-19 

Powered by Drupal - Design by artinet