ENCONTROS CO AUTOR DO ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA

O pasado 9 de marzo, o alumnado de 5º acudiu ao Salón nobre do Liceo de Ourense aos "Encontros co autor" organizados pola Concellería de Educación do Concello de Ourense dentro do seu programa de animación á lectura.

Grazas a este programa da Concellería, cada alumno/a de 5º recibiu, de balde, un exemplar do libro "A Gruta da Torre" do escritor lucense Lois Pérez antes do Nadal, e este día, xunto con outros centros educativos da cidade de Ourense, tivemos unha charla - coloquio co autor na que o alumnado plantexou moitas dúbidas, inquedanzas, curiosidades, etc. acerca do libro.

Damos as grazas á Concellería de Educación do Concello de Ourense pola actividade que, realmente foi moi positiva e interesante para o alumnado; que incluso agasallou ao autor do libro con debuxos relacionados co libro e por suposto queremos agradecer a Lois Pérez a súa cercanía e ao seu bo facer á hora de interactuar e "enganchar" ao alumnado.

 

Powered by Drupal - Design by artinet