HÁBITOS SAUDABLES: COIDAMOS O NOSO CORAZÓN

O 22 de xaneiro unha nova sobre o centro volveu a aparecer no xornal LA REGIÓN, concretamente na súa sección XORNAL ESCOLAR. Un equipo da canle de televisión local TELEMIÑO achegouse ao colexio para observar as actividades que realizan os máis pequenos dentro do programa SI (SAÚDE iNTEGRAL) que, como xa sabedes, levamos a cabo dende a súa posta en marcha polo Concello de Ourense en colaboración coa fundación SHE do doctor Valentín Fuster.

Cada semana os nenos e nenas realizan actividades sobre hábitos saudables, centrados sobre todo no coidado da saúde cardiovascular, e que se basa en tres principios: alimentación saudable, exercico físico e control das emocións.  

Os nenos e nenas pasárono estupendamente mentres os filmaban realizando as actividades, tamén respostaron ás preguntas que lles fixeron e cos seus comentarios explicaron como debemos coidar o noso corazón. 

 

Moitas das actividades que realizan os máis pequenos fanse en colaboración coas súas familias. Aproveitamos para dar as grazas a todas as familias que colaboran e se implican nesta e noutras tarefas, a colaboración entre casa e colexio xa saben que é fundamental.  

Nuns recunchos do colexio temos a exposición sobre almorzos e merendas saudables que realizaron os pequenos nas súas casas. Na seguinte presentación podedes velas e tamén momentos da gravación do programa XORNAL ESCOLAR. 

Tamén podedes ver o vídeo do programa que se emitiu na canle de televisión local TELEMIÑO:

 

Powered by Drupal - Design by artinet