EDUCACIÓN DIXITAL: E-DIXGAL

O vindeiro curso escolar 2020-21, segundo a Resolución publicada o  15 de xuño da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, o noso centro pasará a formar parte do proxecto E-Dixgal (EDUCACIÓN DIXITAL). Este programa ten como obxectivo favorecer a incorporación xeneralizada das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) no desenvolvemento da actividade educativa, facilitando aos centros educativos a dispoñibilidade de libros dixitais e doutros materiais dixitais cos que poidan desenvolver o seu proxecto curricular. 

A actividade educativa diaria desenvolverase nun entorno virtual de aprendizaxe que vai permitir acceder a contidos dixitais gratuítos facilitados pola Consellería de Educación.

O vindeiro curso o proxecto implantarase no noso centro en 5º de educación primaria, polo que o alumnado deste curso non terá que adquirir libros impresos e non participará no reparto de libros do fondo solidario, xa que usarán soamente libros dixitais. Aos alumnos e alumnas proporcionaráselles un ordendador portátil na modalidade de cesión de uso, para uso persoal e educativo. 

Nos seguintes enlaces tedes máis información:

- E-Dixgal: Educación Dixital 

- Equipamento alumnado 

- Folleto informativo 

- Resolución definitiva de centros admitidos e excluídos para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2020-21

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet