Curso 2021-22

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS GRATUITAS PARA O ALUMNADO

 

NORMA QUE REGULA O PROCEDEMENTO:

 Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigtoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta conselleraí así como en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). Diario Oficialde Galicia nº 218 do 12.11.2021.

 

ALUMNADO DESTINATARIO:

 Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial:

 

a) Non ten que presentar a solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022

 

b) Ten que presentar a solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

 

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Deben descargar e cubrir o seguinte ANEXO e presentalo na Secretaría do centro.

VER HORARIO DE SECRETARÍA

PRAZO:

Do 15 ao 26 de novembro de  2021

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS CO MAGO CHIRLETA

 

O alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria tivo a visita do Mago Chirleta para celebrar o DÍA DAS BIBLIOTECAS.

Gozaron dun espectáculo de máxia e contos onde os protagonistas foron os propios nenos e nenas. 

Que ben o pasaron!

PREME AQUÍ PARA VER MÁIS FOTOS DO DÍA

O Samaín no cole tamén sae na prensa

 

Deixámosvos aquí o recorte do periódico LA REGIÓN que se fai eco da nosa celebración do Samáin.

Preme na imaxe para vela máis grande

 

MENÚS MES DE NOVEMBRO 2021

PREME EN CADA IMAXE PARA VER O MENÚ CORRESPONDENTE

Prácticas de alumnado de grao no noso centro

 

Unha vez máis, o colexio colaborou coa Universidade de Vigo ofrecendo a posibilidade de que alumnado do Grao de Educación Infantil fixese prácticas neste centro.

 

Ariadna San Juan, Aida Souto e Laura Santana, alumnas de 2º curso, levaron a cabo unha sesión de psicomotricidade cos nenos e nenas de 5º de Infantil. Esta actividade englóbase como experiencia na materia de “Educación para a saúde” que están a cursar este ano.

 

Os nenos e nenas realizaron divertidos circuítos motrices e xogaron a imitar diferentes animais.

  

DÍA DA BIBLIOTECA CO CONTACONTOS CELSO FERNÁNDEZ SANMARTIN

 

O domingo 24 de outubro foi o DÍA DAS BIBLIOTECAS. Para conmemoralo, o venres 22, recibimos a visita de Celso Fernández Sanmartin, un coñecido poeta e artista de Lalín.

 

Celso é un contador de contos e historias de vida tradicional que adapta para dirixilas a distintos públicos.

 

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tivo a sorte de gozar da orixinalidade das súas historias, algunhas delas transmitidas pola súa avoa.

 

 

 

PREME AQUÍ PARA VER AS FOTOS NA NOSA GALERÍA

OS VOLCÁNS DE 4º DE PRIMARIA

O xoves día 10 de outubro os alumnos e alumnas de cuarto de primaria levaron a cabo a construción dun volcán.

Esta iniciativa ten como obxectivo conectar ao alumnado coa triste actualidade e satisfacer a súa curiosidade con todo o relacionado co volcán da Palma.

Este proxecto levouse a cabo no patio para aproveitar o bo tempo que nos vai acompañando.

 

 

Podedes ver que ben o pasaron premendo AQUÍ

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet