AVISOS: FONDO SOLIDARIO E ENTREGA DE VALES

INFORMACIÓN SOBRE AS LISTAXES DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO:

- Publicación das listas provisionais:  o mércores, 30 de xuño, publicaranse as listas provisionais de admitidos no reparto dos libros de texto do FONDOSOLIDARIO para 3º e 4º de primaria. 

- Prazo de reclamación: o 1 e o 2 de xullo. 

- Publicación das listas definitivas:  o luns, 5 de xullo, publicarase a lista definitiva  coa asignación concreta dos libros que lle corresponden a cada neno/a. 

ENTREGA DE VALES:

- Entrega de vales de axuda para a adquisición de libros de texto para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria:  na semana do 5 ao 9 de xullo.

- Entrega de vales de axuda para a adquisición de material escolar para o alumnado de 1º, 2º, 3º,  4º, 5º e 6º de primaria: tamén na semana do 5 ao 9 de xullo. 

O horario de recollida será de 10:00 a 13:30 horas. 

Powered by Drupal - Design by artinet