UN COMEDOR 4S A educación para a saúde na escola é un reto que se está convertendo nun dos obxectivos de moitos centros escolares dende a última década do século XX. A alimentación humana é un dos asuntos de maior relevancia e actualidade, tanto dende o punto de vista educativo, como dende unha perspectiva social, por iso require unha atención especial por parte dos profesionais dos diferentes niveis educativos. O comedor escolar forma parte do contexto educativo, polo que a través del deben de poñerse marcha estratexias para estimular aos nenos cara a adquisición dunha alimentación correcta e duns hábitos e valores adecuados. O comedor escolar é un recurso moi interesante para promover bos hábitos cara un mesmo e cara os demais. Os principais obxectivos que pretendemos acadar mediante unha intervención educativa no comedor están relacionados coas catro palabras clave que lle dan nome propio ao noso comedor : un comedor 4S: - SAUDABLE: Ao proporcionarlle aos usuarios unha comida de calidade , garantindo unha dieta equilibrada e variada. - SOLIDARIO: Capaz de promover nos cativos actitudes positivas cara eles mesmos, aprendendo a coidar da súa saúde; e cara os demais fomentando a cooperación, a responsabilidade e a solidariedade. - SILENCIOSO: Favorecedor de comportamentos adecuados de convivencia. - SORRINTE: Creando un espazo de convivencia agradable e cómodo, no que todos nos sintamos a gusto. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE NO NOSO COMEDOR No noso comedor atendemos ás características do alumnado: idade, historia persoal, diversidade cultural, capacidade de inxestión, ritmos, etc, intentando darlle a resposta adecuada a cada situación.
AVALIACIÓN
|