Curso 2019-20

NOVAS ANPA

A Asociación de Nais e Pais do Centro convoca a todos os pais, nais e/ou titores legais dos alumnos/as a unha reunión o vindeiro 1 de outubro ás 6 da tarde.  Coma sempre recordamos a importancia de asistir a estas reunións, tendo ademais en conta que se vai producir unha renovación de membros da xunta directiva. Reproducimos a carta enviada pola ANPA a todas as familias:

 

TEATRO: A ILLA SEN TESOURO

Os alumnos e alumnas de 2º e 3º de Educación Primaria acudiron o pasado 19 de setembro a Praza de San Martiño onde tivo lugar a inauguración oficial por parte do Concello de Ourense do curso escolar 2019-20. 

Alí os rapaces presenciaron a representación teatral da obra "A ILLA SEN TESOURO" posta en escena polo grupo teatral OS GHAZAFELHOS. A obra xiraba en torno as pericipias vividas por tres piratas que chegan a unha illa buscando un tesouro.

Música, bailes, pelexas de espadas e acción mesturanse  con humor, contanto co apoio dunha escenografía dinámica que se transforma nun mesón, nun barco, nunha cova e nunha empalizada.

A complicidade e interactividade cos rapaces foi outro elemento máis de apoio á obra:  ao final estes foron tamén protagonistas e participaron activamente para axudar a resolver os conflitos dos piratas. 

 

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2019-20

Xa está aberto o prazo para inscribirse nas actividades extraescolares de despois de xantar do presente curso. Coma en anos anteriores, a maioría das actividade son promovidas pola ANPA do centro.

Ás xa habituais actividades de inglés, pintura, fútbol, patinaxe, baile moderno, xadrez, percusión e gaita... únense este ano ás de arte creativo, baloncesto e ioga/contacontos.

Como novidade máis salientable destacar dúas actividades dirixidas a toda a familia e que se realizarán de 16:30 a 17:30: ioga en familia e danza en familia;  esperamos que sexan do voso interese. 

Premendo na seguinte imaxe podedes visualizar e descargar o cadro das actividades e a ficha de inscrición nas mesmas:

INFORMACIÓN INICIAL CURSO 2019-20

No díptico informativo de principio de curso, que reproducimos a continuación, figuran algúns datos básicos referidos ao calendario do presente curso, horarios do centro, de secretaría, das sesións de titorías, composición do claustro e do consello escolar e algunhas recomendacións básicas para que sexa máis efectiva a colaboración entre a escola e as familias. 

Tamén figura neste folleto a convocatoria da reunión de principio de curso con todas as familias. Dita reunión será o vindeiro 24 de setembro ás 6 da tarde. Coma sempre, esperamos contar coa súa presenza para transmitirlles información xeral sobre o funcionamento do centro e especialmente aspectos referidos ao grupo/curso en que estuda o seu fillo/a.

Esta reunión constará de dúas partes:

- Reunión xeral de todas as familias co equipo directivo e con todo o profesorado onde se lles explicarán as normas de funcionamento do centro e as novas do presente curso.

- Cada familia reunirase a continuación co titor/a do seu fillo/a  para a presentación do grupo, coñecer os obxectivos do curso, organización da aula, tarefas escolares... e aqueles outros aspectos relevantes para o inicio da colaboración e comunicación entre as familias e o profesorado en aras da mellora do proceso educativo dos seus fillos/as. 

 

COMEZO DE CURSO 2019-20

Unha vez máis fomos protagonistas no espazo de novas do canal de televisión TELEMIÑO ao realizarse a gravación do comezo do novo curso no noso centro. No programa quedaron recollidas opinións sobre a volta ás aulas por parte de nais, de alumnos e de alumnas e do director do colexio.

Coma sempre damos a benvida a todos e, dunha maneira especial, a todas as familias que pasan a formar parte da nosa comunidade educativa, que cada vez é máis numerosa, ao incrementarse este curso as prazas, contando con 6 unidades de infantil e 9 de primaria (3  máis de infantil e unha máis de primaria que os postos que lle corresponden ao centro). 

 Tamén apareceu a nova no suplemento XORNAL ESCOLAR do diario LA REGIÓN de Ourense:

 

 

NOVAS ANPA CURSO 2019-20

 

A ANPA do centro ofrece este curso 2019-20 o servizo de MADRUGADORES ou ACOLLIDA TEMPERÁ para todo o alumnado do centro.

E o servizo de CAMBIO DE MUDA  para o alumnado de educación infantil.  

   Premendo nos seguintes enlaces podedes descargar    o  impreso de solicitude onde ademais figura toda a                               información.

SERVIZO DE MADRUGADORES PARA INFANTIL E PRIMARIA- SERVIZO DE CAMBIO DE MUDA PARA ED. INFANTIL 

 (Máis información no teléfono da ANPA 663 951 651)

BENVIDA CURSO 2019-20

Esperámosvos o mércores 11 de setembro no horario habitual: de 9:30 a 14:30 (xornada lectiva) e ata as 15:30 para os que fan uso do servizo de comedor escolar.

BENVIDOS!!

REUNIÓN ED. INFANTIL

AVISO PARA PAIS, NAIS E/OU TITORES LEGAIS DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS):

O XOVES, DÍA 5 DE SETEMBRO, ÁS 12:00 H., TERÁ LUGAR A PRIMEIRA REUNIÓN DO PRESENTE CURSO ESCOLAR 2019-20. É moi importante a súa presenza xa que se tratarán temas básicos (período de adaptación, normas básicas, organización da clase...) e  fundamentais para os máis peques que comezan este ano a súa andaina no noso centro. Benvidos/as!!!

Powered by Drupal - Design by artinet