Curso 2020-21

EDUCACIÓN INFANTIL: CURSO 2020-21

 

Segundo o indicado nas reunións coas familias dos alumnos e alumnas de Educación Infantil publicamos os seguintes documentos:

LISTAS DE MATERIAL:

- Material para 4º infantil (3 anos)

- Material para 5º de infantil (4 anos)

- Material para 6º de infantil (5 anos)

 

 

 

HORARIOS E QUENDAS DO PERÍODO DE ADAPTACIÓN PARA O ALUMNADO DE 3 ANOS:

- Período de adaptación 3 anos A

- Período de adaptación 3 anos B

TRÍPTICO  CON RECOMENDACIÓNS SOBRE A  INCORPORACIÓN AO COLEXIO DO ALUMNADO DE 3 ANOS: 

-ENTRAMOS NA ESCOLA 

INICIO DE CURSO 2020-21

Segundo a "Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21" o inicio do curso realizarase do seguinte xeito:

- DÍA 10 DE SETEMBRO: incorporaranse os alumnos e alumnas de 4º e 5º de Educación Infantil (3 e 4 anos) e o alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

- DÍA 11 DE SETEMBRO: incorporaranse os alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil (5 anos) e o alumnado de 4º, 5º e 6º  de Educación Primaria. 

Enlace á citada Resolución:

- INICIO GRADUAL DE CURSO

NOTA INFORMATIVA CURSO 2020-21

Estimadas familias, o vindeiro 10 de setembro é a data prevista para o comezo do curso escolar 2020-21. O centro está organizando a volta ao colexio e traballando no "Plan de adaptación á situación Covid 19 no curso 2020-21", segundo as instrucións establecidas pola Consellería de Educación para para que esa volta se faga coas mellores medidas sanitarias e  de seguridade posibles.

O citado plan do centro será dado a coñecer cando a Consellería publique o protocolo definitivo, que como xa todos saberedes, non o fará público ata o vindeiro 7 de setembro. 

 

 

LIBROS DE TEXTO 2020-21

Premede na imaxe para acceder ao listado de libros de texto para o curso 2020-21:

Recordamos ás familias do alumnado de 3º, 4º e 6º de primaria que solicitaron a súa participación no fondo solidario de libros de texto, que deberán esperar á publicación da lista provisional e logo definitiva para saber os libros que lle corresponden a cada neno/a. 

Powered by Drupal - Design by artinet