Curso 2022-23

OS RECREOS NA BIBLIOTECA

Aquí vos deixamos unhas imaxes que mostran o ben que o pasou o alumnado que visitou a biblioteca nos recreos desta semana. Lendo, xogando e programando un pequeno rato-robot.

 

RENOVAMOS A BIBLIOTECA

Comezamos o curso escolar coa BIBLIOTECA renovada. Reorganizamos os libros e os espazos.

Agardamos que este cambio guste ao noso alumnado. 

PREME SOBRE A IMAXE PARA VELA GRANDE

TRANSPORTE ESCOLAR 2022-23

Resumo da Instrución conxunta 9/2017 da Secretaría Xeral Técnica e da Dirección de Centros e Recursos Humanos, pola que se establecen recomendacións sobre a saída de alumnos escolarizados en centros educativos públicos ao remate do horario lectivo e sobre a recollida deles nas paradas establecidas no transporte escolar:

 

 1.- RECOMENDACIÓNS APLICABLES AO ALUMNADO DE ENSINANZA INFANTIL, DE EDUCACIÓN ESPECIAL, E DOS CATRO PRIMEIROS ANOS DE ENSINANZA PRIMARIA:

1.1- Recollida ao rematar as clases lectivas, actividades extraescolares e excursións ou visitas culturais.

- Os alumnos serán recollidos nas instalacións do centro polas persoas identificadas como os seus responsables no horario fixo habitual de remate da xornada escolar ou no fixado nas comunicacións correspondentes a eventos concretos (saídas, excursións...)

- As persoas responsables dos alumnos/as  poderán autorizar formal e expresamente a outro adulto ou a un irmán ou irmá que curse 5º ou 6º de primaria, educación secundaria, formación profesional ou bacharelato, a recoller ao pequenos, cubrindo unha ficha cos datos persoais da persoa autorizada e entregándoa no centro.

- No suposto de pais e nais separados ou divorciados, seguirase as determinacións previstas na sentencia xudicial, convenio regulador ou acordo provisional, que terán que presentar no centro. 

- Os alumnos permanecerán custodiados no centro o tempo que en cada caso se considere prudencial a partir do horario de recollida fixado. A estes efectos os responsables terán a obriga de comunicar ao centro calquera demora que poidan sufrir. Se transcurrido o tempo de demora non se presentan no centro, chamarase aos responsables dos pequenos e de non contactarse con eles, poderá determinarse a condución dos menores ás dependencias da Policía Municipal ou da Garda Civil.

- En todo caso, os escolares non poderán ausentarse do centro antes da hora prevista para as distintas saídas, agás que os seus responsables así o comuniquen de xeito motivado no centro, e recollan ao alumnado eles mesmos ou persoas autorizadas.

 1.2- Recollida nas paradas do transporte escolar. 

- Os alumnos deberán ser recollidos nas paradas polas  persoas responsables os cales comunicarán ao centro os seus teléfonos de contacto os cales serán achegados aos acompañantes do transporte.

- As persoas responsables dos alumnos poderán autorizar a outros adultos ou irmás ou irmáns dos alumnos do niveis educativos  mencionados para recollelos na parada correspondente. Para iso terán que entregar no centro as autorizacións onde consten os nomes, apelidos e  DNIs dos autorizados. O colexio fará chegar ditas autorizacións aos acompañantes do transporte. 

- Os autobuses esperarán nas paradas o tempo necesario para a recollida dos escolares, que, en todo caso, non excederá de 5 minutos, tras do cal, continuarán co seu itinerario habitual, levando consigo aos escolares non recollidos.

 - No suposto de alumnos non recollidos nas paradas correspondentes, os acompañantes do transporte chamarán aos teléfonos facilitados polas familias dos nenos para que acudan ás seguintes paradas da ruta ou ben recollan aos alumnos nas dependencias da empresa, onde permanecerán custodiados polos acompañantes ata a hora do peche, tras do cal, senón son recollidos, serán levados polos responsables do transporte ás dependencias da Policía Municipal ou da Garda Civil.

Modelo de autorización:

 - Autorización para a recollida dos alumnos/as  ao finalizar a xornada escolar no centro  ou  na parada correspondiente do transporte escolar

 

2.- RECOMENDACIÓNS APLICABLES AO ALUMNADO DE 5º E 6º DE ENSINANZA PRIMARIA, ENSINANZA SECUNDARIA, FORMACIÓN PROFESIONAL E BACHARELATO 

2.1- Recollida ao rematar as clases lectivas, actividades extraescolares e excursións ou visitas culturais.

- Os alumnos poderán saír no horario previsto sós do colexio, sempre que os seus pais, nais, titores legais, acolledores familiares  e proxenitores separados ou divorciados con garda e custodia ao seu favor, presenten ante a dirección do centro unha autorización expresa ao respecto, eximindo á Consellería de calquera responsabilidade por danos ou lesións indemnizables que poidan sufrir os escolares. 

- Igualmente estes alumnos poderán ser recollidos no colexio polas persoas responsables ou polas que estos autoricen (igual que no caso do alumnado de infantil e dos catro primeiros cursos de primaria).

2.2- Recollida na parada do transporte escolar.

- Os escolares poderán baixar sós nas paradas do transporte escolar establecidas, sempre que os seus responsables presenten no centro unha autorización expresa ao respecto, que eximirá á Consellería de calquera responsabilidade por danos ou lesións indemnizables que poidan sufrir os escolares. O colexio fará chegar ditas autorizacións ás empresas de transporte. 

- Igualmente poderán ser recollidos na parada do transporte escolar que lle corrresponda polos seus responsables ou polas persoas que estos autoricen (igual que no caso do alumnado de infantil e dos catro primeiros cursos de primaria). Sendo ditas autorizacións (cos datos das persoas autorizadas) achegadas aos acompañantes do transporte. 

Modelo de autorización:

- Autorización para que o alumnado de 5º e 6º de primaria poda saír só do centro ao finalizar a xornada escolar (ou as actividades extraescolares ou a volta de excursións e visitas culturais) ou que poda baixar só na parada do transporte escolar ao chegar a ela. 

PROGRAMA PROA+ 2022-2023

               

 

Este curso participamos no Contrato Programa Recupéra- T: PROA +, consiste na dotación dun docente da especialidade de pedagoxía terapéutica a xornada reducida ata finais de curso, esta acción vai dirixida ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

 Os obxectivos xerais que se pretenden con este programa son:

 1. Proporcionar unha atención máis individualizada ao alumnado con dificultades de aprendizaxe.

 2. Mellorar o rendemento académico do alumnado para intentar acadar os obxectivos e competencias clave do seu currículo.

 3. Potenciar no alumnado un hábito de estudo e traballa aumentando a súa motivación ao mesmo tempo que se favorece a mellora da autoestima e autoconcepto.

 4. Favorecer a relación coas familias en termos de cooperación e colaboración mellorando as perspectivas escolares do alumnado vulnerable con desvantaxes socio educativas.

 5. Garantir unha transición una condicións o máis óptimas posibles á etapa da ESO.

 

Powered by Drupal - Design by artinet