Curso 2022-23

O DÍA DAS BIBLIOTECAS 2022

O 24 de outubro celébrase o DÍA DAS BIBLIOTECAS e desde o equipo eliximos ese día para comezar con moito entusiasmo a andaina das MOCHILAS VIAXEIRAS que hoxe comezaron a súa primeira viaxe polos fogares do noso alumnado.

O mécores da mesma semana tivemos unha nova xornada de APADRIÑAMENTO DE LIBROS. No recreo colocáronse nos patios varias mesas con libros que se EXPURGARON DA BIBLIOTECA, para que cada neno e nena pasara por alí e collera o/os libro/s que máis lle gustaban e os levarna para a casa para darlle unha nova vida a eses libros que se quedaron sen óco na biblioteca.

Actividade que a moitos/as lles gustou moito vendo o contentos/as que estaban cos libros.

    

   

INFORMACIÓN INICIAL... RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

INFORMACIÓN INICIAL PARA AS ELECCIÓNS DE RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

 

CARTEL RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER A TODA A INFORMACIÓN

AMBIENTAMOS A ENTRADA Á BIBLIOTECA PARA SAMAÍN

 

O SAMAÍN TAMÉN CHEGA Á BIBLIOTECA CON CORTINAS TENEBROSAS E UNHA EXPOSICIÓN DE LIBROS DE MEDO.

 

.

PLAN DIXITAL 2022-2023

Aquí vos deixamos o PLAN DIXITAL do noso centro, elaborado pensando en mellorar a competencia dixital tanto do profesorado como do alumnado.
 


 

PLAN DIRECTOR: OS RIESGOS DE INTERNET E O ACOSO

 

Hoxe veunos visitar un Policía Nacional, dentro do programa do PLAN DIRECTOR.

En 5º de primaria faloulles dos riscos que poden atopar en Internet e como tratar de coidarse e de facer un usos responsable e seguro.

En 6º a adicou a charla ao acoso escolar tanto presencial como a través das redes. Indicándolles os riscos que poden atopar, cales son os comportamentos que nos podemos atopar tanto no acosador como no acosado  e que deben denunciar calquera actitude acosadora da que son coñecederos tanto se o sofren como se saben de alguén que o sofre.

Concursos para celebrar o Samaín

 

O SAMAÍN xa está preto e dende a Biblioteca e do equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos propoñervos uns concursos de MEDO.

                                                                                                                                                    

PREME NAS IMAXES PARA VELAS EN GRANDE

 

Powered by Drupal - Design by artinet